Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
“Unha renda básica para a cidadanía acabaría coa pobreza e sacarianos da crise" - ECOAR))) | ECOAR)))
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

“Unha renda básica para a cidadanía acabaría coa pobreza e sacarianos da crise”

17/02/2014
By

Entrevista

Daniel Raventós

Daniel Raventós (Barcelona, 1958), profesor de Economía e Empresa da Universidade de Barcelona, é un dos maiores expertos en renda básica que hai en España. Como presidente da asociación Rede Renda Básica, hai anos que defende a idea de que calquera cidadán, só por selo, ten todo o dereito do mundo a percibir un soldo – “unha asignaciónmonetaria incondicional”, como el o chama-. De entrada a idea pode parecer desatinada, pero Raventós cre que esta retribución é perfectamente posible. Cre nela e leva a defendela desde hai máis de 13 anos, tantos como os que leva celebrando o Simposio da Renda Básica, un encontro anual no que economistas, sociólogos e politólogos reflexionan sobre a viabilidade deste concepto.

Este ano o XIII Simposio celébrase en San Sebastián. A asociación Rede Renda Básica, organizadora do evento, presenta como principais novidades un estudo práctico para financiar unha renda básica en Guipúscoa e unha versión actualizada doutro caso práctico que xa presentou sobre Catalunya. Ambos estudos amosan que esa renda básica, a pesar de que como recoñece Raventós, “non está moi estendida entre a cidadanía”, é unha opción a ter moi en conta no futuro como alternativa ás actuais políticas neoliberais que nos conduciron á crise. Orge Otero entrevistouno para Público.

Que é a renda básica?

A renda básica é unha asignación monetaria incondicional. Iso quere dicir que a diferencia dos subsidios máis ou menos xeneralizados no Estado de benestar non hai que cumprir unha condición previa como ser pobre ou estar no paro para percibila: nun Estado con renda básica unha persoa non necesitaría ningunha condición máis aló que a de ser cidadán ou residente acreditado, independentemente de que traballe ou non.

Emilio Botín, presidente do Banco Santander, tamén recibiría a renda básica?

Desde o punto de vista contable non hai ningún tipo de dúbida. Pero Botín debería pagar moito máis do que paga agora en impostos para que a renda básica puidese financiarse.

Como se podería financiar? É viable economicamente?

Abofé. Na asociación Rede Renda Básica elaboramos estudos prácticos que así o demostran. De entrada, a xente adoita pensar que se a cobra todo o mundo, o rico e o pobre, a renda básica non se podería pagar. A xente fai o cálculo, ben intencionado pero erróneo, de multiplicar a renda básica polo número de habitantes dun país. Pero non é así. Nós fixemos unha simulación con datos fiscais de Catalunya e segundo os nosos cálculos, a través dunha profunda reforma do IRPF e a supresión de todas as subvencións e subsidios públicos cuxo montante final fose inferior, poderíase financiar unha renda básica en Catalunya para todos os adultos de 7.968 euros anuais e de 1.593 ao ano para os menores de 18 anos.

Como calcularon esa cifra?

Desde a asociación Rede Renda Básica, acedemos a máis de 200.000 declaracións do IRPF do ano 2010 en Catalunya, é dicir en plena crise. Utilizamos un programa de microsimulación e baseámonos case exclusivamente nunha reforma do IRPF que implicase un aumento da recadación. Tamén collemos algunha idea do sindicato dos Técnicos de Facenda (Gestha). A reforma fiscal sería imprescindible para ter unha renda básica.

Unha renda básica universal non favorecería aos máis ricos?

Non, para nada. Unha das cousas que máis nos interesaba do estudo en Catalunya era saber quen gañaba e quen perdía coa renda básica. Ben, pois o 70% da poboación, comezando polo máis pobre e subindo na escala de renda, saía gañando, é dicir, gañaba máis diñeiro. Un 10% da poboación, a máis, rica, saía perdendo, e entre un 15% e un 20% quedaba igual. O que gañaría completamente é aquel que non ten ingresos: pasaría de percibir cero a ingresar 7.968 euros ao ano. Poñamos exemplos prácticos: unha persoa recibe unha pensión de 500 euros ao mes. A renda básica que calculamos para Catalunya serían 664 euros ao mes. Quere isto dicir que esa persoa vai recibir os 500 euros da pensión máis os 663 euros da renda básica? Non, só vai recibir 150 euros máis porque as cantidades non se acumulan: os 500 euros quedan completamente suprimidos ao ser unha cantidade inferior á renda básica. Agora é ao contrario, en vez de 500 euros, unha persoa recibe 800 euros de pensión, unha cantidade superior. Que ocorrería? Pois quedaría igual.

Insisto, é xusto que a perciban tamén os ricos?

Poño outro exemplo: eu son profesor titular da Universidade de Barcelona e percibo un salario público. Para percibir a renda básica debería pagar máis impostos a partir do primeiro euro que gañase. Terían que descontarme máis no IRPF do que me descontan agora, pero tamén percibiría a renda básica. O que gaña 100.000 euros tamén tería que pagar máis no seu IRPF e quizais ingresase menos ao cabo do ano incluso contando coa renda básica.

Hai moitas críticas contra a renda básica, a máis estendida é que só serviría para manter a vagos.

