Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

O ICS non é mais que a versión zombi do ISDS

30/03/2016
By

15 organizacións europeas publican un informe que mostra que as propostas da Comisión Europea para o capítulo de protección dos investimentos no tratado comercial entre a UE e EEUU (TTIP polas súas siglas en inglés), segue sendo unha ameaza para a democracia.

Cambiar as siglas. Esa é a principal estratexia da Comisaria europea de Comercio, Cecilia Mamström, para tratar de conseguir que un dos apartados máis polémicos do TTIP poida saír adiante. Trátase do mecanismo de solución de controversias entre investidores e Estados (máis coñecido polas súas siglas en inglés, ISDS) polo cal unha empresa estranxeira pode denunciar a un país se, tras unha nova lei ou disposición xudicial, a primeira perde beneficios, obrigando aos países para realizar compensacións millonarias subtraidas das arcas públicas. Isto levou a casos como a denuncia de 3.000 millóns de euros contra Alemaña polo peche das nucleares ou os 15.000 millóns de dólares esixidos a EE UU por non permitir a construción dun oleoduto de petróleo pesado.

Tras o rexeitamento da cidadanía europea á inclusión do mecanismo ISDS no TTIP, a Comisión Europea presentou unha proposta de substitución do mecanismo ISDS por un Sistema de Tribunal de Investimentos (ICS polas súas siglas en inglés), que corrixe algúns aspectos procesuales do mecanismo ISDS, pero segue sen resolver os problemas fundamentais. Segue sendo un mecanismo que discrimina ás pequenas e medianas empresas e a a cidadanía en xeral fronte ás multinacionais, que seguen sendo as únicas con capacidade de facer uso deste sistema de protección dos investimentos. E segue sendo un sistema unidireccional, no que as empresas poden denunciar aos Estados, pero non hai lugar para xulgar ás empresas.

O informe presentado hoxe por 15 colectivos europeos analiza os detalles da proposta de ICS da Comisión, demostrando que os principais problemas do ISDS mantéñense. As demandas máis polémicas xurdidas a través do mecanismo ISDS, como as de Alemaña e EE UU mencionadas anteriormente, tamén terían cabida baixo o ICS. Ademais, o ICS é incompatible co sistema legal da UE, xa que deixa dun lado as cortes europeas.

ICS-7razones-Facebook

 

Por tanto, o ICS non é máis un intento de manter vivo o mecanismo ISDS que a Comisión alega ter eliminado. Trataríase dun ISDS zombi, que continuaría ameazando a democracia mundial. De incluírse no TTIP, sería aínda máis perigoso para a poboación europea, posto que daría cobertura á maioría de empresas estadounidenses operando no continente, fronte ao 1% de empresas que poden utilizar o mecanismo na actualidade.

ICS-infografia-Facebook

Por todo iso, a Campaña NON ao TTIP, xunto cos miles de colectivos que se agrupan baixo a campaña europea Stop TTIP, rexeita a proposta de ICS formulada pola Comisión Europea, á que insta a poñer fin a todos os tratados de protección dos investimentos asinados e en vías de negociación.

Resumo en castelán do informe “O ISDS Zombie”

Fonte: http://www.noalttip.org/


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!