Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Neglixencia das clases posuidoras, urxencia da solidariedade / Pierre Rousset - ECOAR))) | ECOAR)))
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

Neglixencia das clases posuidoras, urxencia da solidariedade / Pierre Rousset

14/11/2013
By

Mércores, 13 de novembro de 2013

O tifón Haiyan acaba de devastar as Visayas, no centro do arquipélago filipino, ao mesmo tempo que se abre en Varsovia a 19ª Conferencia Internacional sobre o Clima. O ano pasado, outro ciclón mortífero enloitara as Filipinas mentres a mencionada conferencia estábase a celebrar en Doha. Os delegados gobernamentais saudaran a memoria das vítimas, antes de concluír que era urxente non facer nada. É algo seguro que este ano ocorrerá o mesmo. Agora do que se trata é da avalancha polos gases de xisto. Os lobbies da enerxía ditan a súa lei. Así, para a Mesa Redonda dos Industriais Europeos, “a competitividade” debe ser considerada “tan importante” como os “obxectivos de redución de CO2”. Nada debe cuestionar os seus beneficios nin o seu poder.

Sería imposible “probar” que tal ou cal ciclón non tería lugar sen o quecemento da atmosfera. Quizais, mais esa non é a cuestión. Haiyan é o tifón máis poderoso, dos que se rexistraron no mundo, que xamais tocou a terra. Para a súa desgraza, o arquipélago filipino sofre de pleno a violencia dos fenómenos meteorolóxicos excepcionais que se forman no océano Pacífico. A lista de tifóns mortíferos non deixa de medrar: Frank (Fenghen, 2008), Ondoy (Ketsana, 2009), Sendong (Washi, 2011), Pablo (Bopha, 2012) e agora Yolanda (Haiyan, 2013). O peor pode quizais estar aínda por chegar: os ciclóns multiplícanse, as súas traxectorias modifícanse.

A mensaxe de Haiyan é clara: isto é o que significa para as poboacións o caos climático; en particular para os sectores máis pobres que viven a miúdo en zonas de risco: ameazadas de inundacións, desprendementos, dunha subida do nivel das augas marítimas… Agora ben, nestes tempos de urxencia, a corrupción, así como a destrución dos servizos públicos en nome dos dogmas neoliberais e dos intereses privados, contribuíron a facer o estado impotente.

Neglixencia da “comunidade internacional” dos posuidores, neglixencia criminal tamén da presidencia filipina. O desastre estaba anunciado, pero non se fixera nada para evacuar os habitantes das zonas máis expostas. Non se crearon almacéns fortemente protexidos con alimentos e material médico. Non se preestableceron centros de socorro cando as autoridades coñecían os riscos e cando as comunicacións eran aínda sinxelas. As elites filipinas semella que ignoran todo da política de prevención de catástrofes e que isto non lles preocupa nada en absoluto. Certamente, os ricos, os de verdade, poden retirarse das zonas ameazadas. Os demais, as autoridades locais, os pobres en particular, que se apañen alí mesmo con moi poucos medios.

As televisións do mundo enteiro e as reportaxes dos periodistas ou dos “cazadores de ciclóns” que acudiran permitíronnos tomar a medida da catástrofe. A cidade portuaria de Tacloban (220.000 habitantes) foi literalmente arrasada e témese que só alí o número de mortos ascenda a uns dez mil. Os hospitais están devastados, o persoal non ten xa medicamentos. Abandonados, os superviventes vagan polas ruínas para atopar auga, alimentos, algo co que vestirse, co que reconstruír un abrigo… e o presidente Benigno Aquino denuncia os “roubos”, dándose por obxectivo “restablecer a orde”: os tanques do exército chegan máis rápido que a axuda alimenticia! En vez de sinalar co dedo, de criminalizar as vítimas, Aquino faría mellor sacando as consecuencias da súa incapacidade para protexer as poboacións, para previr o desastre.

Tacloban non é a única localidade sinistrada, nin moito menos. Haiyan pasou por numerosas illas das Visayas, ademais de Samar e Leyte, das que falan os medios: 41 provincias foron máis ou menos gravemente afectadas polo tifón. As comunicacións son moi difíciles. Hoxe é imposible estimar o  número de vítimas e de destrucións. As Nacións Unidas previñeron que, no que se refire ao balance final, había que “esperar o peor”.

Imposible non indignarse fronte un desastre así. Porén, é o momento da solidariedade. A axuda internacional comeza a afluír; tanto mellor. Por indispensable que sexa, a experiencia mostra tamén os seus límites, incluso os seus efectos perversos, como non deixa de lembrarnos a situación dramática en Haití.

As axudas deben ser concibidas para dar un verdadeiro poder de decisión ás poboacións sinistradas. As vítimas non deben ser tratadas como asistidas que agardan caridade! A autoorganización dos medios populares debe ser facilitada a fin de que sexan quen de defender os seus intereses nun momento de gran debilidade e de gran dependencia, tamén de gran desorientación. En caso contrario, os máis débiles corren o risco de ser varias veces vítimas: da catástrofe natural, da distribución desigual da axuda, e logo dunha reconstrución desigual en beneficio dos posuidores.

Axuda de emerxencia (auga, alimentos, atención médica…), rehabilitación e reconstrución deben tamén estar ligadas: a axuda non debe limitarse a unha intervención puntual, senón que debe ser duradeira.

Con este espírito, con esta perspectiva, a asociación Europa Solidaria sen Fronteiras lanzou un chamamento á solidariedade financeira, para axudar ós nosos compañeiros filipinos a socorrer as vítimas, en particular alí onde o groso da axuda internacional non irá.

Para enviar doazóns

Os cheques só en euros e pagables en Francia á orde de ESSF deben ser enviados a

ESSF

2, RUE Richard-Lenoir

93100 Montreuil

France

Bancos:

Crédit lyonnais

Agence de la Croix-de-Chavaux (00525)

10 boulevard Chanzy

93100 Montreuil

France

ESSF, compte n° 445757C

Referencias bancarias internacionais (RIB):

Banque : 30002

Indicatif : 00525

N° de compte : 0000445757C

Clé : 12

Compte au nom de : ESSF

Coordenadas bancarias internacionais:

IBAN : FR85 3000 2005 2500 0044 5757 C12

BIC / SWIFT : CRLYFRPP

Compte au nom de : ESSF

Paypal: pódense transferir as doazóns vía Paypal (na páxina http://www.europe-solidaire.org/spip.php?article30307 , arriba, á esquerda, está o enlace para facelo).

En Francia, estas doazóns dan dereito a deducións de impostos. Precísase o enderezo da persoa doante para enviarlle un recibo fiscal.

Informaremos regularmente na nosa páxina web da situación e da utilización do fondo de solidariedade.

Notas

1/ Ver Daniel Tanuro, “Fossiles contents, Commission aux ordres – «Stop aux renouvelables, oui charbon, oui au gaz de schiste”, ESSF (article 30304) en http://www.europe-solidaire.org/spip.php?article30304

2/ que os científicos establecen a relación entre a potencia de Haiyan. Ver Philippines: Typhoon Haiyan influenced by climate change, scientists say en http://www.europe-solidaire.org/spip.php?article30311

3/ Ver en ESSF, Philippines : les premiers témoignages de « l’apocalypse » après le passage de Haiyan en http://www.europe-solidaire.org/spip.php?article30290

4/ Ver en ESSF, Les Philippines frappés par les typhons : un appel urgent à la solidarité financière en http://www.europe-solidaire.org/spip.php?article30296

 

Tags:


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!