Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Tratado USA – UE. Cuestións prácticas que mudará da nosa vida /Adrián Dios - ECOAR))) | ECOAR)))
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

Tratado USA – UE. Cuestións prácticas que mudará da nosa vida /Adrián Dios

11/12/2014
By

Tratado USA – UE. Cuestións prácticas que mudará da nosa vida

Adrián Dios

 

3195ea43d5e81ba0ebab756e1b74f615c481d3f8Aproveitando a apertura da seguinte rolda de negociacións do Acordo Transatlántico de Comercio e Investimentos (TTIP) nestes días, e despois dunha pequena análise sobre o contido do tratado, toca desta volta ver algunha cuestión práctica que mudará nas nosas vidas o TTIP.

Que imos comer?

O TTIP levaría a limitar o principio de prudencia que existe na Unión Europea sobre os transxénicos. Isto significa que se abrirían ao comercio produtos que na actualidade están prohibidos na UE por falta de garantías alimentarias. Do mesmo xeito, retiraríase a información dos produtos legais mais que foron modificados xeneticamente. Algún exemplo pode ser o polo lavado con cloro (que chega directamente á persoa consumidora) ou o porco tratado hormonalmente.

Esta situación provoca outro problema: a entrada masiva destes produtos faría competir as nosas explotacións coas estadounidenses, máis intensivas e con menores custos sanitarios. Por tanto, moitas das nosas explotacións desaparecerían, o emprego agrario precarizaríase e comeriamos produtos menos seguros.

A auga da nosa casa poderá arder.

A presunta “harmonización” na política medioambiental terá consecuencias moi negativas na Unión Europea, a propia Comisión recoñece que haberá incremento de emisións e polución. Un exemplo das implicación medioambientais é que a UE aceptaría o fracking (fractura hidráulica) para a extracción de gas.

Entre outros efectos, a auga da túa casa podería arder se hai unha mala filtración dos pozos.

Do mesmo xeito, a regulación europea é máis dura en materia de produción de químicos, polo que as súas mudanzas poden introducir produtos que afecten directamente á vida das persoas provocando cancro, infertilidade ou obesidade.

Crear emprego? Seguro?

A Comisión Europea calculou un crecemento económico para USA e a UE de menos do 0,1% anual até o 2027 (é dicir, unha cifra ridícula). Ao mesmo tempo, calcula un incremento do emprego que no Estado sumaría unhas 150.000 persoas até esta data.

Non hai sustento teórico e histórico a esta afirmación. Vexamos un exemplo: ao asinarse o NAFTA (tratado entre Canadá, Estados Unidos e México) prometéranse 20 millóns de novos postos de traballo só en USA. O resultado foi a destrución de máis dun millón.

É unha falacia falar de mobilidade laboral, un acordo deste estilo promove a mobilidade do capital, mais a forza de traballo ten moitos máis problemas para recolocarse ao perder un emprego. Por tanto, non se vai crear emprego, vaise destruír. Só hai que ver o Comisario de Comercio sen ter nin idea do que vai supoñer.

Canta máis precariedade, mellor.

A negociación con base no mínimo común denominador vai equiparar a regulación laboral europea á estadounidense. Isto significa que se establecerán límites ao dereito a sindicalización e primarase unha redución á baixa de salarios. Os convenios colectivos serán limitados e múltiples dereitos laborais desaparecerán.

Servizos públicos, para que? Mellor pagar para ir ao médico.

Nun contexto como o actual, as empresas transnacionais ven como unha necesidade introducirse neste tipo de sectores para poder obter de novo beneficios. Especialmente sanidade e educación están no punto de mira. As súas alternativas pasan pola privatización das áreas de xestión clínica ou a laboralización do persoal traballador, diminuíndo a calidade dos servizos e empregando os fondos públicos para financiar as transnacionais.

Do mesmo xeito, afectará á contratación pública para limitar a capacidade dos organismos públicos de fomentar o tecido produtivo local. Así, crearase o espazo perfecto para que sexan precisamente as transnacionais as que entren nestes mercados facendo desaparecer os produtores locais.

Que produzan outros.

Un acordo comercial deste estilo para diminuír as barreiras provoca automaticamente un efecto de concentración de capital. A periferia vese sometida ao desmantelamento dos seus sectores produtivos e á precarización na súa posición na cadea de valor.

Neste escenario, que casualidade que a propia Comisión Europea calcula que un dos sectores máis afectados na Unión Europea será o do automóbil, un sector básico do tecido industrial en Galiza.

Por tanto, un acordo deste estilo subordinaría aínda máis a nosa economía.

Control de Internet. E control das nosas vidas.

Os Dereitos de Propiedade Intelectual están tamén no debate. A regulación estadounidense é moito máis laxa que a europea en materia de privacidade, polo que con esta reforma as grandes empresas terán un maior acceso á información das persoas consumidoras, debilitando a nosa situación en materia de protección de datos.

Por outra banda, volveríanse a poñer sobre a mesa propostas sobre dereitos de autor, criminalizando (aínda máis) as persoas usuarias que compartan información.

Secuestro de soberanía

Un dos elementos máis sangrantes do TTIP é a cláusula de Resolución de Conflitos Investidor – Estado (ISDS). A proposta é a creación de tribunais supranacionais non subordinados ao poder xudicial estatal para protexer beneficios empresariais futuros. Este mecanismo poderá ser empregado polas empresas ante os cambios regulatorios que promova un Estado e que prexudique á propia empresa.

É dicir, que ante un proceso de privatización, se un goberno desexa recuperar determinadas empresas poderá ser denunciado (pensemos na privatización da sanidade ou na remunicipalización de servizos). Ao mesmo tempo, calquera cambio regulatorio poderá ser tamén levado a estes tribunais (imaxinade que se regula o sistema financeiro para que non nos leven a unha nova crise, a banca podería denuncialo!).

Falta de Democracia

Un elemento chamativo da negociación do TTIP é o seu máis absoluto secretismo. A Comisión Europea non fixo público sequera cal é o mandato negociador, e moito menos os documentos oficiais polos que se rexen as negociacións.

Que curioso que a comisión negociadora da UE mantivese 130 xuntanzas sobre o tratado antes de setembro do 2013, das cales cando menos 119 foran con grandes empresas e grupos de presión.

Como é posible que a cidadanía non teña xa capacidade de decisión, senón tan sequera dereito á información? Os organismos que supostamente nos representan teñen que dar conta do que fan no noso nome.

Unha senadora dos Estados Unidos explicaba  que lle dicían membros da comisión negociadora: “Isto ten que ser segredo, porque se o pobo estadounidense sabe o que negociamos, oporíanse”. Non é preciso dicir máis.

Fonte: http://praza.gal/opinion/1958/tratado-usa-n-ue-cuestions-practicas-que-mudara-da-nosa-vida/


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!