Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

Discrepancias en Galiza ante a negociación do Tratado de Libre Comercio

09/04/2015
By

Discrepancias en Galiza ante a negociación do Tratado de Libre Comercio

3195ea43d5e81ba0ebab756e1b74f615c481d3f8Os partidos políticos do Parlamento de Galiza evidenciaron hoxe discrepancias, aínda que tamén algunha coincidencia, perante as negociacións entre a UE e Estados Unidos para acadar un acordo de libre comercio (TTIP, en inglés).

Fonte: EFE/ Parlamento de Galicia

A proposición do deputado do BNG Francisco Jorquera contraria a ese tipo de acordo por consideralo lesivo para os intereses de Galiza e ó ver “escurantistas” as súas negociacións, suscitou o apoio de AGE e parcialmente do PSdeG e do PPdeG, todo iso na reunión da comisión terceira do Parlamento autonómico.

Os catro partidos adoptaron por unanimidade parte do texto presentado no sentido de instar á Xunta a “solicitarlle ó Ministerio de Administracións Públicas o seu apoio a tódalas iniciativas dirixidas a manter-lo carácter público dos chamados servizos socialmente útiles”.

Sen embargo, PPdeG e PSdeG rexeitaron a intención do BNG e de AGE de aprobar unha proposta para que o Parlamente de Galiza declarara “a súa oposición ó TTIP, por compromete-lo futuro dos servizos públicos”.

Representantes populares e socialistas alegaron que o tratado pode conlevar beneficios para a economía e o comercio de Galiza.

Nese sentido, o deputado do PPdeG Gonzalo Trenor afirmou na súa intervención que ese acordo pode abrir un “grande espazo” comercial entre Europa e América que, segundo cálculos de expertos, impulsará o crecemento económico e estimulará o emprego.

Engadiu que ese proxecto “ambicioso” favorecerá a Galiza, que nos últimos dous anos rexistrou un “máximo histórico de exportacións” e que a Xunta pretende incrementar aínda máis para fomentar que a venda exterior acade o 40% do produto interior bruto e o 25% do volume total.

Trenor asegurou que Europa e Estado Unidos “comparten un núcleo esencial de valores democráticos” e afirmou que o seu partido prevé unha proposición non de lei pedindo maior información sobre as negociacións.

O deputado do PSdeG Abel Losada destacou que “non se pode negociar á baixa en termos de condicións económicas, sociais e laborais” e abogou porque o Goberno español faga “un estudo sobre o impacto que terá” para o país o TTIP.

Engadiu que o seu partido considera que hai unha “liña vermella” que non se pode traspasar.

Sen embargo, considerou preciso un acordo que favoreza o comercio transatlántico nun momento no que hai un incremento do “movemento de mercadorías cara a zona do Pacífico” que corre o risco de deixar a Europa “nunha posición máis periférica”.

Losada abogou por “incrementa-los fluxos comerciais entre o continente americano e europeo”; estimou que “os cidadáns teñen dereito a saber como vai afecta-la súa vida” pero asegurou tamén que as negociacións requiren “preserva-la discreción”.

Jorquera, autor da proposición non de lei, discrepou da postura do PSdeG e o PPdeG e considerou que os informes acerca dos beneficios para a economía de tales acordos xa foron evocados na adopción doutros tratados e que logo resultaron non cumprirse.

Por iso, vaticinou que pode resultar prexudicial para sectores como a agricultura, para as condicións laborais dos europeos ou en termos da rebaixa de dereitos laborais e de condicións de seguridade para os consumidores.

Para o representante do BNG, o tratado suporá “a ruína para miles de pequenas e medianas empresas” galegas.

Tamén a deputada de AGE Iolanda Díaz insistiu nos prexuizos que pode levar este acordo para Galiza e o conxunto de Europa xa que entendeu que conlevará que “o peixe gordo coma o pequeno”.

Ademais, Díaz opinou que a falta de transparencia nas negociacións, que poderían prolongarse ata 2019 ou aínda máis tempo, suporían afondar aínda máis na percepción pouco democrática que a cidadanía ten da Unión Europea.

Para a representante de AGE, o tratado ten pretensións de converterse nun “goberno das multinacionais” e se asemella ó falido intento de establecer na década de 1990 o denominado Acordo Multilateral sobre Inversións (AMI), co mesmo obxectivo.

Fonte: http://noalttip.blogspot.com.es/2015/04/discrepancias-en-galicia-ante-la.html


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!