Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

Ogando presenta unha moción para que Bueu se declare “insubmiso” ó novo Tratado Transatlántico

17/07/2014
By

Ogando presenta unha moción para que Bueu se declare “insubmiso” ó novo Tratado Transatlántico

Insta a opoñerse a un acordo que se “está negociando ás costas da cidadanía” e dos parlamentos

ogando-presenta-2

Laura Ogando

A concelleira non adscrita do Concello de Bueu, Laura Ogando, acaba de presentar unha moción ó pleno para que o concello bueueiro amose a súa oposición e se declare “insubmiso” ó novo Tratado Trasatlántico de Comercio e Inversión (TTIP, nas súas siglas en inglés). A proposta preséntaa en nome de Anova Irmandade Nacionalista de Bueu e denuncia que Estados Unidos e a Unión Europea están negociando este novo marco de costas ós cidadáns e os representantes políticos elixidos nos distintos parlamentos nacionais e no europeo.

A moción de Ogando reclama que o concello se declare “insubmiso e oposto” ó TTIP e que defenda “os servizos públicos básicos para a solidariedade e redistribución social”; solicitar ó Ministerio de Administracións Públicas o seu apoio a tódalas iniciativas dirixidas a mante-lo carácter público “dos chamados servizos socialmente útiles”; instar ó Ministerio de Economía ás negociacións do TTIP e á Xunta a que se opoña ás negociacións deste tratado.

Desde Anova argumentan o seu rexeitamento a este novo marco porque pretende a liberalización total dos servizos públicos e abri-las portas ás empresas supranacionais para a prestación dos mesmos, así como ás mercas e licitacións de bens por parte das administracións públicas. Laura Ogando denuncia na moción presentada ó pleno que deste xeito “as leis do comercio priman sobre calquera outra consideración social e ignoran calquera lexislación continental, nacional, rexional ou local”. Ó mesmo tempo defende que é preciso amplia-lo debate “público e democrático” sobre as verdadeiras consecuencias da aprobación deste novo marco comercial entre Estados Unidos e a UE.

A moción xa foi presentada por Rexistro e será debatida no próximo pleno ordinario da corporación, que podería ser en agosto ou ben xa na primeira quincena de setembro.

Fonte:http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2014/07/17/ogando-presenta-mocion-bueu-declare/1059282.html


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!