Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

Tribunais privados para litixios entre empresas e estados

23/02/2015
By

Tribunais privados para litixios entre empresas e estados

MINERIA PROTESTAChámase ISDS (Investitor-State Dispute Settlement) e é a cláusula máis controvertida do TTIP. Establece que as multinacionais poden denuncia-los gobernos cando desenvolvan políticas contrarias ós seus intereses. Estes procesos serían xulgados por tribunais de arbitraxe privados á marxe da xustiza dos distintos países. Francia e Alemaña declararon que non asinarán o TTIP se se ratifica a cláusula ISDS porque consideran que constitúe unha perda de soberanía que socavaría as súas leis nacionais. Expertos favorables afirman que se trata dun xeito de resolver conflitos que xa está en vigor. “Creo que se esaxerou o problema” declara Francesc Granell, catedrático de Dereito e Economía Internacional da UB. “Hoxe en día xa hai proteccións de inversións fora da xustiza dos estados, de feito a cámara de comercio internacional xa ten un tribunal de arbitraxe onde o estado e a multinacional poden dirimi-los problemas pendentes”.

Hai varios casos nos que as multinacionais se enfrontaron ós estados en tribunais de arbitraxe. España foi escenario da disputa coa empresa Barcelona Traction, financiada por inversores de Bélxica. Fronte ás dificultades de operar en España, os accionistas demandaron ó Goberno nun tribunal internacional, pero perderon a causa. Outro final tivo a disputa da empresa sueca Vattenfall en Alemaña, que demandou dúas voltas ó Goberno xermano: a primeira para pedir indemnizacións por restricións ambientais e a segunda despois do apagón nuclear decretado tra-la catástrofe de Fukushima, que fixo perder ganancias a Vattenfall.

Orixinal: http://www.elperiodico.com/es/noticias/economia/tribunales-privados-para-litigios-entre-empresas-estados-3826265


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!