Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Dossier de prensa - ECOAR))) | ECOAR)))
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

Dossier de prensa

30/09/2013
By

PENSA-ORGANÍZATE-ACTÚA

QUE É ECOAR

ECOAR, Espazo de Contradiscurso, Coordinación e Construción de Alternativas e Resposta Social, constitúese como plataforma cidadá  onde conflúen diferentes persoas e colectivos de Vigo e a comarca, formada por axentes pertencentes a diferentes movementos sociais cun perfil diverso no que o punto común é una concepción crítica, cualitativa, non endogámica, flexible e comprometida do activismo social.

 

MISIÓN

ECOAR nace como un espazo cidadán no que poder diagnosticar a realidade dende a pluralidade, definindo e propoñendo alternativas, ao tempo que se promove a mobilización da cidadanía impulsando accións e iniciativas concretas que loiten polos dereitos humanos, a dignidade dos/as traballadores/as, o consumo responsable, a ecoloxía, o multiculturalismo ou a igualdade de xénero, entre outras categorías.

 

VISIÓN

Traballar a prol dun sistema social xusto dende a cidadanía e dende Vigo.

 

OBXECTIVOS

– Creación de discurso e contradiscurso.

– Iniciación, apoio e defensa de proxectos, plataformas e colectivos de dinamización e crítica social.

– Dinamización do entorno través de accións e iniciativa participativo-reflexivas e críticas.

– Seguimento e creación de iniciativas e redes que repercutan nas diferentes mobilizacións e impulsos sociais locais, nacionais e internacionais.

– Potenciación e defensa das minorías.

 

VALORES

1. Estado social el laico

Porque entendemos que os dereitos, servizos e recursos da comunidade son inherentes á mesma.

 

2. Defensa do público

Porque entendemos que só así se garante o igual acceso aos bens, servizos e recursos.

3. Consumo responsable

Porque o actual nivel de explotación é insostible para o planeta.

 

4. Ecoloxismo

Porque consideramos necesario o desenvolvemento dun ecoloxismo combativo coas raíces do problema.

 

5. Antiglobalización

Porque a globalización significa que as empresas teñen máis dereitos que as persoas e máis soberanía que os estados.

 

6. Anticapitalismo

Porque acrise actual é resultado da propia dinámica de funcionamento do sistema capitalista que prima as necesidades das elites.

 

7. Multiculturalismo

Porque a presión exercida pola globalización xera un sistema que orbita sobre o modelo de sociedade occidental.

 

9. Horizontalización da sociedade

Porque cada un/ha de nós sabe que é o que quere, para si mesmx e para todxs.

 

10. Defensa dos DDHH (PC-DESC)

Porque entendemos que calquera intento de alteración das condicións inherentes dun ser en contra da súa vontade, implica a aplicación de violencia sobre o mesmo.

 

11. A-sindicalismo

Porque ECOAR permanecerá afastada e procurará denunciar a aquelas correntes do sindicalismo que se manifesten xerárquicas, retrógradas e contrapostas aos nosos principios ideolóxicos.

 

12. A-partidismo

Porque sabemos que os partidos políticos tenden instrumentalizar calquera aspecto da vida pública como medio para alcanzar e perpetuarse no poder.

 

13. A-confesionalismo

Porque as confesións relixiosas constrinxen as inquedanzas persoais en xeral e negan a autonomía ao colectivo.

 

 MANIFESTO

Os gobernos reveláronse como instrumentos do que chaman “os mercados”, que en realidade son grandes empresas transnacionais e financeiras con nome e apelidos.

 

Denunciamos e rexeitamos o engano que fan sobre a cidadanía, presentando como única saída posible da crise os recortes sociais, a través da perda de dereitos e liberdades. Persoas e colectivos ao longo de todo o mundo demostran que hai alternativas para saír da crise e que outros camiños son posibles e necesarios.

 

As mobilizacións que se estenderon por todo o planeta a partires da primavera do 2011, foron un revulsivo social ante a situación imposta; un movemento esperanzador que non debemos esquecer nin deixar desaparecer.

 

Subliñamos, non só as ameazas sobre as nosas economías, senón sobre a “democracia” mesma: menos do 1% decide sobre o presente e futuro do outro 99%.

 

Como espazo cidadá, os nosos obxectivos fundamentais son, diagnosticar a realidade dende a pluralidade, definindo e propoñendo alternativas; mobilizar e impulsar accións e iniciativas concretas que loiten polos dereitos humanos, a dignidade dos/as traballadores/as, o consumo responsable, a ecoloxía, o multiculturalismo, a igualdade de xénero,… Camiñando cara un sistema social xusto.

 

Chamamos a converxer a persoas e colectivos sociais para poñer en marcha unha resposta unitaria e solidaria á crise capitalista.

 

 

DEMOCRACIA FRONTE “OS MERCADOS”

MOBILIZAR + CONVERXER + CONSTRUÍR

PENSA – ACTÚA – ORGANÍZATE

 

 

Máis información na nosa sala de prensa en

/ecoarglobal.org/

comunicación.ecoar@gmail.com

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!