Hai xente que critica o subsidio de desemprego porque din que desincentiva á hora de buscar traballo, pero esa crítica non serve para unha renda básica precisamente polo seu carácter de incondicionalidade. Imaxine un subsidio de desemprego indefinido que fose incompatible con ter un traballo. Seguramente o perceptor de dito subsidio non estaría moi motivado á hora de buscar traballo: sería un a cambio do outro. Pero coa renda básica non pasaría iso, porque unha renda básica por definición é acumulable, con moitos dos matices que dixemos de máis impostos, pero é acumulable a outras rendas. Cunha renda básica, por exemplo, a xente tería máis liberdade para buscar outro traballo que fose máis acorde coa súa formación e os seus gustos, e moitos mozos non se verían obrigados a aceptar condicións de traballo de miseria como ocorre agora. Isto entronca coa idea que algúns defensores da renda básica apoiamos desde hai tempo: que non soamente se trata dunha medida que podería acabar case dun golpe coa pobreza, senón que incrementaría a liberdade de boa parte da cidadanía.

Outra crítica moi recorrente é que a renda básica faría que moitas mulleres deixasen de traballar.

Nun principio houbo algunhas feministas que alertaron deste risco. Pero a renda básica é un instrumento de emancipación que outorga maior autonomía ás mulleres: é quen de garantir a existencia material de moitas mulleres que agora dependen do seu marido ou amante. Incluso algunhas feministas entran na idea de que vale, estar no fogar de forma voluntaria e deixar un mercado laboral que en moitos casos maltrata ás mulleres tampouco é un paso atrás na liberación da muller.

Que efectos positivos tería na sociedade a implantación da renda básica?

De entrada, reduciría moitísimo a desigualdade. Cuantificámolo. Segundo o noso estudo, Catalunya pasaría de ter un dos maiores índices de desigualdade de Europa a poñerse ao nivel de Noruega, o país máis avanzado de Europa nesa materia. O índice de Gini, que mide a desigualdade, reduciríase en 4,5 puntos. Pero hai outro efecto moi importante, que xa apuntei antes: se ti pos unha renda básica igual ao limiar da pobreza, acabas coa pobreza.

Coa renda básica sairíase da crise?

Por suposto. Habería que engadir a reforma fiscal que implicaría a renda básica e unha loitaimplacable contra o fraude fiscal. Habería que ter tamén un control efectivo da banca e que unha parte importante da mesma fose pública, sen esquecer a coordinación e control dos paraísos fiscais. Pero claro, isto parece a carta aos Reis Magos (risas).

Cre que algún día poderase implantar unha renda básica en España?

A renda básica require un amplo consenso social. A primeira condición é, por tanto, que sexa coñecida. Agora non o é. É preciso o apoio de xente suficientemente significativa desde un punto de vista social. Hai outro requirimento: que a idea da renda básica estea moi ben fundamentada e moi ben explicada. Unha das grandes dificultades que ten a renda básica é que se non se afonda un pouquiño é moi fácil de ridiculizar.

Suíza vai convocar un referendo para establecer unha renda básica de 2.000 euros ao mes a todos os seus cidadáns.

Así é. Eu non sei se a iniciativa triunfará, pero o que amosa esta convocatoria é que a renda básica é perfectamente factible. Non estamos falando dun país raro, estamos a falar de Suiza, un país normal. Non quixen dicilo antes porque despista á xente, pero a renda básica existe desde hai 26 ou 27 anos en Alaska (Estados Unidos). Está financiada dunha forma non pública, moi particular, en fin, pero nun país tan individualista como Estados Unidos as súas consecuencias foron tan positivas que ninguén, nin a mesmísima Sarah Palin cando foi gobernadora de Alaska atreveuse a suprimila. Logo hai experiencias parciais: en Ciudad de México, a cidade máis poboada do mundo, existe unha pensión básica universal para todos os maiores de 68 anos e os resultados despois de 10 anos foron tan positivos que ninguén, nin a dereita que estaba en contra nun comezo, quere suprimila.

Por que unha medida tan progresista non está máis presente nos medios?

Isto é como preguntar por que non se fai outro tipo de política económica. Polas razóns que mencionei antes, a política económica que se practica desde hai moitos anos, e especialmente coa crise, beneficia ao grupo máis rico da poboación. A renda básica sería unha medida que formaría parte doutra política que simplemente tivese como prioridade beneficiar á inmensa maioría da poboación e non estritamente aos ricos. Aínda que o está máis que hai sete ou oito anos, a renda básica é un concepto que aínda non está moi estendido entre os cidadáns. E non se trata de vontade, simplemente estase en contra desta política porque estase a practicar outra que beneficia aos poderosos.

Que novidades podemos agardar do simposio en San Sebastián?

O que de verdade é novidoso é o estudo da renda básica para Guipúscoa. A deputación foral pasounos os datos e puidemos facer a simulación. Tamén vanse discutir cousas relacionadas co feminismo: como podería axudar a renda básica a incrementar a liberdade da muller. Tamén os efectos da crise sobre a saúde pública e o pape que tería unha renda básica nesta situación. Presentaremos tamén unha versión actualizada do informe de Catalunya e un estudio sobre a redución de xornada laboral.

Daniel Raventós é membro do comité de redacción de Sin Permiso


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!