Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

Galicia lidera a lista Forbes española por patrimonio con seis dos 100 máis ricos

03/11/2014
By

Galicia lidera a lista Forbes española por patrimonio con seis dos 100 máis ricos

As grandes fortunas da comunidade suman 56.450 millóns, máis que Madrid e Cataluña. Amancio Ortega baixa ó cuarto posto dos máis ricos do mundo

galicia-lidera

Amancio Ortega

A prestixiosa revista Forbes presentará mañá a súa lista dos 100 españois máis ricos na que Galicia se sitúa como a comunidade que máis patrimonio destas grandes fortunas concentra, 56.450 millóns de euros, a suma do que posúen os seis galegos que se colan na lista dos máis adiñeirados do país. A cifra supera o concentrado en Madrid, que con 28 ricos suma 38.500 millóns de euros, ou Cataluña -25.675 distribuído entre as súas 24 grandes fortunas- sobre todo polo patrimonio atribuído a Amancio Ortega, o home máis rico de España. A súa fortuna ascende, segundo Forbes, a cerca de 48.000 millóns de euros, o 85% do que se calcula que teñen os seis máis ricos de Galicia.

A falta de que a lista definitiva desvele os nomes e confirme unha vez máis a Ortega como o máis acaudalado, é seguro que entre esas seis fortunas figurará a primoxénita de Ortega e a súa exmuller e cofundadora do imperio Inditex Rosalía Mera, falecida hai algo máis dun ano. Sandra Ortega ten actualmente un patrimonio duns 4.479 millóns de euros, segundo Forbes, e xunto co do seu pai concentran o 93% do atribuído pola lista española ós seis galegos máis ricos.

Pero ¿quen son os outros catro? É previsible que a lista incorpore a Manuel Jove, que Forbes sitúa no posto 731 do mundo e no décimo de España. Os outros tres nomes desvelaranse mañá aínda que algunhas publicacións xa fixeron as súas propias listas dos 100 españois máis ricos a partir das inversións en Bolsa e en Sicav e situaron entre os máis adiñeirados ó expresidente de Sacyr, José Manuel Loureda, natural de Betanzos; o que fora propietario de Azkar, Luis Fernández Somoza; a Modesto Rodríguez Blanco, presidente de Fincas do Noroeste e socio de Manuel Jove en Fadesa e Invest Cos e incluso ó propietario de Conservas Illas Cíes Manuel Rico ou a Jacinto Rey (Construcións San José).

As comunidades que máis destacan na lista dos 100 españois más ricos son Madrid e Cataluña, que concentran nos seus territorios a 52 dos 100 integrantes da lista, moi por enriba do resto de Comunidades. A continuación aparecen País Vasco e Comunidade Valenciana, ambas con 8 multimillonarios, seguidos de Illas Baleares e Galicia, con seis cada unha. Con cinco ricos aparece Castela e León, e con catro, Andalucía, mentres que en Asturias hai tres dos empresarios con máis patrimonio do país. Empatados a dous figuran Aragón e Cantabria, e só con un hai catro comunidades: Canarias, Estremadura, A Rioxa e Murcia.

Só dúas comunidades autónomas, Castela-A Mancha e a Comunidade Foral de Navarra non contan con ningún dos 100 máis adiñeirados de España segundo a lista Forbes.

O fundador de Inditex encabezará a lista española, aínda que perde posicións entre os máis ricos do mundo. Forbes acaba de actualiza-la súa lista de aqueles que teñen máis de 1.000 millóns no mundo e de situar a Amancio Ortega no carto posto por detrás de Warren Buffet, aumentou grazas á boa marcha do seu grupo Berkshire Hathaway en Bolsa, un conglomerado de empresas que inclúen seguros, xoiería ou venda de ladrillos. Os seus títulos tocaron en agosto por primeira vez os 200.000 dólares (160.000 euros) por título.

Fonte: http://www.laopinioncoruna.es/economia/2014/11/03/galicia-lidera-lista-forbes-espanola/895119.html


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!