Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
[Grecia] Non á abolición do domingo como día festivo /V. Volant - ECOAR))) | ECOAR)))
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

[Grecia] Non á abolición do domingo como día festivo /V. Volant

23/04/2014
By

[Grecia] 13 de abril de 2014: Non á abolición do domingo como día festivo

V. Volant

Despois da eliminación de case todos os dereitos laborais que tiñan os traballadores neste país e despois da imposición de novos modelos laborais, cos “programas de traballo de interese xeral” e os chamados traballadores “beneficiarios”, ou sexa os novos escravos asalariados, agora o neoliberalismo vén a abolir os días festivos, coa fin de que aumenten aínda máis as ganancias dos capitalistas e a patronal, e que a sociedade se converta nunha suma de homes – individuos dóciles e aparvados, con conciencia de consumidor (de mercadorías, de servizos, de política, de todo).

O 3 de novembro de 2013 entrou en vigor a lei antiobreira que aprobara o verán pasado no Parlamento o goberno neoliberal e os seus patróns políticos e económicos, o Capital grego e transnacional, o Fondo Monetario Internacional, o Banco Central Europeo e a Unión Europea. Esta lei elimina o domingo como día festivo. En segundo lugar, dá o golpe de graza aos pequenos negocios. En concreto, os negocios cuxa superficie supera os 250 metros cadrados, poderán estar abertos todos os domingos do ano. Os negocios cuxa superficie é menor a 250 metros cadrados poderán estar abertos sete domingos ao ano. Estes domingos xa son considerados por lei días laborables e non festivos, e os traballadores que se verán obrigados a traballar estes días non cobrarán ningún suplemento (recargo).

Coa mesma lei os períodos de rebaixas pasan a ser catro (de dous que eran ata hoxe), e o primeiro domingo de cada un deles, xunto cos domingos anteriores a Nadal e Pascua, tamén as tendas estarán abertas. Tamén, a mesma lei antiobreira prevé o funcionamento das tendas todos os domingos do ano en tres provincias. Este “funcionamento experimental” como é chamado polo goberno e os medios de desinformación, non é nada máis que unha proba. Se non se lle poñen obstáculos a esta acometida neoliberal, pronto todos os negocios permanecerán abertos todos os domingos do ano, ao igual que os demais días.

O domingo 13 de abril de 2014 é un domingo no que os negocios permanecerán abertos por lei. Este domingo constitúe un fito na tentativa do Estado e do Capital de eliminar os días festivos e de someter a toda a sociedade a un estado de escravitude sen precedentes. Así mesmo, constitúe un fito na loita dos traballadores e os homes decentes deste país contra a ofensiva que están recibindo co pretexto da denominada crise.

A abolición dos días festivos e os dereitos laborais, os horarios “flexibles” e os traballadores “beneficiarios”, constitúen unha clara ofensiva dos de arriba non só ao traballo tal e como se coñecía ata agora, senón tamén á vida mesma. Os de abaixo teñen que reaccionar. A súa organización dentro e fóra dos lugares de traballo e a súa resistencia coordinada ao totalitarismo moderno, son máis urxentes que nunca.

Os que queiran facer compras os domingos, que se preparen para traballar os domingos.

Fonte: http://verba-volant.info/es/13-de-abril-de-2014-no-a-la-abolicion-del-domingo-como-dia-festivo/


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!