A nova lei do mercado
Europa e EEUU dispóñense a aprobar este ano a área de libre comercio máis grande do mundo co TTIP, acordo con negociacións ó marxe da opinión pública a pesar de supor un impacto en sectores fundamentais como o traballo, a sanidade ou a alimentación.
Un tratado de libre comercio entre Europa e Estados Unidos está a piques de aprobarse sen que en España se oíra falar moito sobre el. É o TTIP, Asociación Transatlántica para o Comercio e a Inversión, nas súas siglas en inglés, que prevé adapta-las lexislacións de ambos lados do océano ás necesidades dos mercados e ó libre cambio. A España, a súa existencia chegou en forma de filtracións e alarma e as voces críticas alertan de que suporá unha onda privatizadora a grande escala.
O TTIP pretende acabar coas barreiras do comercio, suprimir aranceis para que os inversores non atopen restricións á hora de actuar a un ou outro lado do Atlántico. Isto afectaría a moitos sectores, algúns deles comerciais que podería ve-la produción local substituída por importacións, como a agricultura, e outros de tipo social máis ou menos regulados polas lexislacións estatais como a sanidade, a alimentación, os dereitos laborais ou o ambiente.
Puntos de vista opostos
O eurodiputado do PP Santiago Fisas considera que o tratado é unha grande noticia para España e asegura que non devaluará a calidade democrática, senón que “servirá para axudar ás empresas, tamén ás pequenas e medianas”. En cambio, segundo a eurodiputada de Esquerda Unida Marina Albiol “o TTIP permitirá que as multinacionais campen ás súas anchas, o tratado que blinda-las grandes empresas de calquera goberno que faga políticas de esquerdas”.
Os defensores do tratado sosteñen que se crearan en Europa 400.000 empregos. Segundo os detractores, desregularase o mercado laboral, dando paso a máis precariedade. En outubro celebrouse a sétima reunión entre EEUU e a Comisión Europea a través da dirección Xeral de Comercio. Máis alá dos membros desta comisión, case ninguén ten acceso ós documentos das negociacións, nin sequera os europarlamentarios. Sen embargo, en opinión de Fisas, a do TTIP “é unha das negociacións máis transparentes que se teñen feito” e non é distinta a outras anteriores. O eurodiputado do PP considera que “estase a facer moita demagoxia”. Para Albiol, a negociación “supera tódolos límites” democráticos e de transparencia. “Negociadores europeos prometeron ás seus homólogos norteamericanos que os documentos sería segredos durante 30 anos” lamenta.
Segundo o Observatorio Corporate Europe, que analiza o poder dos lobis na Unión Europea, das 560 reunións sobre o TTIP que tivo a Dirección Xeral de Comercio, 520 (o 92%) foron con lobis empresariais, 26 con organizacións que representan intereses xerais e o resto con universidades ou outro tipo de entidades.
No Congreso dos Deputados, o tratado só se mencionou dúas voltas. Unha, a principios do 2014, nunha proposición pactada entre PP e PSOE cun punto no que instaron á Comisión Europea a acelera-las conversacións. A segunda, en maio, cando a Esquerda Plural pediu un referendo que foi rexeitado por PP, PSOE, CIU, PNV e UpyD. “Aínda que a esquerda gañe nas urnas, o goberno que queira facer políticas de esquerdas exporase a denuncias millonarias das multinacionais” conclúe Albiol.
Orixinal: http://www.elperiodico.com/es/noticias/economia/nueva-ley-del-mercado-3826198