Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
O 40% dxs ministrxs da Democracia pasaronse a unha gran empresa - ECOAR))) | ECOAR)))
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

O 40% dxs ministrxs da Democracia pasaronse a unha gran empresa

30/04/2016
By

O 40% dxs ministrxs da Democracia pasaronse a unha gran empresa

Raúl Sánchez / Belén Picazo

  • 71 dxs 176 ministrxs dende 1977 pasaron a engrosar os persoais de grandes compañías españolas e internacionais
  • Dende o primeiro Goberno de UCD ata a chegada de José Luis Rodríguez Zapatero, case a metade de cada Executivo pasouse á privada, unha tendencia que se freou en 2004
  • Endesa, Gas Natural e Repsol son as empresas cotizadas que máis ministrxs tiveron nos seus persoais

Son moitos os exemplos de compañías que contaron no seu equipo con exministrxs do Goberno: Repsol, Gas Natural, Endesa, Iberia, Indra ou Telefónica. Dende 1977, o 40% dxs ministrxs da Democracia pasáronse a engrosar os consellos de administración e as estruturas directivas de empresas privadas, segundo datos do Rexistro Mercantil, BOE, páxinas webs oficiais e hemeroteca analizados por eldiario.es.

Por estas portas giratorias, do inglés revolving doors, pasaron dende o inicio da Democracia, 71 ministrxs dos 176 que tiveron unha carteira nun Goberno de España.

A situación repítese en todos os Gobernos dende o primeiro da Lexislatura Constituínte. O 49% dxs ministrxs dos Executivos de Unión de Centro Democrático (UCD), presididos por Adolfo Suárez (1977-1981) e Leopoldo Calvo Sotelo (1981-1982), pasáronse ao sector privado. Tamén o 49% dxs responsables de ministerios de Felipe González (1982-1996) ficharon, despois do cargo, por grandes empresas. E máis da metade (51%) dxs ministrxs de José María Aznar (1996-2004) incorporáronse ao sector privado.

Evolucion-puertas-giratorias_EDIIMA20160314_0680_1

Con todo, dxs titulares con carteira do Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero (2004-2008), só o 23% ficharon por grandes compañías españolas e internacionais. Nembargantes, hai que ter en conta que nalgúns casos pasou moi pouco tempo para poder dar o salto á privada. Aínda nas últimas semanas estívose falando da fichaxe de Trinidad Jiménez por parte de Telefónica, a pesar de que foi ministra do PSOE en 2010.

Repsol, Gas Natural e Endesa son as tres compañías que máis exministrxs incorporaron aos seus persoais, con cinco e catro antigxs membros do Goberno cada unha.

No caso de Repsol, ata cinco persoas que pasaron polo Goberno incorporáronse ao seu persoal: Ignacio Bayón Mariné, ministro de Industria durante a Transición; Luís Croissier, responsable de Industria con Felipe González; Marcelino Orella Aguirre, que mantivo a carteira de Exteriores durante o goberno de Adolfo Suárez; Juan Antonio García Díaz, vicepresidente e titular de Economía durante a Transición; e Juan Antonio Ortega, ministro de Educación na primeira lexislatura da democracia.

Repsol, desta maneira, é a compañía que máis exministrxs fichou para o seu Consello de Administración. Todxs entraron no posto xusto despois de 1997. A compañía, inicialmente pública, iniciou o seu proceso de privatización en 1989, co Goberno de Felipe González, e terminou, precisamente en 1997.

<

O caso da petroleira mostra, ademais, como ministros con competencias no sector, dous titulares de Industria, foron incorporados a unha das empresas que regularon. Non son os primeiros. Rodrigo Rato, vicepresidente e responsable de Economía e Facenda durante o Goberno de José María Aznar, foi presidente de Bankia entre 2010 e 2012.

Para evitar estas situacións, a lei que regula os conflitos de interese foi aprobada en 2006 e establece que os altos cargos de Estado non poderán “desempeñar os seus servizos en empresas relacionadas directamente coas competencias do cargo” durante os dous anos seguintes ao seu cesamento.

Esta lei, que buscaba regular as famosas “portas xiratorias”, tamén tiña os seus baleiros legais. Elena Salgado, vicepresidenta do Executivo de Rodríguez Zapatero, fichou como conselleira por Chilectra, filial de Endesa en Chile, só tres meses despois de deixar o Goberno. A exministra eludiu as incompatibilidades da lei ao incorporarse a unha filial nun país estranxeiro.

Liña de tempo dos cargos de tres ministrxs que se pasaron ao sector privado

Endesa, de orixe pública e privatizada nos anos 90, tamén é unha das que máis fichaxes de políticxs realizou. José María Aznar, presidente do Goberno entre 1996 e 2004, conseguiu un posto como asesor na compañía eléctrica entre 2011 e 2014. No mesmo período, Pedro Solbes, titular de Economía e Facenda durante os dous Executivos socialistas, foi conselleiro de Enel, propietario de Endesa desde 2008.

As empresas que desenvolven os seus negocios en sectores moi regulados, como a electricidade, adoitan ser as que máis tiran de políticxs. Outra fichaxe polémica e soada foi a do expresidente do Goberno Felipe González, por Gas Natural. Tamén as grandes construtoras, ligadas á obra pública, son asiduas a contratar exministrxs. Josep Piqué, que ocupou as carteiras de Industria, Ciencia e Asuntos Exteriores durante a etapa de Aznar, é conselleiro delegado da construtora dos Villar Mir, OHL.

Non é o único caso. Jesús Sancho Rof, ministro de Obras Públicas durante o Goberno de Adolfo Suárez, foi nomeado presidente de AERCO (1998-2008), a patronal das empresas da construción. Javier Sáenz de Cosculluela, responsable da carteira de Obras Públicas do Estado, tamén foi nomeado presidente de AERCO (2008-2012) e conselleiro da construtora Morrison Infraestruturas.

Cabe agardar que unha vez que o actual Goberno en funcións deixe paso, definitivamente, ao novo Executivo, se volvan ver portas xiratorias dxs ministrxs de Mariano Rajoy. Polo momento, tan só Luís de Guindos, Isabel García Tejerina e Pedro Morenés teñen unha traxectoria significativa no sector privado. Para o resto, a porta que vira pode ser o seu primeiro pasaporte á empresa privada.

Fonte: http://www.eldiario.es/economia/ministros-democracia-pasado-sector-privado_0_494501429.html >


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!