Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

Febreiro: As pensións

30/04/2014
By

Que son as pensións? Qué é a Seguridade Social?

Un mecanismo mediante o cal o Estado protexe a quenes, de forma solidaria mediante o sistema de servizos públicos, a aqueles que, debido á deigualdade no reparto da riqueza, de outra maneira verían mermados os seus ingresos de forma significativa ou incluso excluídos do sistema. A seguridade social nos protexe da enfermidade, dos accidentes no traballo, protexe a maternidade, a invalidez, a vellez e o desemprego.

Onde nace a seguridade social?

O sistema de protección universal nace como froito da loita do movemento obreiro, ao reclamar os dereitos sociais e laborais como parte integral do concepto de cidadanía e, polo tanto, cubertos mediante a responsabilidade do estado. No Estado español, aparece o que poderíamos chamar primeiro antecedente da seguridade social en 1900, coa Ley de Accidentes de Traballo. En 1919 aparece o xerme das pensións: o Retiro Obreiro; en 1923 o Seguro Obrigatorio de Maternidade; en 1931 o Seguro de Paro Forzoso. Durante o franquismo tamén houbo intentos de ampliar esta cobertura (Seguro obrigatorio de vellez e invalides, por exemplo), pero nunca se chegou a un modelo universal e estaba financiado a partir do aforro obrigatorio dos traballadores, e non polos impostos, é decir, non era un sistema solidario. Os sistemas de seguridade social de aforro obrigatorio eran propios de estados cun movemento obreiro feble, mentres que aqueles estados nos que a presión dende os traballadores era máis forte, se acadaron os sistemas universais, onde os impostos, e non as cotizacións, financiaban o sistema da seguridade social.

Por que se ataca ás pensións?

O ataque aberto ás pensións comeza nos anos oitenta, como unha fronte máis da fraude intelectual na ofensiva neoliberal que sufrimos. O obxectivo é moi sinxelo: que o aforro que supoñen as pensións pase a ser controlado por bancos e aseguradoras, coa fin de sacarlle partido, isto é, beneficios. Engordar, en definitiva, as carteiras dos seus altos executivos e accionistas. Para levar ao cabo este ataque, preséntanse como verdadeiros argumentos baseados en cálculos falseados. Naturalmente, só poderían dispoñer de pensións aqueles con capacidade para aforrar. O resto, abandonado á súa sorte. Un paso máis no darwinismo social ao que derivamos cada vez a maior velocidade.

A crise das pensións trátase, polo tanto, dunha construción ideolóxica cunha fin moi concreta (e material) e que teñen como fitos na nosa historia recente tanto o demoledor e irreal informe do Banco Mundial de 1994 na esfera internacional ou os tan “louvados” Pactos de Toledo, nas súas diferentes versións, que foron marcando as liñas de descomposición do sistema de pensións.

Para rematar, as reformas de 2011 e 2013. No ano 2011 o goberno do PSOE decidiu, en pos da sostenibilidade do sistema, incrementar o periodo de cotización, a idade de xubilación, revisar as pensións de enviuvamento e poñer data para o cálculo do factor de sostenibilidade: 2027. Esta reforma, presentada como definitiva, durou dous anos. Aproveitando o shock da crise de 2008, o goberno do PP, que como o PSOE seguía as directrices dunha UE máis interesada nos balances das súas grandes financeiras que no futuro (e presente) dos europeos, decidiu que o factor de sostenibilidade tiña que aplicarse xa, en 2014. Ademais, desvinculou o incremento das pensións ao IPC e inventouse un extravagante sistema para poder reducir as pensións futuras (factor de equidade interxeneracional) que nos leva a reducir as pensións si a nosa esperanza de vida é maior que a xeración anterior. Como dato de interese, a comisión de expertos estaba formada por 12 persoas, 9 das cales pertencían a bancos e aseguradoras.

A realidade é que, polo tanto, a crise das pensións non existe. Non hai razón algunha para que as pensións teñan que sosterse a partir das cotizacións dos traballadores (podería facerse na súa totalidade a partir de impostos). Ademais, aínda que é certo que a esperanza de vida incrementouse en máis de catro anos desde 1980, o certo é que o que debería de servirnos como medio para calcular a contía da pensión non é a esperanza de vida, senón a lonxevidade, que apenas aumentou en dous anos. A esperanza de vida aumenta, sobre todo, pola disminución da mortalidade infantil, que en nada afecta ás pensións. Ademais, a lonxevidade non é a mesma en todos habitantes dun estado: a clase acomodada vive, de media, 10 anos máis que un obreiro non cualificado. As clases populares, cunha lonxevidade (e tamén unha esperanza de vida) inferir á clase alta, é ademais a prexudicada cunha reforma das pensións, pois carece da mesma (ou ata dalgunha)/dalgunha) capacidade de aforro.

Ademais, é gasto en pensións no Estado español é máis reducido que noutros da nosa contorna: segundo o Eurostat, o noso gasto en pensións en 2010 era do 12%; en Austria, do 15%.

Ademais, non é certo que por contar con menos traballadores por pensionista o sistema se encamiña á destrución: o que importa non é o número de traballadores, senón a riqueza que producen. Deste xeito, se tomamos os datos do Banco España que adiantan un incremento de produtividade do 1,5%, en 2060 o PIB será máis do dobre que o actual. Pois ben, no 2060, cun PIB de 200 sobre os 100 de 2014, teremos o dobre de recursos para financiar as pensións, aínda que a porcentaxe se incremente.

Que podemos facer?

Entender que as pensións son un sistema de solidariedade social e, tamén, un sistema de redistribución da riqueza; son froito da loita de xeracións e, en consecuencia, debemos loitar non só polo seu mantemento, senón por levalas cara á universalidade absoluta


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!