Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
O rexurdimento do fascismo en España / Vincenç Navarro - ECOAR))) | ECOAR)))
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

O rexurdimento do fascismo en España / Vincenç Navarro

12/12/2013
By

Un dos mitos que promoveu a estrutura de poder centrado no estado español é que a ditadura que existiu en España desde 1939 a 1978 foi un réxime autoritario pero non totalitario, distinción desenvolvida polo politicólogo Juan Linz, que tivo unha grande influencia na cultura politicolóxica do mundo académico español, desde onde se estendeu aos establishments políticos e mediáticos do país. Este autor dividiu os réximes ditatoriais en réximes totalitarios, que promovían unha ideoloxía totalizadora que intentaba cambiar a sociedade e os individuos que vivían nela, tal como –segundo Linz– o facían os réximes comunistas, e en réximes autoritarios, que eran réximes que utilizaban o poder do estado para defender unha estrutura de poder mediante medios autoritarios, non democráticos, pero sen intentar cambiar a sociedade, carecendo dunha ideoloxía que a cohesionase e que intentase cambiala. Segundo Linz, un exemplo disto foi o réxime liderado polo Xeneral Franco. Nin que dicir ten que os defensores e apoloxistas do réxime ditatorial español promoveron esta versión do que foi aquela ditadura, negando o seu carácter totalitario, portador e promotor de ideoloxías totalizadoras.

Atopo esta versión do que foi a ditadura profundamente apoloxética e propagandística, carente de credibilidade científica. É importante sinalar que España é un dos poucos países nos que se coñece aquela ditadura co nome de ditadura franquista. Na maioría de países democráticos esa ditadura, porén, coñecíase e definíase como fascista. Cando, por exemplo, o Sr. Samaranch foi a Atlanta, EUA, para preparar os Xogos Olímpicos naquela cidade, The New York Times referiuse a el como “o delegado de deportes do réxime fascista liderado polo Xeneral Franco”.

O termo franquista, utilizado en España, leva consigo a asunción de que aquela ditadura foi un réxime caudillista, é dicir, un réxime liderado por un caudillo cuxo obxectivo era manter a orde social do país, o que o facía utilizando medios autoritarios. Neste esquema, desaparecido o ditador, desaparece a ditadura. Agora ben, o réxime era moito máis que caudillista. A ideoloxía que sostiña aquela ditadura era unha ideoloxía totalizadora, que se reproducía predominantemente a través do estado e que sobreviviu ao ditador e á ditadura. Esta ideoloxía foi o nacional-catolicismo, promovido polos aparatos ideolóxicos do estado, que afectaba a totalidade da sociedade e os individuos que vivían nela, invadindo incluso as esferas máis íntimas da personalidade dos españois, que incluían desde o comportamento sexual, o idioma e cultura mediante os que o individuo debía expresarse. O réxime impoñía toda unha serie de normas de comportamento e de pensamento. En realidade, foi un dos réximes cunha ideoloxía máis totalizadora que existiron en Europa.

O nacionalismo españolista era un nacionalismo extremo, de carácter racista (o día nacional chamábase o día da raza), sumamente excluínte, que estaba baseado nunha visión imperial do Reino de España e cunha concepción radial do estado, centrado en Madrid, a capital do Reino. España era a única nación do país e a máis antiga da Europa e tiña unha misión civilizadora. Outras concepcións de España eran reprimidas e eliminadas, definíndoas como anti España. Este nacionalismo españolista estaba intrinsecamente ligado ao catolicismo clerical xerárquico español, que era parte do Estado español. Non é que a Igrexa apoiase a ditadura; a Igrexa foi un compoñente claro da ditadura, feito que a xerarquía católica aínda hoxe nega a pesares da enorme evidencia do contrario. Os sacerdotes estaban pagados polo Estado e o ditador nomeaba os seus bispos. A hipocrisía da Igrexa, negando esta realidade, acadaba niveis hiperbólicos.

Os aparatos apoloxéticos do Estado –incluso agora, os existentes na chamada época democrática– negaron as características daquel estado, sendo a máxima expresión deste aparato o Dicionario Biográfico Español promovido por nada menos que a Real Academia da Historia, que une á súa ausencia de rigor científico unha desvergoña antidemocrática. Un gran número dos seus capítulos só poden definirse como meros panfletos ultradereitistas que en moitos países democráticos estarían prohibidos ou serían amplamente rexeitados.

Aínda que estes volumes acadaban niveis extremos de reprodución desa visión nacional-católica españolista, o feito é que esa ideoloxía impregna grandes sectores da sociedade española. Corenta anos de ditadura, seguidos de trinta e cinco anos dunha democracia enormemente limitada e supervisada pola Monarquía e polo Exército, imposibilitaron o cambio profundo desta ideoloxía, que a dereita española (que, no abano de opcións políticas europeo, encaixa na ultradereita) e personalidades da socialdemocracia española como José Bono e compañía (entre outros) sosteñen.

Declaracións recentes de dirixentes españolistas reproducen esta ideoloxía. Exemplos: O Sr. Aznar sostén que “España é a nación máis antiga de Europa”, o cardeal Rouco que “cuestionar a unidade de España é inmoral”, o Sr. Bono que “a grandeza de España baséase na súa unidade” e un longo etcétera. Nestas declaracións, a unidade implica unha visión excluínte de España que non admite outro tipo de Estado plurinacional que non sexa o actual mononacional.

Esta visión está alcanzando un nivel asfixiante coas medidas represivas que o actual goberno do PP está impoñendo, como a de multar con 30.000 euros ao que un policía –a maioría de mentalidade de dereitas– defina como un insulto a España, medida altamente represiva que recorda á ditadura. É o reavivamento do fascismo que nunca nos deixou.

Unha última observación. Este sistema totalizador reprodúcese tamén a través dos medios. Existe hoxe unha ditadura mediática –si, unha ditadura mediática– que non permite a diversidade ideolóxica que debería estar presente nunha democracia. Un exemplo disto é que este artigo non sería aceptado para a súa publicación en ningún dos cinco rotativos máis importantes de España. De aí que teña que pedirlle ao lector que, independentemente do seu acordo ou desacordo co seu contido, o distribúa amplamente, por mera coherencia coa súa sensibilidade democrática.

Tags:


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!