A túa contorna móvese! Aquí poderás atopar as accións, charlas, actos, mobilizacións e demais iniciativas que fan os colectivos que constrúen ao redor da Ría de Vigo (agrupacións, plataformas, asociacións, ONG,…)
*I Xornada NOSO AMBIENTE para veciñanza no Val Miñor, dinamizada por Proxecto Montenoso e coa proxección do Tesouro de Corcoesto. Documental
Data: *Venres 13 de 18:00 a 23:00 horas no Auditorio (Salón de Usos Múltiples) de Nigrán.*
Co-organizan: Cooperativa Galiza Imaxinaria , C.M.V.M.C.Camos, C.M.V.M.C. Montes de Couso , Proxecto Montenoso, Laboratorio do Común Casa Colorida, Alg-a Lab , e Truequelandia.
Estas xornadas están orientadas a toda a veciñanza do #ValMiñor e arredores da comarca que estén preocupadas polo medioambiente e a súa sustentabilidade.
O fío conductor da xornada son as Comunidades de Montes, por seren as institucións que máis directamente xestionan e coidan os nosos montes, mais sobre todo estas xornadas son para que a cidadanía en xeral, se achegue ao coñecemento, disfrute, autorresponsabilidade, debate e pensamento colectivo sobre este Ben Común.
*18:00h: Breve presentación do Proxecto Montenoso e dinámica coletiva entre Comunidades de Montes*.
A Xornada comeza coa presentación do Proxecto Montenoso onde as persoas asistentes, e principalmente as pertencentes ás comunidades de montes que se acheguen a este evento, poderán participar nunha dinámica colectiva e roda de recoñecemento do propio modelo de organización en man común, a través dunha dinamización que nos facilitará Fran Quiroga , unha das persoas que coordinan este proxecto que visibiliza e dinamiza os montes veciñais e as comunidades que os xestionan, traballando pola (re)apropiación destes montes por parte dxs veciñxs que os habitan.
*19:30h: **Pausa/Café *
*20:00h: Proxeción Documental “Tesouro de Corcoesto”.*
Os promotores deste documental comenzaron facelo cando souberon dos plans de facer unha mina de ouro a ceo aberto con tratamento de cianuro en plena Costa da Morte, unha das técnicas mineiras máis agresivas das practicadas no mundo.
*Unha estratexia empresarial opaca, unha política entreguista, unha poboación deprimida económicamente e polarizada en torno a un si ou non á mina, a alarma ecoloxista e un activismo cidadán urxente e efectivo que conseguíu o que non se prevía: parar a mina. Todo isto inspirou a realización de Tesouro de
Corcoesto.*O documental pretende ser unha ferramenta para a reflexión e o debate perante un modelo de desenvolvemento que víu propoñer o actual goberno da Xunta de Galicia. Un modelo que ten o lema “Galicia é unha mina”, e do cal Corcoesto sería o primeiro e máis senlleiro exemplo.
*Tesouro de Corcoesto é unha longametraxe documental de produción independente, respaldado polo micromecenado de 180 persoas e asociacións.
*21:30H: Pausa/Café *
*22:00h: Debate dos/as asistentes á xornada xunto con Cora Peña, autora de “Tesouro de Corcoesto”.*
Acompañarán nos intermedios desta xornada o*Trio Folk do Val Miñor *formado por Jose casal (Flauta), Samuel Soto (Bouzouki) e Louis Vásquez Vargas (Flauta).
*Nota: *Ao longo desta xornada, o equipo de documentaciònde Galiza Imaxinaria, fará unha *relatoría dos debates, reflexións e propostas sobre monte, medioambiente e sustentabilidade*, que logo publicará en aberto na prensa e nas redes sociais, enviará por mail a quen deixe o contacto e tratará o máis posible de facer chegar o resultado este esforzo de intelixencia colectiva deste venres ás administracións públicas da Comunidade de Galiza.
Vémonos no NOSO AMBIENTE!!!!!!!!!!!!
Saúde!!
O próximo venres 13 ás 20:00, na Quinta da Carmiña, temos o gusto de acoller:
O SEXO DOS HORRORES
É un espectáculo performativo, de crítica do xenero que procura transcender os estereotipo do heteronormativismo xogando, provocando…facendo da destrución do xenero unha luita en positivo, lonxe de victimismos e das ataduras dun sistema binarista.
