Impacto diferenciado do traballo sobre mulleres e homes
A falta de estudos sobre a saúde laboral das mulleres dificulta a prevención.
Basta unha simple búsqueda en Internet para comprobar que os estudos que relacionan saúde, traballo e mulleres están casi exclusivamente orientados á protección da saúde reproductiva de estas. “Como en toda especialidade da medicina, as mulleres fomos visibles primeiro por esta dimensión. Costoume 20 anos explicar que as mulleres son algo máis que un útero con patas” explica a doutora Carme Valls, directora do programa Muller, Saúde e Calidade de Vida da Rede CAPS, Rede de Mulleres Profesionais da Saúde.
Ó pensar en “riscos laborais” seguimos a imaxinar homes en estadas, erguendo grandes pesos, manexando maquinaria… Ahí o risco é visible e evidente e establecer medidas de prevención tamén o é. Non nos ven á cabeza a imaxe dunha limpadora que cos seus movementos repetitivos acaba desplazando ó longo do día unha tonelada de peso, ou que está en contacto con produtos químicos nocivos drante longos períodos de tempo, ou da coidadora, que terá que erguer ou mover un corpo adulto que a supera en peso sen axuda de ningunha ferramenta. “Non hai unha visualización de estes riscos porque seguimos unha lóxica de riscos moi masculinizada” explica Antonio Costas, profesor de Dereito do Traballo e da Seguridade Social e membro do Laboratorio-Observatorio sobre Condicións de Traballo dende unha Perspectiva de Xénero (LAOGEN).
Mentras que a construción ou industria foron sectores maioritariamente masculinos, as mulleres estamos presentes en sectores altamente feminizados coma hostelería e comercio, limpeza, sanidade ou ensinanza. “As enfermidades profesionais que se teñen estudado son as que afectan ós homes, pero aqueles riscos que teñen que ver máis con actividades prolongadas e continuadas están moi pouco investigados. Ás veces non saen á luz ou termínanse reconducindo a enfermidades comúns” denuncia Costa.
No caso das limpadoras, que se ben non teñen que erguer sacas de cemento ou empregar maquinaria de risco, sofren problemas musculoesqueléticos e por contacto cos produtos de limpeza froito do traballo continuado. “Pode ser que a persoa non perciba que esa dor que sente teña relación coas súas condicións de traballo” explica a doutora Valls. Unhas consecuencias para a súa saúde difíciles de probar e difíciles de indemnizar, aínda recurrindo ós tribunais.
Aínda ocupando postos de traballo similares, homes e mulleres vense afectados de forma diferente polos riscos á súa saúde. É o caso dos axentes químicos. Os valores límites ambientais para productos químicos -VLA- revísanse continuamente á baixa e están calculados en base ó nivel de reacción en mostras de homes novos, a pesar de que, ó tratarse de substancias que se acumulan nas células graxas, o seu efecto non é o mesmo sobre o corpo dunha muller, que ten un 15% máis de graxa. A falta de investigación tradúcese na falta de prevención e nunha menor percepción do risco. Só o 17,6% das mulleres perciben que están expostas a axentes químicos fronte ó 27,5% dos homes, segundo o Informe sobre Enquisas de Condicións de Traballo en España e Andalucía dende unha Perspectiva de Xénero de 2013, do profesor Antonio Costas. A falta de investigación tradúcese na falta de formación e de prevención e finalmente nunha menor percepción de risco. As medidas de prevención tenderán a aplicarse no sector industrial antes que en sectores coma a hostelería ou a limpeza, onde o contacto é en cantidades menores pero máis prolongado no tempo.
A invisible carga psicosocial
As estatísticas amosan que as mulleres ocupan empregos con maior carga emocional (de cara ó público, de atención a persoas dependentes…), con maior carga psicosocial (menos cualificados, peor remunerados, menos recoñecidos, máis precarios) e máis repetitivos e monótonos. Establecer unha relación entre esas condicións de traballo e a saúde das mulleres é unha tarefa pendente, coma é ter en conta o impacto do que se chamou “dobre xornada” sobre a saúde, é dicir, da desigual distribución das responsabilidades familiares.
