A QUEN ESCOLLES NAS ELECCIÓNS?
O sistema político actual utiliza coma método de organización política a democracia representativa, a cal consiste en que o soberano (o pobo) cede a súa capacidade de gobernar (os políticos son quen toman as decisións). Así
pois a cidadanía perde a capacidade de elixir sobre a súa vida que pasa a mans das persoas que resultan escollidas na votación. Polo tanto, no sistema actual, a elección de representantes políticos supón unha perda da capaci-
dade de decisión para o individuo e, polo tanto, de liberdade.É un sistema interesado, posto que desta forma a clase política é quen de controlar dunha maneira máis efectiva os seus intereses, sexan estes ou non os do pobo.
COMO FUNCIONA O SISTEMA DE ELECCIÓNS?
Todo este sistema está regulado pola Lei Electoral 8/1985. O obxectivo último desta lei é impedir que a cidadanía teña capacidade operativa real de autoxestión mediante a posta en funcionamento de mecanismos que dificultan e impiden a súa participación na vida política. Os mecanismos deste tipo máis representativos son:
- a división do electorado en circunscricións (no caso galego as provincias) que fai que un mesmo voto non teña o mesmo valor nunha ou noutra circunscrición
- o albor electoral (porcentaxe mínima de votos que ten que acadar un partido para poder ter representación), que no resto do estado é do 3%, en Galicia establécese no 5%, polo cal as opcións de voto minoritarias quedan excluídas
- o sistema D´Hondtque no reparto de escanos favorece á opción de voto maioritaria, xera un sistema que conduce ao voto útil e ao bipartidismo.
QUÉ OPCIÓNS TES CO SISTEMA ACTUAL?
É importante que cada individuo manteña unha actitude activa e crítica perante a política e que, sexa cal sexa a opción que decida tomar, fágao con información e convicción. Ante unhas eleccións e coa actual lei electoral, a cidadanía ten as seguintes opcións:
- Abstención:consiste en non acudir ás urnas a votar. En consecuencia, non participas do proceso electoral. Hai que ter en conta que aínda que ti non escollas participar do proceso, o sistema seguirá a ter capacidade de acción sobre ti. É importante que saibas que esta pode ser unha opción máis de participación política, a renuncia a participar dun sistema co cal non se está de acordo.
- Voto nulo: Implica participación no proceso electoral dunha forma que a lei non acepta. Estes votos non computan para o resultado final das eleccións, pero si o fan coma participación. Nesta modalidade pode explicitarse o teu desacordo co sistema electoral.
- Voto en branco:A idea básica deste tipo de voto pode ser a de participar das eleccións para comunicar o descontento coa clase política. Porén, o sistema encárgase de boicotear esta opción mediante o sistema D’Hont e o albor elec-toral, pois o voto súmase ao total.
- Voto:Supón escoller unha listaxe electoral e manifestar o apoio a ela. É fundamental que se te decides a votar, o fagas con coñecemento e actitude crítica. O voto útil, por exemplo, só beneficia ao mesmo sistema que te esta impedindo ter unha opción válida á que apoiar.
QUE OPCIÓNS TES MÁIS ALÓ DO SISTEMA ACTUAL?
Aínda que o sistema dificulte o desenvolvemento da súa existencia, existen mecanismos para construír un proxecto de sociedade máis aló da política tradicional. O asociacionismoé un método que permite poder levar adiante de xeito efectivo calquera acción no medio. Ter unha idea e desenvolvela a través das diferentes formas asociativas pode chegar a ser un xeito máis efectivo de acadar os teus obxectivos. A iniciativa individualpode permitirte levar ao cabo os proxectos políticos que pensas que os partidos non han sacar adiante. Así mesmo, é importante recordar que a iniciativa individual pode aplicarse tamén a acción social, non é exclusiva do emprendedor capitalista, tal e como nos fai ver o sistema actual. A formación de plataformasque faciliten a posta en marcha de proxectos conxuntos tamén é unha forma de participación activa na sociedade a ter en conta.
QUE PODES FACER TI?
Non deixes que pensen por ti.