Ademais, son unha “compañía ” inusual, lumpens organizadxs, unha organización horizontal e dinámica, que pretende facer do teatro e a performance, mais que un xeito de libre expresión, un xeito de luita con nos mesmxs e a nosa cotidianidade.
Esperemos que vos “horrorice” e vos trastorne tanto como a nos! !
ALI VOS ESPERAMOS! !
Difundide en apoio ao noso compañeiro da ODS-Coia!
Tras as mentiras dos axentes da policía local, que están a empregar a presunción de veracidade que se lles supón en contra da veciñanza, este mércores o noso compañeiro Diego acode aos xulgados para explicar o acontecido o 15/12 na rotonda de Coia.
Non estará só xa que a Asemblea Aberta de Coia convoca unha CONCENTRACIÓN diante do edificio novo dos xulgados baixo o lema:Solidariedade coa loita polos dereitos sociais, solidariedade con Diego! Será este mércores 18 de marzo a partires das 9:30.
Condenaron a Xurxo con mentiras, e agora queren facer o mesmo con Diego. A violencia, o medo e as súas mentiras non conseguirán acalar unha protesta chea de razóns: non se poden tirar os cartos nunha rotonda, cando unha maioría sofre gravísimos problemas para cubrir as necesidades básicas.
Axentes da policía local acusan a este traballador social dun delito de atentado por unha agresión inexistente. Non sabemos que move a estes axentes a manter unha versión que nada ten que ver co acontecido nesa data, pero non estamos dispostas a soportar esta vulneración de dereitos que castiga e reprime ás que defenden os dereitos da comunidade fronte aos intereses dunha minoría.
O goberno de Caballero non ten razóns para defender esta obra “faraónica” e pensa que pola forza poderá impor a desfeita que supón chantar un barco na rotonda dun dos barrios máis castigados polo empobrecemento.
Xuntas volveremos a berrar: Xustiza social. Nin cartos na rotonda nin estado policial!
Saúde!!
Despois de unha finde de ensoño, para este venres facemos unha proposta moi interesante e algo máis tranquila. Para esta palestra contaremos coa presenza de Xoán Doldán profesor da Universidade de Santiago de Compostela e membro de Véspera de Nada e Nela Abella, de Verde Gaia e da Plataforma de Corcoesto, ambos integrados en ContraMINAcción.
Vémonos na Quinta a partir das 20:00h.
Na Quinta non podemos deixarvos sen xantar un sábado jeje así que CONVOCÁMOSVOS A UN XANTAR SOLIDARIO PARA O SÁBADO 21 ÁS 14:30H, o recadado irá para cubrir os gastos médicos dun compañeiro da Quinta. Coma sempre o XANTAR É DE BALDE, cada unha que aporte o que poida, a vontade.
Despois do xantar haberá asemblea aberta de horta
Vémonos na Quinta!!
Activista, escritora, científica sociopolítica e presidenta da Xunta do Transnational Institute (TNI)
Entre os seus títulos académicos encóntranse os de doutora en Ciencias Políticas (École des Hautes Études en Sciences Sociales, Université de Paris), licenciada en Francés (B.A.Smith College, EE.UU.) e Filosofía (Sorbonne, París), etc. O seu traballo actual vai encamiñado cara a loita contra o modelo actual da globalización, organización do comercio mundial, as institucións financeiras internacionais e as relacións norte-sur.
A partir de 1990-95 desempeñou servizos no comité de Greenpeace Internacional así como a de Greenpeace Francia. É un membro do grupo de Lisboa, patrona do xubileo 2000 e actuou como consultora de varias axencias especializadas de Nacións Unidas (FAO, UNESCO, Unicef etc.). Susan George é una portavoz pública habitual, determinante para os sindicatos e as organizacións non gubernamentais en moitos países e se entrevista a miudo coa prensa, a radio e a televisión.
ENTRADA LIBRE, ATÉ COMPLETAR AFORAMENTO.
http://www.tni.org/es/
Páxina das Xornadas: http://
Grazas por colaborar!!: http://goteo.org/project/
Organiza: /ecoarglobal.org/
A videoconferencia estará aberta ao público en 3 locais de 3 cidades galegas, ademáis das conexións cos conferenciantes:
– Vigo: Café De Catro A Catro, Rúa Gerona, 3.
– Santiago de Compostela: Biblioteca Pública Ánxel Casal, Av. de Xoán XXIII, s/n.
– A Coruña: Salón de Graos da Facultade de Socioloxía.
