Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

Despoxo de terras / Mumia Abu-Jamal

02/04/2014
By

 

Despoxo de terras

Coa anexión de Crimea á Federación Rusa, os políticos de Estados Unidos arman un escándalo que implica un repudio á historia do seu propio país.

Coa anexión de Crimea á Federación Rusa, os políticos de Estados Unidos volvéronse tolos, armando un escándalo sobre o asunto e comparándoo á toma de Polonia por parte de Hitler. Gruñen sobre as violacións do dereito internacional e a apropiación de terras.

Os estadounidenses e europeos, citando ameazas de desestabilización rexional, anuncian a imposición de sancións a Rusia case de inmediato, pero que os estadounidenses se alboroten sobre unha apropiación de terra implica un repudio á historia do seu propio país.

¿Como se fundou Estados Unidos a non ser polo despoxo de vastas extensións de terras dos chamados indios, e despois, dos mexicanos?

¿Foi ilegal? Sip.

¿Foi unha violación do dereito internacional? Sip.

Os tratados son pactos entre nacións e Estados Unidos ten violado tantos tratados coas nacións orixinarias que da vergoña nomealos.

E ¿lembran Texas? Era parte de México ata que se rebelaron os colonos. Durante case dez anos foi un país independente ata 1845, cando Estados Unidos anexionouno, Nevada, Novo México, Arizona, Utah, Colorado, California. Todo este territorio era parte de México, ata Estados Unidos empezou unha guerra para xustifica-lo despoxo de terras. Para 1848, a guerra terminara e máis dun millón de quilómetros cadrados volvéronse parte dos Estados Unidos.

Non son experto sobre Crimea, tampouco sobre Rusia, pero sei que o territorio foi anexionado polo imperio ruso en 1783 e que xa era parte de Rusia ata 1991, cando foi cedido a Ucraina. Visto desde esa perspectiva, Rusia ten un reclamo máis acertado a Crimea que Estados Unidos tiña ó noroeste de México.

¿Estados Unidos debe devolve-las terras que roubou de México? ¿E despois devolve-los millóns de quilómetros cadrados que tomaron á forza das nacións indíxenas en estafas que violaron tratados internacionais? A idea semella un pouco absurda ¿verdade?

Pero en 1999, o noso veciño do norte, Canadá, devolveu unha inmensa área de humidais ós descendentes do pobo orixinario, os Inuit. A rexión de Nunavut é máis ou menos do tamaño da rexión involucrada na transacción coñecida coma a “merca de Luisiana”, cando Francia vendeu un vasto territorio a Estados Unidos, duplicando o tamaño do país da noite á mañá.

A idea é unha loucura en Estados Unidos. ¡Devolver terras?! Pero en Canadá é historia.

Desde a nación no cárcere, son Mumia Abu-Jamal.

Fonte: http://www.lahaine.org/index.php?blog=3&p=76447


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!