Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
O grande peche patronal de 1913: o exemplo de militancia obreira / Kevin Devine - ECOAR))) | ECOAR)))
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

O grande peche patronal de 1913: o exemplo de militancia obreira / Kevin Devine

31/10/2013
By

Fai cen anos, miles de traballadores participaron no que se coñeceu como o Gran Peche Patronal de Dublín.

O servizo postal Estado irlandés emitiu recentemente unha serie de selos que mostran escenas do Gran Peche Patronal de Dublín de 1913. Os selos son moi bonitos, mais non é esa a cuestión. Máis ben é a ironía de que o goberno que os emite é responsábel da imposición dos peores recortes que lembran os traballadores irlandeses. Isto demostra o importante que é manter obxectivamente a memoria dos sucesos de 1913. O Peche Patronal non só foi a loita máis importante da clase obreira irlandesa, senón que tamén é un dos conflitos industriais máis importantes da historia británica.
Fai cen anos Dublín seguía sendo parte do Reino Unido. Pero a pesar diso, ou máis ben por mor diso, as condicións de vida dos traballadores eran moito peor que a dos seus homólogos británicos. Dublín tiña algúns dos peores barrios de Europa occidental. Unha combinación de enfermidade, discapacidade e morte prematura significaba que a taxa de mortalidade global fose de 22,3 por cada 1.000 habitantes, fronte a 15,6 por 1.000 en Londres. De feito, a taxa de mortalidade de Dublín estaba máis preto das taxas das cidades de Europa do Leste, e nos distritos máis pobres as taxas eran máis parecidos ás de cidades como O Cairo .
O declive da industria manufactureira e a creación de traballos menos cualificados, sobre todo nos peiraos e no transporte, significou que, en termos laborais, a clase obreira de Dublín era máis parecida á de Londres que á de Birmingham ou Manchester, onde predominaba a industria manufactureira. E grande parte do traballo era inseguro. Nos peiraos, por exemplo, tan só un terzo da forza de traballo era permanente, e o resto os chamados traballadores eventuais que traballaban por xornadas, se tiñan sorte, e pagábanlles por hora, a condición de que houbese traballo.
A maioría dos traballadores portuarios eran eventuais, mais a importancia da súa industria no comercio entre Irlanda e Gran Bretaña significaba que tiñan unha grande forza potencial. Nos primeiros anos do século XX, o sindicalismo combativo arraigouse nos peiraos irlandeses. James Larkin, un organizador do Sindicato Nacional de Xornaleiros Portuarios (NUDL) británico, nacido en Liverpool, foi o seu principal impulsor. O seu éxito máis coñecido foi en Belfast en 1907, cando conseguiu unir aos traballadores católicos e protestantes nunha folga en contra dos empresarios portuarios. A finais de 1908 estabelecéronse sucursais do NUDL en cada porto importante de Irlanda.
Porén os métodos de Larkin fixéronlle chocar cos dirixentes do sindicato, que trataban de mellorar a súa relación cos empresarios contendo a militancia dos seus afiliados e recalcando a súa responsabilidade. Expulsárono e, en resposta, creo o Sindicato irlandés do Transporte e Traballadores Afíns (ITGWU) en 1909. Non foi a única escisión do NUDL. Nos peiraos de Glasgow tamén houbo outra. Ambos eran a resposta militante dos afiliados a unha dirección  que se negaba a apoiar aos seus membros cando querían loitar por mellores condicións de traballo. Pero Larkin quería utilizar o porto como punto de apoio para crear un sindicato que organizase a todos os traballadores irlandeses. Este intento de construír “Un Grande Sindicato” levaría ao Peche Patronal de Dublín.
Como tomaron forma as ideas sindicalistas de Larkin? En certo xeito, Dublín non era un lugar moi favorábel para que tales ideas botasen raíces. A extensión da precariedade , agravada polo enorme tamaño da bolsa de pobreza da que se recrutaba aos traballadores, fixo ao comezo moi difícil a organización sindical. Pero se a situación era mala para os traballadores, en absoluto podía mellorar sen cambiar as cousas. E aquí é onde Larkin e o sindicalismo entraron en acción. Larkin foi sen dúbida importante, pero máis o foron os seus métodos: reunións de masas, un xornal (O Traballador Irlandés) para difundir o seu “evanxeo divino do descontento”, e por último, pero esencial: a folga de solidariedade .
Nada diso ocorreu no baleiro. Os anos posteriores a 1910 no Reino Unido lémbranse como o “Grande Malestar”: unha onda de folgas que fixeron fincapé na importancia da militancia e a solidariedade, e que foi máis aló dos confíns das relacións laborais normais e oficiais. E tampouco Irlanda foi inmune. En 1911 a afiliación do ITGWU pasou de 5.000 a 18.000 membros. Os conflitos laborais xeneralizáronse en toda Irlanda ese ano, e Dublín, aínda que importante, era só un elemento máis dunha situación nacional caracterizada pola prensa como a “febre de folga”.
