Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

Rally Dakar rima con matar, avasalar e penetrar, ¡non te deixes cegar! /Mujeres Creando

08/05/2014
By

Rally Dakar rima con matar, avasalar e penetrar,

¡non te deixes cegar!

Queremos alza-la nosa voz de protesta, ante un goberno de mentalidade e accións colonizadas, que mediante o presidente Evo Morales xestionou o paso do DAKAR por territorio nacional, converténdose en cómplice dun evento impulsado por empresas automobilísticas, petroleiras, transnacionais poderosas e entidades bancarias. Que co pretexto de que esta competencia é “a porta para que Bolivia se proxecte ó mundo” enganaron á poboación boliviana.

Esta imposición chegou a toca-las portas dos e das comunitarias dicíndolles que é unha oportunidade para mellora-las súas condicións de vida e que grazas ó Dakar terán auga e luz para vivir. ¿Acaso outorgar unha mellor condición de vida non é obrigación do Estado?

Neste últimos meses, entidades bancarias usureiras coma o Banco Sol e Mercantil están promovendo o famoso microcrédito para os e as comunitarias (ás que nunca se lles deu información sobre as consecuencias de paso desta competencia, nin se lles consultou se querían que pase polo seu territorio ou non) así eles e elas “aproveiten” para inverter en pequenos negocios, endebedándose ata o pescozo.

En Perú, Chile e Arxentina os gobernos manexaron ante a xente o mesmo discurso, pero os debedores non puideron nin recupera-lo importe do préstamo; xa que O RALLY DAKAR NON É UNHA ACTIVIDADE TURÍSTICA NIN ECONÓMICA PARA NINGÚN PAÍS. As caravanas son autónomas e levan desde a comida ata o combustible. E o maior aporte do público visitante está contabilizado en cantidades, pero de lixo.

¿Por que rexeitamo-lo Dakar?

Expresamo-lo noso rexeitamento, porque é unha competencia machista, elitista, clasista, colonialista, depredadora e devastadora.

Porque quen se beneficiará deste engano non seremo-los bolivianos e bolivianas, senón as empresas promotoras do evento e os grandes empresarios locais.

Porque sobre todo as comunitarias e artesás da zona converteranse en debedoras e cargarán no seu lombo o peso do pagamento dunha débeda case imposta.

Porque esta competencia non respectará o “tramo” como queren facernos crer e devastará a flora e fauna endémicas e a riqueza arqueolóxica dun valor incalculable.

Porque na historia da competencia, invadíronse países considerados terceiromundistas como Suráfrica e agora Sudamérica, insistindo unha vez máis en que nos consideran o patio traseiro do mundo, onde todo se pode facer.

Esta competencia tratouse como unha prioridade nacional, nela invertéronse 2,6 millóns de dólares. ¿Por que non se inverteu esta cantidade en mellora-las condicións de vida das comunidades, por exemplo outorgándolles servizos básicos, saúde e educación?

Minimamente esíxese a implementación dun Estudo de avaliación de impacto ambiental que defina a viabilidade do proxecto; que sexa realizado con seriedade e responsabilidade e que vaia máis alá da ficha medioambiental que tanto pregoan.

Tod@s debemos ser conscientes da destrución, segregación, subordinación e colonización que representa este evento, e por iso comprometernos a loitar para QUE NON SE LEVE A CABO POLO NOSO TERRITORIO.

AS CIFRAS” DO RALLY DAKAR EN SUDAMÉRICA

– Desde o 2009 contabilizáronse máis de 200 sitios arqueolóxicos afectados e destruídos en Chile.

– Destrución irremediable dos xeróglifos do Norte Grande Chileno.

– 5 accións legais por destrución de patrimonio en Atacama e Coquimbo (Chile).

– 1 recurso de protección levado adiante polo Colexio de Arqueólogos de Chile e a Fundación Patrimonio Nuestro para evita-la realización do rally Dakar 2014 en territorio chileno.

– 1 denuncia do Museo de Paleontoloxía de Lima (Perú) por dano irreparable no maior cemiterio do mundo de fósiles do Mioceno.

– 1 denuncia por contaminación do deserto de Ica (Perú) no que se deixaron toneladas de !!br0ken!!

– 6 persoas atropeladas en Arxentina, varias máis en Perú.

– 1 denuncia penal contra sete gobernos provinciais e o goberno arxentino por non facer seguimento ás avaliacións de impacto, nin realiza-las audiencias públicas para autorizar ou non o paso do Rally Dakar.

– Infinidade de denuncias e manifestacións das comunidades indíxenas dos vales de Calchaquí (Tucumán) e os poboadores de Salta en contra do evento catalogándoo de non grato e sobre todo non invitado.

Fonte: http://www.mujerescreando.org/pag/articulos/2014/01-12-2014-dakar.html


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!