Segundo as estatísticas, elas dedican duas horas diarias máis que eles ó traballo doméstico e coidado familiar, pero non só se trata dunha cuestión de cantidade senón tamén do estrés xerado. Un 86% das mulleres consideran que se faltan algún día na casa, as tarefas domésticas que realizan quedan por facer, fronte ó 47 no caso dos homes, segundo o Informe de Enquisas de Condicións de Traballo en España e Andalucía dende unha Perspectiva de Xénero de 2013. Representativo tamén que o 83,3% dos homes nunca pensen nas tarefas domésticas ou familiares cando están na empresa, fronte ó 50% das mulleres.
Estudos realizados en Catalunya e en Euskadi demostraron que este efecto negativo da carga do traballo doméstico limítase ás traballadoras con menos recursos económicos, o que introduce o factor de clase coma determinante xunto o do xénero. “Este achado suxire que as mulleres de clases podentes cando intentan concilia-la vida laboral e familiar poden costea-los recursos para facelo; en cambio, as menos privilexiadas parece que “financian” a conciliación coa propia saúde”, explica a doutora Lucía Artazcoz, diretora do Institut de Serveis á Comunitat da Agència de Salut Pública de Barcelona.
Carme Valls levou o caso dun grupo de limpadoras que desenvolveron cadros de fatiga crónica e fibromialxia a consecuencia de ter fregado tra-lo uso dun insecticida aplicado nun hotel. “Sorte que puidémolas diagnosticar, se non houberan crido que estabamos todas tolas”, comenta. “Elas simplemente encontráronse mal e basta. Se non chegan a dar cunha médica que lles dixo “esto débese ó que pasou” nunca se tería considerado un accidente laboral nin as tiveran indemnizado”, recalca Valls.
Aínda que a maioría dos expertos recoñecen que os efectos sobre a saúde non dependen dun único factor, en materia de indemnizacións, os textos legais seguen aceptando exclusivamente explicacións unívocas. “No caso de estar exposta a múltiples factores de risco, algo que sucede en moitos empregos femeninos, é pouco probable conseguir unha indemnización por enfermidade”, denuncia a investigadora Karen Messing, autora de “O traballo das mulleres. Comprender para transformar”. Pola súa banda, Valls denuncia que hai sentenzas “que din que se debe a que [a afectada] “é muller”, coma no caso dos nódulos na gorxa das maestras”.
Non estudia-lo impacto de todos estes factores sobre a saúde significa non só invisibilizalo, senón tamen impedir que se establezcan medidas efectivas de prevención e se compense de forma xusta ás persoas que viron afectada a súa saúde. “O invisible ha de ser investigado”, sentenza a doutora Valls.
Unha equipa pioneira en Quebec
“O invisible que fai dano” é unha equipa multidisciplinar formado polas tres principais centrais sindicais de Quebec e un grupo de investigadoras, que analizaron dende múltiples ángulos a invisibilidade do traballo das mulleres e as súas consecuencias sobre a saúde e os dereitos das traballadoras. Na equipa destaca a xurista Katherin Lippel, que ten demostrado cómo conseguir unha indemnización para unha muller por cuestións de saúde laboral sempre é máis complicado que para un home, ou a investigadora Karen Messing, pioneira na investigación das relacións biolóxicas diferenciais aplicadas ó traballo.
A equipa chegou a desenrolar unha metodoloxía para investigar grupos de traballadores e traballadoras e demostrar que, nos mesmos postos, elas e eles realizaban tarefas distintas e, polo tanto, para investiga-los riscos laborais ós que estaban expostos había que baixar a observa-las tarefas concretas que realizaba cada persoa.
Fonte: https://www.diagonalperiodico.net/cuerpo/21914-impacto-diferenciado-la-salud-laboral.html