Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
O dereito á desobediencia civil / Olga Rodríguez - ECOAR))) | ECOAR)))
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

O dereito á desobediencia civil / Olga Rodríguez

17/12/2013
By

“O noso problema non é a desobediencia civil, senón a obediencia”

Howard Zinn, historiador e activista estadounidense

 

Rosa Parks demostrou xa hai décadas a importancia da desobediencia como estratexia. Cando o 1 de decembro de 1955 un condutor de autobús ameazou con chamar á policía se Parks non cedía o seu asento a un pasaxeiro branco, ela contestou: “Chame”. As consecuencias daquela histórica actitude coñecémolas todos. Aquilo supuxo o principio do fin da segregación racial que se aplicaba de xeito sistemático en diversos puntos dos Estados Unidos.

Cuestionaríamos hoxe a Rosa Parks ou ás mulleres sufraxistas que conquistaron o seu dereito a voto a través da desobediencia civil? Defenderíamos que se as multase con 30.000 euros? Poríamos en tela de xuízo a resistencia xudía contra o nazismo ou os insubmisos que contribuíron á supresión do servizo militar obrigatorio?

As leis non son sempre xustas. A lei amparou a persecución de xudeus na Alemaña nazi, a lei permite a discriminación dos palestinos, a lei facilitou o apartheid en Sudáfrica ou condenou os negros á escravitude en Estados Unidos.

Algunhas leis minguan o noso dereito á protesta, deixan a familias sen casa, reducen os nosos dereitos laborais, contribúen á desigualdade social, aceptan que os máis ricos paguen menos impostos que un cidadán medio, permiten que nos obriguen a sufragar o rescate dos bancos sen que nos consultasen.

“Só cumpría ordes”, afirma na película The Reader unha antiga gardiá do campo de concentración de Auschwitz. “É o que di a lei”, din algúns, “só fago o meu traballo”, xustifícanse outros.

Afortunadamente hai xente consciente da súa responsabilidade social. Hai médicos que defenden a desobediencia e atenden a persoas sen papeis, porque o contrario sería profundamente inhumano. Hai profesores que protestan e participan en folgas para reivindicar os dereitos dos nosos fillos.

Hai activistas dispostos a desobedecer ás autoridades para axudar a unha familia a non ser expulsada da súa propia casa. Hai empregados de banco que se negaron a mentir aos seus clientes e optaron por abandonar o seu traballo (coñezo algúns que agora colaboran na PAH).

Hai avogados que protexen os que desobedecen. Hai periodistas que se negan a formar parte do discurso oficial que ampara os abusos, hai políticos que non están dispostos a obedecer as imposicións da Troika.

Podería haber incluso gobernantes capaces de poñer en práctica políticas alternativas. Pero iso só sería posible cunha enorme masa social disposta a apoiar activamente a un goberno desobediente. Se non, manterase o bucle que permite a todos presentarse ás eleccións pero non a gañalas, porque o poder político está reservado para aqueles que actúan en conivencia co poder económico e financeiro.

Moitos dos avances da humanidade, no referido aos dereitos e liberdades, foron conquistados a través de reivindicacións e desobediencias. Nada depende só dos que ocupan o poder. Todos dispoñemos dun pequeno campo de acción e de influenza. Os de abaixo poden determinar a dirección das políticas e de feito así ocorreu nalgúns dos capítulos mais importantes da nosa historia.

Estamos nun momento no que a desobediencia civil fronte a leis inxustas é unha estratexia fronte a submisión, unha alternativa ao silencio cómplice ou, como dixo Ada Colau, unha cuestión de supervivencia.

Haberá aínda quen prefira baixar a cabeza sen protestar. Haberá quen opte por borrar da súa memoria para seguir crendo as mentiras que quedan por chegar. Hai quen elixe obedecer nun mundo que só lle ofrece pobreza, fame, guerras, violencia e cinismo.

Pero son moitas as persoas que saben que a submisión non é a paz social, que renunciar aos dereitos fundamentais non leva á estabilidade, que a guerra a declararon hai xa tempo. Que se desobedecemos poñemos en evidencia a falla de lexitimidade de tantas medidas arbitrarias. E que ademais, facéndoo, construímos a nosa propia identidade, algo que tamén quererían roubarnos.

 

Tags:


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!