Acción ou efecto de empregar os bens e servizos para satisfacer necesidades primarias e secundarias.
En termos económicos enténdese por consumo a etapa final do proceso económico, xa que é o momento no que un ben ou servizo produce algunha utilidade a quen consume.
QUE É O CONSUMISMO?
Podemos definilo como:
a) Acugulamento, compra ou consumo de bens e servizos considerados non esenciais.
b) Sistema político e económico que promove a adquisición competitiva de riqueza como signo de estatus e prestixio dentro dun grupo social.
c) Adquisición ou compra desaforada que idealiza os efectos e consecuencias asociando a súa práctica coa obtención da satisfacción persoal e incluso a felicidade persoal.
CALES SON AS BASES DA SOCIEDADE DE CONSUMO…
A sociedade de consumo de masas é produto do capitalismo que trata de facer chegar os seus produtos a unha parte da poboación o máis ampla posible.
- Para a maioría dos bens, a oferta supera a demanda. As empresas recorren a estratexias de publicidade agresivas e sedutoras que se transmiten a través dos medios de comunicación de masas para inducir aos/ás consumidorxs a consumir, o que lles permite aumentar a produción.
- A maioría dos produtos e servizos están estandarizados. Os métodos de fabricación baséanse na produción en masa a partir dun alto desenvolvemento tecnolóxico e recórrese á obsolescencia programada que permita a fixación permanente de produtos e servizos.
- Os patróns de consumo están masificados. O consumo de masas asume que se consume o que está de moda sinxelamente como un medio de integración social.
- Hai unha tendencia ao consumismo –un tipo de consumo impulsivo, descontrolado, irresponsable e, en ocasións, irracional. Asóciase a idea da liberdade coa posibilidade e o acceso ao feito de consumir.
…QUE IMPLICA ESTA SOCIEDADE?
- O consumo a grande escala na sociedade contemporánea compromete seriamente os recursos naturais e o equilibrio ecolóxico, pois implica un constante aumento da extracción de recursos naturais e do despoxo de residuos ata o punto de ameazar a capacidade de rexeneración da natureza deses mesmos recursos imprescindibles para a supervivencia humana.
- Xs consumidorxs finais perden as características dos individuos para pasar a ser considerados como unha masa na que se pode influír e á que se lle poden xerar falsas necesidades que logo reforzan entre xs propixs consumidorxs.
- Este modelo obriga aos países pobres a satisfacer o enorme consumo das sociedades máis desenvolvidas, o que implica que deixen de satisfacer as súas propias necesidades como a alimentación e a saúde. A maioría das características son deseñadas para satisfacer ao mellor postor.
- As persoas convértense en merxs consumidorxs que atopan o pracer no mero consumo por si mesmo, nin tan sequera no desexo de posuír o produto.
- Para achegarse a poder consumir determinado tipo de produtos xs consumidorxs que menos recursos posúen teñen que pedir créditos, o que fai que adquiran o produto de xeito máis caro, pois hai que engadir o prezo dos intereses.
- A escasa duración dos produtos xera unha grande cantidade de lixo e un alto consumo enerxético.
- Créase un marco normativo laxo para as empresas, para que así poidan obter grandes beneficios a través do abuso de dereitos humanos, da explotación da natureza, o emprego de paraísos fiscais,…
- As persoas convértense en escravas dos seus traballos (pois permiten se lles usurpen dereitos, a cambio dun salario) pois necesitan fluxo de cartos de xeito constante para poder adquirir bens e servizos de xeito constante.
- Pervértense os conceptos de liberdade e realización persoal. Pois a realización persoal enténdese como a adquisición e acugulamento de bens, e a liberdade enténdese como a posibilidade de establecer pautas baseándose no que as leis permitan aínda que isto supoña a supresión e violación de dereitos.
ALTERNATIVAS Á SOCIEDADE DE CONSUMO.
Consumo responsable
Baséase na idea de que os seres humanos deberian axustar os seus hábitos de consumo ás súas necesidades reais e ecollendo opcións no mercado que favorezan a conservación do medio ambiente e a igualdade social.
A reflexión básica para realizar un consumo responsable debe basearse en:
- Considerar o impacto ambiental dende o punto de vista do cilco de vida do produto a mercar (valorar os procesos de produción, transporte, distribución, consumo e resíduos que deixa o produto).
- Determinar a pegada ecolóxica que produce determinado estilo de vida e consumo.
- Determinar que empresas, produtos e servizos, respectan o medio ambiente e os dereitos humanos para preferilos fronte a outros que non cumpran cos citados requisitos.
- Fomular o tipo de comercio que se desexa favorecer.
- Asegurar a calidade do comprado.
Decrecemento
- Baséase na diminución controlada da produción económica co obxectivo de establecer unha nova relación de equilibrio entre o ser humano e a natureza, pero tamén entre os propios seres humanos. Rexeita o obxectivo do crecemento económico do liberalismo e busca un cambio radical do sistema.
- A conservación do medio ambiente só é posible reducindo a produción económica que está por riba da capacidade de rexeneración natural do planeta.
- Cuestionan o modelo de vida moderno baseado en producir benestar e os conceptos de poder adquisitivo e nivel de vida; e o póñense ao desenvolvemento sostible, pois o reto está en vivir mellor con menos.
- O decrecemento baséase fundamentalmente en: escala reducida, relocalización, eficiencia, cooperación, autoprodución (e intercambio), durabilidade e sobriedade.
E TI… QUE PODES FACER?
Realiza un consumo responsábel e decrecente, achega estas alternativas ás persoas da túa contorna e reclama ás autoridades o desenvolvemento deste tipo de consumo:
- Considera se o que mercas satisfai unha necesidade ou un desexo, ou se só “consumes por consumir”.
- Pensa que tipo de comercio queres favorecer. O comercio local, a artesanía, a reciclaxe, a reutilización, os produtos naturais, o comercio xusto,… son as mellores opcións sociais e medioambientais.
- Infórmate sobre as repercusións sociais e medioambientais dos bens e servizos que consumas.
- Fíxate na calidade do que mercas. Adquire bens saudables e duradeiros.
- Busca alternativas que minimicen a explotación dos recursos naturais: segunda man, reutilización, intercambio, reciclaxe e reparación.
- Fai un bo mantemento dos produtos.
- Recicla os materiais dos que está feito un produto cando remate a súa vida útil.