Florent Marcellesi
É un político e activista ecoloxista francés asentado en España. Foi coportavoz da Coordinadora Verde de 2009 a 2011 e membro da Comisión Promotora e a Comisión Xestora de Equo de 2011 a 2012.
É enxeñeiro de camiños, canais e portos pola Universidade de Lyón; é urbanista polo Instituto de Ciencias Políticas de París; e ten una especialización en cooperación internacional pola Universidade do País Vasco.
https://
Tom Kucharz
Periodista e investigador social. Vive en Madrid. Estudios de Magíster Artium en Filosofía,Socioloxía e Ciencias Políticas na Universidade Técnica de Dresden, Alemania.
Militante de Ecoloxistas en Acción: membro da Secretaría Confederal e coordinador da área de Agroecoloxía e Soberanía Alimentaria. Participa activamente no movemento antiglobalización e anti-guerra, concretamente na campaña Quén debe a quén?, campaña pola abolición da Deuda Externa e a restitución da Deuda Ecolóxica, a Plataforma Rural e a campaña “Contra a Europa do Capital e a Guerra, e as suas Crisis. Pola solidaridade entre os pobos”
https://www.youtube.com/
ENTRADA LIBRE, ATÉ COMPLETAR AFORAMENTO.
Páxina das Xornadas: http://
Grazas por colaborar!!: http://goteo.org/project/
Organiza: /ecoarglobal.org/
XORNADAS
“RECUPERAR SOBERANÍA, DESARMAR O TTIP”
O vindeiro sábado 4 de abril continúan as xornadas contra o TTIP organizadas por ECOAR))) en Galicia.
O 4 de abril ás 20:00h no Salón de Actos do Instituto Santa Irene (Praza de América, 7) en Vigo terá lugar a paletra de Albano Dante Fachín: “O TTIP: o plan do 1% para acabar -dunha vez por todas- coa democracia”.
Albano Dante Fachín.
Activista e editor de Café amb Llet.
Cafè amb llet (en galego café con leite) é unha revista mensual gratuíta creada no ano 2004 inicialmente para dar información local na zona da provincia de Xirona, incluíndo as comarcas de “La Selva” e o “Alt Maresme.”
No 2011 a revista inicia unha investigación sobre o funcionamento da sanidade pública catalana que ten unha enorme repercusión máis alá da súa área natural e o seu traballo coñecese en toda Cataluña a través de unha serie de vídeos publicados en Youtube.
A partir de entón a liña editorial da revista comeza a abarcar temas que van máis alá do local e –en 2014– a edición pasa a ser de ámbito catalá, repartíndose gratuitamente os seus 145.000 exemplares, que a converten na publicación con máis exemplares en Cataluña.
Esta actividade enmárcase dentro da nosa IV Acción Internacional 2015: O NOSO CORPO, O NOSO TERRITORIO, que en Europa terá como manifestación máis destacada o percorrido realizado pola Caravana Feminista, que saiu o 8 de marzo do Kurdistán e chegará a Galiza a fins de setembro – comezos de outubro para rematar a súa andadura o 17 de outubro en Portugal.
NON AO TTIP!!!
“As Persoas e o Planeta antes que o Capital!”
Nós, organizacións da sociedade civil, sindicalistas, campesiñas e campesiños, xuventude, homes e mulleres activistas de movementos de todas partes do mundo, chamamos a un Día de acción global a realizarse o 18 de abril do 2015 co fin de parar os acordos de libre comercio e investimentos e promover unha economía que funcione para as persoas, e o medio ambiente.
Ao longo das últimas décadas, as empresas transnacionais e os gobernos impulsaron tratados de libre comercio e de investimentos ás costas da cidadanía, vulnerando os nosos dereitos e os do medio ambiente.
Ao longo das últimas décadas, loitamos pola soberanía alimentaria, polos nosos bens comúns, pola defensa dos nosos empregos, os nosos territorios, as liberdades en internet, mentres esixiamos democracia. No camiño, crecemos como movemento, logramos que escoiten as nosas voces e logramos moitas vitorias.
Entre todas podemos parar os acordos que se están negociado e traballar para revertir os impactos nocivos dos tratados pasados. Xuntas impulsamos as nosas alternativas que se fundamentan na primacía dos dereitos humanos por encima dos privilexios e beneficios das grandes empresas.
https://www.facebook.com/
https://www.globaltradeday.