Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

O prezo do crecemento: o caso de China / Louis Lasalle

22/07/2014
By

O prezo do crecemento: o caso de China

Louis Lasalle para Globalízate, 24/05/2014

A revista Science acaba de publicar unha nota extractando os principais resultados do informe que o Ministerio de Medio ambiente chino acaba de publicar1. Pódense resumir do seguinte xeito: o 19,4% dos solos agrícolas están contaminados por diversas substancias tóxicas como son os metais pesados, os pesticidas e os hidrocarburos policíclicos aromáticos (PAHs). As causas principais son as actividades mineiras e industriais e a hiperintensificación da agricultura.

A intensificación da agricultura en China non ten parangón xa que China consume un terzo dos fertilizantes sintéticos do mundo e a súa aplicación de pesticidas é 2,5 veces superior á media mundial. O número de artigos documentando as tendencias e efectos desta contaminación crecente multiplícanse. Guo et al2. Amosaron como en tan só 20 anos os solos agrícolas chinos acidificáronse de xeito significativo debido ao uso masivo de fertilizantes. As actividades agrícolas e industriais incrementaron tamén o depósito de compostos nitroxenados a niveis que existían nos picos rexistrados en Europa nos anos 80 antes de que diversas normas medioambientais reducisen as emisións3. Nun artigo publicado este mes na revista Science of the Total Environment4 amósase como o arroz chino que provén de diferentes mostras presenta concentracións de chumbo significativamente maiores ás de outros países e cando ese arroz provén de áreas con actividades mineiras a concentración de chumbo é aínda moito maior.

Lassaletta et al.5 estudaron recentemente como China pasou de ser un país lixeiramente exportador de alimentos nos anos 80 a depender un 20% de importacións en 2009. Por tanto, cabe preguntarse polo presente e o futuro dun país que xa non é autosuficiente e que ten contaminados un 20% dos seus campos agrícolas, ou en outras palabras, unha quinta parte da poboación verase forzada a consumir alimentos en maior ou menor medida contaminados ou a abandonar os campos contaminados reducíndose progresivamente a seguridade alimentaria do país.

Vivimos nun mundo no que se nos repite como un mantra que o crecemento económico e o único camiño para que avancen as sociedades. Dá igual que se repita ata a saciedade que non se pode crecer ata o infinito nun mundo finito, que a especulación leva a burbullas con finais tristemente coñecidos e que o hiperconsumo non só non dá a felicidade senón que destrúe o noso medio. Porén, ás veces os datos báixannos das nubes especulativas ata a terra: de que servirá tanto diñeiro cando no noso prato servimos substancias que nos fan enfermar? Por outro lado, é de xustiza dicir que ese diñeiro que se está creando en China está enriquecendo soamente a unha nova clase dirixente e multimillonaria. A revista Science6 publicou esta semana a evolución do índice de Gini chino (medida do grao de desigualdade dun país) indicando como conforme medra o produto interior bruto de China as desigualdades multiplícanse. Nestes días convulsos nos que se seguen a promover solucións baseadas no crecemento perpetuo, o caso de China é un exemplo paradigmático para facernos reflexionar sobre o mundo no que queremos vivir e que nos gustaría que os nosos fillos herdasen.

REFERENCIAS:

1. Chen, R., De Sherbinin, A., Ye, C., Shi, G. 2014. «China’s Soil Pollution: Farms on the Frontline». Science 344, 691.

2. Guo, J.H., Liu, X.J., Zhang, Y., Shen, J.L., Han, W.X., Zhang, W.F., Christie, P., Goulding, K.W.T., Vitousek, P.M., Zhang, F.S., 2010. «Significant Acidification in Major Chinese Croplands». Science 327, 1008-1010.

3. Liu, X., Zhang, Y., Han, W., Tang, A., Shen, J., Cui, Z., Vitousek, P., Erisman, J.W., Goulding, K., Christie, P., Fangmeier, A., Zhang, F., 2013. «Enhanced nitrogen deposition over China». Nature 494, 459-462.

4. Norton, G.J., Williams, P.N., Adomako, E.E., Price, A.H., Zhu, Y., Zhao, F.-J., McGrath, S., Deacon, C.M., Villada, A., Sommella, A., Lu, Y., Ming, L., De Silva, P.M.C.S., Brammer, H., Dasgupta, T., Islam, M.R., Meharg, A.A., 2014. «Lead in rice: Analysis of baseline lead levels in market and field collected rice grains». Science of the Total Environment 485–486, 428-434.

5. Lassaletta, L., Billen, G., Grizzetti, B., Garnier, J., Leach, A.M., Galloway, J.N., 2014. «Food and feed trade as a driver in the global nitrogen cycle: 50-year trends». Biogeochemistry 118, 225-241.

6. Hvistendahl, M., 2014. «While emerging economies boom, equality goes bust». Science 344, 832-835.

 

Fonte: http://globalizate.org/getArticle?authors=Louis+Lasalle&date=2014-05-24&title=El+precio+del+crecimiento%3A+el+caso+de+China


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!