Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Trámites para a realización dunha manifestación (ou concentración), e outros aspectos legais das mesmas - ECOAR))) | ECOAR)))
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

Trámites para a realización dunha manifestación (ou concentración), e outros aspectos legais das mesmas

21/12/2012
By

DEREITO DE REUNIÓN (E MANIFESTACIÓN).

O Artigo 21 da Consitución Española recoñece o dereito de “reunión pacífica e sen armas”, e sinala que “este dereito non precisará de autorización previa”. Non obstante, o segundo apartado, especifícase que “Nos casos de reunións en lugares públicos e manifestacións darasecomunicación previa á autoridade, que tan só poderá prohibilas cando existan razóns fundadas de alteración da orde pública, ou perigo para as persoas ou bens”.

Así pois, na práctica manifestacións e concentracións (en espazo público) precisan dunha tramitación e o seu desenrolo está regulado pola Lei.

Trátase da Lei Orgánica 9/1983, de 15 de Xullo, reguladora do Dereito de Reunión, que especifica (Art. 1.) que entende como reunión: “a concurrencia concertada e temporal de máis de 20 persoas, con finalidade determinada” en espazo público. Excluíndo (Art.2) as reunións domésticas, as informais en espazo público, as de colectivos organizados e as de carácter comercial en espacios fechados.

PRAZOS, LUGARES E FÓRMULAS PARA A “COMUNICACIÓN” DUNHA MANIFESTACIÓN OU CONCENTRACIÓN.

O Artigo 8 desta Lei 9/1983 di que a comunicación farase por escrito, e deberá presentarse “a autoridade gubernativa correspondente polos organizadores o promotores de aquelas, cunha antelación de dez naturais, como mínimo e trinta como máximo. Se se tratase de persoas xurídicas a comunicación deberá facerse por un representante”.

No caso de que “existan causas extraordinarias e graves que xustifiquen a urxencia de convocatoria” a antelación mínima será de vintecatro horas.

A “autoridade gubernativa correspondente” é, no noso caso, a Subdelegación do Goberno de Pontevedra (Praza de España s/n 36002 – PONTEVEDRA. Fax 986 989 232 ). O escrito, para ter valor legal, deberá ser presentado por duplicado nunha oficina de rexistro oficial ou mediante burofax en Correos (certificado e acuse de recibo custa uns 24 €). Hai oficinas de rexistro oficial na mesma Subdelegación do Goberno de Pontevedra, nas diferentes dependencias do Estado Central en Vigo (por exemplo Traballo e Inmigración en Canovas del Castillo 18) e nas Delegacións Territoriais da Xunta (en Vigo, en Concepción Areal 8)

No Artigo 9 especifícase que o escrito debe incluir:

  1. Nome, apelidos, domicilio e DNI dos/as organizadores/as. No caso de asociacións deberán indicarse tanto a denominación e domicilio déstas como aqueles datos da persoa que a represente.

  2. Lugar (itinerario se o houbese), data, hora e duración prevista.

  3. Obxeto (razóns, peticións,…) da concentración/manifestación.

  4. Medidas de seguridade previstas polos organizadores, ou as que se soliciten da autoridade gubernativa”.

Non é preciso informar directamente ao Concello, diso encárgase a “autoridade gubernativa”.

Unha vez presentada a comunicación, ábrese un prazo de 72 horas para que o Subdelegación do Goberno poida contestarnos cunha “resolución” na que prohiba ou propoña modificar o lugar, itinirerio, data, hora e duración da manifestación. A Subdelegación do Goberno so poderá facer isto se hai “razóns fundadas de que poidan producirse alteracións da orde pública, con perigo para persoas ou bens”. No caso de que non estemos conformes cunha resolución, poderemos recurrir nos xulgados.

RESPONSABILIDADES E LIMITACIÓNS.

Os/as organizadores/as das reunións e manifestacións serán responsables do “bo orde” da mesma, poñendo eles, ou pedindo ao goberno, as medidas necesarias (Art. 4).

E así, ainda que “os participantes en reunións ou manifestacións, que causen un daño a terceiros, responderán directamente de el”, as persoas ou asociacións organizadoras tamén o serán responsables “subsidiariamente” (a menos que fixeran todo o “razoable e ao seu alcance” para evitar tales danos).

So as persoas en “pleno exercicio dos seus dereitos civís” poderán convocar e promover estas reunións.

Outra causa para suspender ou disolver unha manifestación será o “”uso de uniformes paramilitares”.

Se se montarse calquer tipo de infraestructura (palco, mesa, tenderete, …), en teoría hai que pedir ao Concello un “permiso de ocupación de vía pública”, e incluso pagar unhas taxas no caso de por algo a venda. Na práctica (polo menos en Vigo) isto non se aplica as megafonías das concentracións e manifestacións.

 

EXEMPLO DE ESCRITO PARA A COMUNICACIÓN DUNHA MANIFESTACIÓN.

Excmo. Sr. Subdelegado do Goberno de Pontevedra.

As persoas abaixo firmante, con domicilio a efectos de notificación na sede da “Asociación Cada Día Somos Máis”, Rúa de Arriba nº 1, 36000 de Vigo, Fax 986986986, e Tfno 986986988.

EXPOMOS

1º) Convocatoria. Por medio do presente comunicamoslle a Convocatoria de Manifestación para o día 1 de Xaneiro de 2013 ás 13:00, a que calculamos que asistirán unhas 20.000 persoas.

2º) Itinerario. A manifestación comezará concentrando aos participantes ás 13:00hrs na Praza de España, para sair baixando por Gran Vía direción Urzaiz, Colón ata finalizar na Praza da Estrela sobre ás 14:30 hrs, onde se leerá un breve manifesto.

3º) Medidas de Control. Co fin de garantizar o máis normal desenrolo, a manifestación estará encabezada pola Xunta Directiva da Asociación “Cada día Somos Máis”, quenes contarán cun sistema de megafonía.

4º) Razóns. A manifestación débese á celebración de que cada día somos máis.

SOLICITAMOS

Que no exercicio dos dereitos recoñecidos no artígo 21 da Constitución Española e a Lei Orgánica 9/1983, teñase por comunicada en tempo e forma a convocatoria de manifestación nos térmos expresados, e se a súa Autoridade o considera pertinente, se adopten as medidas de seguridade apropiadas en prevención de posibles incidentes coas persoas e vehículos alleos á manifestación.

Vigo a 8 de Decembro de 2012.

Menganita de Zutano y Mengana, DNI XXXXXXXX

Presidenta da Asociación “Cada día somos máis”

(SINATURA)

 

Fulanito de Tal y Pascual, DNI XXXXXXXX

Voceiro da Asociación “Cada día somos máis”

(SINATURA)

Tags:


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!