Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
¿Que é a converxencia reguladora no TTIP? / Juan Hernández e Pedro Ramiro - ECOAR))) | ECOAR)))
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

¿Que é a converxencia reguladora no TTIP? / Juan Hernández e Pedro Ramiro

01/03/2015
By

¿Que é a converxencia reguladora no TTIP?

regulatory-cooperation-body-661x300-350x248Este venres remata en Bruxelas o oitava rolda de negociacións do Tratado Transatlántico de Comercio e Inversións entre a Unión Europea e Estados Unidos (TTIP). Tentando dar máis transparencia a un proceso que recibiu moitas críticas pola súa opacidade e adiando ata a primavera un dos puntos máis polémicos do acordo, a inclusión dun mecanismo de solución de controversias inversor-Estado, os negociadores de ambas partes anotaron na súa axenda unha cuestión central a tratar esta semana: a converxencia reguladora.

Por: Juan Hernández Zubizarreta e Pedro Ramiro*

No marco da campaña de mobilización contra o TTIP, foi denunciada ante a opinión pública a creación duns tribunais arbitrais que permitirían ás empresas transnacionais denunciar ós Estados cando algún dos seus “dereitos” fora vulnerado –o 97% da cidadanía europea xa manifestou, a través dunha consulta pública, que está en contra de establecer ese sistema de arbitraxe privado. Sen embargo, o mecanismo de converxencia reguladora non é tan coñecido. E, a pesar de que, como se recolle nun documento filtrado hai uns días, preséntase co fin de “facilita-lo comercio e a inversión de maneira que apoie os esforzos das partes para estimula-lo crecemento e o emprego”, a realidade é que pode ter efectos moi graves sobre a (des)regulación dos dereitos sociais.

Harmonización normativa: A converxencia reguladora describe un proceso de adaptación da normativa existente a ambos lados do Atlántico para asegurar que os bens producidos nun lado se poidan exportar ó outro sen requisitos adicionais especiais. Para iso, procédese á harmonización á baixa: aquelas normativas máis esixentes en dereitos fanse máis laxas. Se o control financeiro é máis estrito en EEUU, harmonízase tendo en conta a regulación europea; se a lexislación laboral é máis garantista na UE, aplícanse as normas estadounidenses que desregulan os dereitos dos traballadores e traballadoras. A técnica da harmonización á baixa é a regra que impera de facto no TTIP e estendese á normativa laboral, ambiental, social, fiscal, cultural, sanitaria… A idea é derogar toda regulamentación que sexa un obstáculo para o mercado.

Coherencia reguladora: a pesar de que no TTIP se invocan os dereitos humanos, o desenvolvemento sostible e os servizos públicos como valores esenciais fronte ó comercio, estes son tratados desde unha perspectiva retórica e carente de eficacia normativa; a súa regulación está vencellada a expresións do tipo “sempre que non comprometan as vantaxes derivadas do acordo”. A converxencia reguladora, ademais, afecta a tódalas administracións públicas (locais, autonómicas e centrais); á lexislación básica, á execución da mesma e ós actos delegados. E a coherencia reguladora implica tamén que calquera estudo de impacto ambiental ou social non debe establecer máis “rigor do estritamente necesario”, isto é, debe ser coherente cos dereitos das “partes interesadas”; dito doutro modo, cos intereses das corporacións transnacionais.

Harmonización por fases e sectores: O TTIP non pode desenvolver unha harmonización total e absoluta de tódolos sectores e nun único prazo. Por iso, confeccionarase por fases e de acordo cos procedementos establecidos no tratado, como o recoñecemento mutuo dos reguladores e do Congreso de Cooperación Reguladora. É dicir, a harmonización á baixa das normas sociais, alimentarias, financeiras, de produtos químicos… realizarase en función dos intereses -en moitos casos, contraditorios- dos Estados, dos sectores produtivos e das empresas transnacionais. E, sobre todo, do grao no que se atopen as mobilizacións sociais: a máis protestas, menor harmonización total e inmediata. Iso si, o propio tratado prevé a súa posible incorporación ó mesmo en datas posteriores e de acordo ós procedementos establecidos en torno ó Consello de Cooperación Reguladora.

Consello de Cooperación Reguladora: a converxencia reguladora é tamén un proxecto a longo prazo: as diferencias que non se poidan solventar na mesa de negociacións ou que provoquen mobilizacións sociais en contra poderán someterse a procedementos con vocación de futuro. Porque, de feito, o TTIP é un acordo de longo alcance en continua interpretación creativa por parte de funcionarios e despachos de avogados ó servizo das corporacións transnacionais. Así, os asuntos máis difíciles de harmonizar vencéllanse a un sistema con escaso control democrático, regulado no TTIP e que unha vez ratificado porase en marcha de maneira automática. O organismo que supervisará todo o proceso de privatización das decisións será o Consello de Cooperación Reguladora, unha institución transnacional moi lonxe do control democrático e que actúa fora da lóxica parlamentaria: un poder “lexislativo” supranacional.

Falta de transparencia: Co TTIP, os procedementos de aprobación das leis desprázanse dos parlamentos ás reunións segredas entre tecnócratas e representantes das corporacións transnacionais; os proxectos de lei substitúense por documentos privados e o debate parlamentario por textos pechados sometidos, unicamente, a ratificación. Pero a mera publicación da información non é suficiente, debe someterse a mesma a procedementos democráticos: publica-lo texto consolidado, defini-lo que propoñen cada unha das partes, detalla-los puntos de desacordo e as propostas das corporacións transnacionais… Os documentos coñecidos ata hoxe do TTIP, ademais, manteñen a mesma lóxica xurídica que os textos normativos da Organización Mundial do Comercio (OMC), cunha confusión continua: defectos de redacción gramatical, disposicións vagas, cláusulas escuras e “refuxios” para fuxir das obrigas.

Mandato alternativo de comercio: Fronte o TTIP e os tratados comerciais que son a base da lex mercatoria, precisamos un novo modelo onde as persoas e o ambiente teñan prioridade sobre os beneficios e interese corporativos. O mandato de comercio alternativo establece pautas nesa dirección, co obxectivo de que os dereitos humanos, os dereitos das mulleres, os dereitos indíxenas, os dereitos laborais e a protección da natureza estean por enriba dos interese empresariais e privados. Á vez, estas propostas son complementarias doutras como o Tratado Internacional dos pobos para o control das empresas transnacionais: un tratado baseado na responsabilidade e a ética das xeracións presentes e futuras, así como na obriga de protexe-la Terra e os seus habitantes.

*Juan Hernández Zubizarreta é mestre da Universidade do País Vasco (UPV/EHU). Pedro Ramiro (@pramiro_) é coordinador do Observatorio de Multinacionais en América Latina (OMAL).

Fonte: http://noalttip.blogspot.com.es/2015/02/que-es-la-convergencia-reguladora-en-el.html


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!