O ITGWU organizado todo tipo de traballadores, e iso foi un dos elementos centrais da súa popularidade. Pero máis sobre todo, o tipo de sindicalismo militante de Larkin converteuse na principal vía para que os traballadores mellorasen o seu nivel de vida en Dublín. A caridade, a compaixón e a filantropía fallaran, e se agora querían tomar o asunto nas súas propias mans, quen podería culpalos? Ao mesmo tempo, Larkin quería consolidar o sindicato, estendéndoo cara a sectores cun emprego máis estábel, especialmente os tranvías.
Isto levaría a unha confrontación con William Martin Murphy, o principal dirixente político nacionalista de Irlanda da época. Murphy era o dono da Compañía de Tranvías de Dublín, e estaba decidido a bloquear ao ITGWU.
Protestas salvaxes
Murphy tiña conciencia de clase e visión de futuro e comprendeu a ameaza que representaba o enfoque militante do sindicato. Preparou un documento que os empresarios entregarían aos seus traballadores polo que estes se comprometían a non afiliarse ao ITGWU. Se se negaban serían despedidos. O escenario estaba preparado. Os traballadores de Galletas de Jacob foron os primeiros en ser despedidos a principios de setembro de 1913, onde 3.000 traballadoras foron despedidas por apoiar aos seus compañeiros masculinos despedidos previamente por levar a insignia do sindicato. Os despedimentos estendéronse rapidamente por toda a cidade, o que indica o grande apoio ao sindicato, pero tamén a forza e a solidariedade mútua dos empresarios.
A política de apoio mutuo dos empresarios tiña que ser denunciada coas accións de solidariedade dos traballadores. En Dublín fíxose moi difícil polo apoio das autoridades estatais, que encheron a cidade de policías e soldados. Reprimiron os intentos de organizar piquetes masivos e as manifestacións e reunións foron disoltas violentamente. A extensión da solidariedade co sindicato levou aos empresarios a contratar esquiroles, e iso, por encima de calquera outro factor, foi o que cambiou a situación en Dublín.
A policía protexeu aos esquirois, que con frecuencia estaban armados, e aínda que non as tiñan todas consigo, a loita comezou a converterse nunha guerra unilateral de desgaste. O que obrigou a Larkin a apelar á solidariedade dos traballadores británicos, e cos seus partidarios embarcouse na súa famosa cruzada da “Cruz Ardente”, dirixíndose a miles, e ás veces decenas de miles de persoas, en toda Grande Bretaña.
O Feche Patronal e a xira de Larkin suscitaron unha serie de respostas significativas. Por unha banda estaban as colectas de diñeiro en cada pobo e cidade. Estas colectas, as máis populares até a folga dos mineiros de 1984-1985, foron vitais para que o ITGWU puidese continuar a loita. Pero, máis importante aínda, tamén se organizaron unha serie folgas de solidariedade salvaxes.
A primeira tivo lugar en setembro de 1913, cando os traballadores ferroviarios de Liverpool bloquearon o  tráfico orixinado en Dublín. A folga estendeuse aos Midlands, cuns 13.000 traballadores sumándose ao paro. Só a intervención do líder dos traballadores ferroviarios, JH Thomas, conseguiu a volta ao traballo.
A segunda foi en novembro, protagonizada sobre todo polos traballadores de Gales, e chegou aos 30.000 folguistas. Unha vez máis, os permanentes dos sindicatos moveron ceo e terra para garantir a volta ao traballo. Mentres tanto, nos peiraos os delegados sindicais estaban a ter verdadeiras dificultades para manter o control.
Estas protestas espontáneas non oficiais demostraron que as accións de solidariedade en apoio aos traballadores de Dublín eran unha estratexia realista. De feito, era a única maneira de romper a alianza empresarial e obrigar ás empresas a negociar os termos do sindicato. Pero os dirixentes do TUC británico estaban decididos a manter as rendas nas súas mans. Viron o “larkinismo” como unha ameaza ao seu diálogo social cos empresarios. De feito, tentaron continuamente chegar a un acordo cos empresarios de Dublín puenteando ao ITGWU. Só a intransigencia da patronal e a súa determinación de esmagar ao sindicato impediu chegar a un acordo.
O TUC convocou unha conferencia especial de delegados, composta integramente por permanentes, o 9 de decembro 1913. Como un comentarista sinalou, aínda que a conferencia foi convocada oficialmente “para decidir o que había que facer sobre Dublín, [en realidade ] íase a decidir que facer con Larkin”. En lugar de recorrer ás bases para presionar mediante a acción directa á dirección do TUC antes da conferencia, Larkin puxo toda a súa enerxía en conseguir resolucións de apoio. Ao parecer, esperaba que os dirixentes sindicais de esquerda fosen capaces de gañar a batalla interna a favor da acción solidaria. Lamentabelmente, o resultado foi unha derrota anunciada.
