Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

Outubro: O Empobrecemento

26/11/2014
By

O Empobrecemento

“O discurso ideolóxico da globalización busca ocultar que ela vén fortalecendo a riqueza de uns/unhas pocxs e verticalizando a pobreza e a miseria de millóns. ” (Paulo Freire)

“Erradicar a pobreza non é un acto de caridade, é un acto de xustiza.” (Nelson Mandela)

 

Que é a probeza?

Condición socioeconómica dunha poboación que non ten acceso aos recursos para satisfacer as necesidades psíquicas e físicas básicas que permiten un nivel e unha calidade de vida axeitados (vivenda, alimentación, asistencia sanitaria, educación, acceso á auga,…)

 

Tipos de Pobreza

  • Pobreza absoluta: Aquela na que certas necesidades básicas vitais (alimentación, saúde,…) non poden ser acadadas en ningún caso.
  • Pobreza relativa: Aquela na que non se ten o nivel de ingresos necesarios para satisfacer todas ou parte desas necesidades básicas.
abajo la pobreza

Satirá contra o empobrecemento

 

Pobreza vs Emprobrecemento

A pobreza tense definido como un estado, circunstancia ou condición que xorde da incapacidade das persoas que a padecen. Esta concepción baséase na idea de que todas as persoas nacemos iguais e, polo tanto, temos as mesmas oportunidades. Así que quen non consegue o seu obxectivo é porque fracasa, porque non quere ou simplemente porque non está capacitadx. Esta concepción, reforzada sempre polos “valores” do capitalismo, implica que as persoas que viven en situación de pobreza son as únicas “culpables” da súa condición.

 

Fronte ao concepto pobreza, aparecería o concepto empobrecemento. O empobrecemento entende que ese estado no que as persoas son incapaces de satisfacer as necesidades básicas para ter un nivel e unha calidade de vida axeitados, non se debe tanto a factores relacionados coa persoa mesma senón a factores sociais, políticos e económicos que son os causantes do seu empobrecemento. Así pois enténdese que as persoas teñen responsabilidade da súa situación no particular, pero son factores externos a elas os “responsables” da súa condición. Falamos pois de persoas empobrecidas e non de persoas pobres.

 

Cales son as causas do empobrecemento?

O empobrecemento é causado fundamentalmente polos seguintes factores:

Capitalismo e globalización. A organización do sistema global actual entende que as empresas son quen marcan as normas polas que se rexen as sociedades e, polo tanto, as vidas das persoas. Así pois a mercantilización de todos os recursos, bens e servizos, sumado a unha concepción da vida na que do que se trata é de obter o maior beneficio económico posible, sen atender ás consecuencias que isto causa, fai que a riqueza mundial estea cada vez máis concentrada nunhas poucas persoas.

  • Menos do 1% da poboación mundial controla máis do 46% da riqueza mundial.
  • As 85 persoas máis ricas do mundo posúen o mesmo que as 3.500 millóns de persoas máis pobres.
  • 147 empresas controlan máis do 40% da economía global.

Falta de Educación. A falta de educación é un dos factores clave ligados á pobreza. A educación ten a cualidade de dotar ás persoas coas competencias que necesitan para mellorar os seus medios de vida, posibilitar a participación na toma de decisións e na equidade e proporcionar máis alternativas de emprego dentro da forza laboral na vida diaria.

  • 876 millóns de persoas son analfabetas (⅔ mulleres)
  • En 40 anos, nun país que ofrecera igualdade de oportunidades aumentaría o seu ingreso per cápita un 23%.1
  • Se todas as mulleres cursaran 1
    • educación primaria a mortandade infantil reduciríase en ⅔ (189.000 mulleres salvarían a vida cada ano).
    • educación secundaria a mortandade infantil reduciríase nun 50% (salvaríanse 3 millóns de vidas ao ano).

Desastres naturais. O consumo desmedido dos recursos naturais, a sobrepoboación, a lexilación laxa contra os desmáns contra o medioambiente, a urbanización ou a mala distribución demográfica fan que o territorio sexa máis vulnerable aos desastres da natureza. Esta situación implica un menos acceso aos recursos naturais, alimenticios e á auga, e polo tanto incrementa o nivel de pobreza das persoas que os padecen.

  • Máis do 90% das mortes a causa de desastres naturais ocorreron nos países pobres.2
  • 325 millóns de persoa empobrecidas en situación extrema vivirán nas zonas máis propensas aos desastres naturais en 2030. 3

Guerras e Violencia. As guerras, invasións e conflitos armados soen implicar a destrución dos medios produtivos e das infraestruturas, a alteración da economía, o comercio nacional e internacional, aumenta a desocupación, morren e enferman persoas en idade de traballar, arruínanse recursos naturais, pérdense profesionais porque emigran cara a outros lugares,… E a consecuencia final é a ruptura dos lazos sociais e a ausencia de acceso á alimentación, á auga e ás condicións de saúde, mínimos.

 

mundial-brasil-2014-1889954w620

Graffiti en protesta contra a Copa Mundial no Brasil

 

Cales son os datos globais de pobreza?

 

  • 2,800 millóns de persoas, (preto da metade da poboación     mundial) viven con menos de 2 dólares ao día. E máis de 1.000 millóns viven con menos de 1 dólar ao día.
  • O 20% da poboación mundial posúe o 90% das riquezas totais.
  • As mulleres gañan un 25% menos que os homes a competencias iguais.
  • O 80% dos refuxiados son mulleres e nenxs.
  • 1 nenx de cada 5 non ten acceso á educación primaria.
  • 876 millóns de adultxs son analfabetxs, dxs cales 2/3 son mulleres.
  • 30.000 nenxs menores de 5 anos morren de enfermidades que puidesen     ser evitadas cada día.
  • Nos países en desenvolvemento, 1 de cada 10 nenxs non cumprirá os 5 anos.
  • Máis de 500.000 mulleres morren cada ano durante o embarazo ou no parto.
  • Hoxe en día, 42 millóns de persoas viven co virus da SIDA (39 millóns en países en desenvolvemento). O VIH/sida é a principal     causa de falecemento en África subsahariana.
  • Máis de 1.000 millóns de persoas non teñen acceso a auga potable. En África subsahariana, preto da metade da poboación non ten acceso.
  • 2.400 millóns de persoas están privadas de instalacións sanitarias satisfactorias.
  • En África subsahariana, unha persoa de cada tres sofre fame crónica.

 

E ti que podes facer?

As persoas e pobos empobrecidos teñen unha casuística complexa que debemos comprender para darlle solución. Infórmate e informa ás persoas que te rodean sobre as causas e as consecuencias das situacións do empobrecemento. Pula por atallar ou reducir a través da túa actuación o teu impacto sobre o empobrecemento doutras persoas e pobos (consumo responsable,…). Participa nas diferentes campañas, iniciativas e accións que pulan pola  súa fin. Actúa en organizacións e colectivos que busquen erradicar este mal endémico dende unha perpectiva de dignidade, xustiza e colaboración, que ao mesmo tempo se afasten da caridade.

 

Fontes:

1.http://www.unesco.org/new/es/media-services/in-focus-articles/new-unesco-data-proves-education-transforms-development/

2.http://www.unfpa.org/swp/2007/spanish/chapter_5/poverty.html

3.http://www.eldiario.es/desalambre/desastres_naturales-pobreza-cambio_climatico_0_197730576.html


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!