Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
A opacidade do TTIP - ECOAR))) | ECOAR)))
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

A opacidade do TTIP

13/02/2015
By

A opacidade do TTIP

A UE debe abandona-lo seu segredo sobre o tratado con EEUU que afectará á vida de millóns de persoas

A opacidade coa que a Unión Europea está negociando con EEUU un tratado comercial de grande ambición desatou a alarma en moitos sectores e países. Cando se aproxima a que debería se-la última rolda negociadora que permita aprobar este ano o Tratado Transatlántico de Comercio e Inversións (TTIP polas súas siglas en inglés) urxe facer un exercicio de claridade para que institucións e cidadáns teñan toda a información suficiente, tratándose dun pacto que vai a afecta-la vida cotiá en case tódolos detalles, desde a seguridade dos automóbiles ós fármacos, por exemplo. O TTIP, que comezou a negociarse3195ea43d5e81ba0ebab756e1b74f615c481d3f8 no 2013, aspira a crea-la zona de libre comercio máis importante do mundo e afectará a uns 800 millóns de consumidores. Con el deberían desaparece-las barreiras comerciais entre EEUU e os países da UE. Para EEUU, un país teoricamente librecambista, pero na práctica moi proteccionista da súa industria, o tratado significaría harmoniza-las barreiras normativas e reguladoras.

Os seus promotores anuncian un novo pulo da economía a ambos lados do Atlántico o que implicaría un aumento do PIB e a creación de varios centos de miles de postos de traballo. Se a música do tratado soa moi ben e máis aínda nestes intres de crise, a letra esperta tódalas suspicacias pola falla de transparencia habida nas roldas de negociacións. A opacidade foi tal que o mandato dos negociadores de Bruxelas mantívose en segredo ata hai escasos meses. E na campaña das últimas eleccións europeas, o que será un dos principais temas desta lexislatura apenas apareceu.

Un dos moitos aspectos preocupantes refírese a harmonización normativa. En Europa os dereitos e requisitos (de seguridade, laborais ou ambientais) son moito máis elevados que en EEUU e por iso existe o temor de que o TTIP comporte serias perdas para a cidadanía europea. O pasado nadal chegaron a Bruxelas máis dun millón de firmas recollidas en sete países de Unión pedindo que se detiveran as negociacións. En España o tema suscitou escaso interese. Por todo isto é preciso que a UE abandone o seu segredo. Os cidadáns temos dereito a saber que se está a negociar no noso nome.

Orixinal: http://www.elperiodico.com/es/noticias/opinion/opacidad-del-ttip-3826378


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!