A proposta de boicotear o tráfico comercial de Dublín foi derrotada e aprobada unha moción de censura contra Larkin. Os traballadores de Dublín quedaron sós. A grande maioría viuse obrigada a abandonar o ITGWU e aceptar as condicións da patronal.
A grande forza de Larkin era que quería sacudir á clase obreira da súa subordinación e que recoñecese a súa propio poder e forza. Rexeitou unha visión economicista do sindicalismo como unha capitulación ante a patronal, e a súa aspiración é que o sindicalismo fose unha ferramenta para construír unha sociedade mellor. Con todo, non recoñeceu que a principal preocupación dos permanentes sindicais era a defensa do aparello dos seus sindicatos en lugar dos seus afiliados.
Os dirixentes sindicais víanse a se mesmos como árbitros máis que como dirixentes das loitas dos seus membros por mellores condicións de traballo ou, como Larkin, dun mundo mellor. Non podían tolerar que o apoio a Dublín convertésese en sinónimo de loitas espontáneas, pondo en perigo o seu control. E, aínda que é posíbel, que non quixesen que Murphy e a patronal gañasen, a súa principal preocupación era o cuestionamiento do seu poder no aparello polas bases. O resultado foi que constantemente priorizaron chegar a un acordo coa patronal. Pero non había acordo posíbel con Murphy e os seus aliados, e a estratexia do TUC británico terminou nun desastre.
O Peche Patronal foi sen dúbida unha derrota, pero converteuse nun gran exemplo da importancia dun liderado inspirador e tácticas militantes cando se trata de organizar aos traballadores. O feito de que moitos traballadores de Dublín fosen ” traballadores temporais” indica que non foi un tema sociolóxico, senón político.
A convicción de Larkin de que “Un Grande Sindicato” era a clave para unha nova sociedade subxace na súa determinación de construír o ITGWU como unha organización o máis ampla posible, calquera que fosen as debilidades da súa política. O Peche Patronal tamén destacou a importancia da unidade e a solidariedade de clase. O apoio das mulleres foi fundamental para a loita. Significativamente, as mulleres de Galletas de Jacobs foron os últimos en volver ao traballo. E algo moi importante, como John Newsinger destacou no seu libro Jim Larkin e o Gran Peche Patronal de Dublín en 1913 (1), o feche patronal deixou “ao descuberto a natureza da cúpula sindical”.
O legado
O éxito do “larkinismo” foi a base da súa propagación. E a conquista de melloras reais nas condicións de traballo a través da acción militante non só gañou partidarios, senón que tamén obrigou á arrogante e aristocrática clase empresarial a recoñecer, polo menos de boca para fóra, as terríbeis condicións que sufrían os traballadores. O crecemento do ITGWU, e en particular a base militante da que se nutriu, tamén cuestionaron a idea dunha Irlanda nacionalista baixo a hexemonía da burguesía. Esa era a razón pola que a patronal, os seus apoios na igrexa e as autoridades locais fosen tan contrarias a Larkin, os afiliados do ITGWU  e simpatizantes.
O “larkinismo non se limitou a procrear unha forma de conciencia sindical, senón algo máis, que talvez poderiamos chamar “proto-sindicalismo”. Como resultado, o Peche Patronal deixou un legado de apoio á solidariedade na clase obreira irlandesa que nunca foi completamente erradicado. Iso, máis que calquera outra cousa, asegurou a capacidade de resistencia do sindicalismo no país, e o espírito e a realidade da solidariedade renacen cada vez que hai novas loitas.
O resultado do Peche Patronal podería ser outro, sobre todo se houbese suficiente organización e actividade independente de base como para forzar ao TUC británico a sumarse á loita. A amplitude das colectas mostrou o grao de apoio, mais por si soas non foron suficientes.
Hoxe necesitamos urxentemente unha renovación da vontade de organizarse e loitar. Para imaxinar o renacemento dun sindicalismo popular sen algunhas folgas que teñan éxito sería utópico, e as folgas para ter éxito teñen que implicar aos afiliados. En 1913 o capitalismo estaba xa na súa grande fase de expansión. Hoxe non vive os seus mellores momentos e, por iso, os desafíos son moito maiores e a necesidade da militancia e a solidariedade aínda maiores. Por iso, o Feche Patronal de Dublín merece ser lembrado.
Notas:
(1) John Newsinger, Jim Larkin and the Great Dublin Lockout of 1913 (Bookmarks, UK)
Artigo traducido por Antom Fente Parada en http://revoltairmandinha.blogspot.com.es/2013/10/o-grande-feche-patronal-de-dublin-de.html, a partir da tradución en castelán en http://www.sinpermiso.info/textos/index.php?id=6371

Tags: , ,


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!