Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

Xaneiro: o Cárcere

30/04/2014
By

Que é o cárcere?

Institución onde se interna ás persoas sentenciadas a través do sistema xurídico a unha privación de liberdade, permanente ou temporal, por non cumprir as leis establecidas polo goberno.

Como xorde o cárcere?

Nun principio, o concepto cárcere referíase a un lugar de custodia, onde o presos esperaban coñecer ou ver executada a súa condena.

Non será ate a Inglaterra do século XVI cando a prisión se afianza como método para cumprir pena, como foron as Casas de corrección, onde se xuntaban presos xulgados, vagabundos e enfermos mentais, coa finalidade de ser un lugar de rehabilitación cara á sociedade.

A partir dese momento, as cárceres evolucionarán centrándose en dous alicerces: a represión dos elementos incómodos para a sociedade e a súa corrección, basculando de unha a outra segundo os estados decidían facer fincapé.

 

É un sistema útil?

En calquera caso, e aínda que se nos repite unha e outra vez que as cárceres son útiles e serven como lugares de reinserción, o certo é que nunca desenvolveron ese labor:

  • O sistema carcerario funciona coma o lugar onde recluír a todos aqueles que son “incómodos” a ollos da sociedade: pobres, enfermxs, disidentes políticxs,…
  • O sistema carcerario non funciona como un lugar de inserción social: 1/3 dxs presxs son reincidentes.
  • O sistema carcerario prima a seguridade e a represión aos dereitos das persoas: o Comité Europeo para a Prevención da Tortura e das Penas ou Tratos Inhumanos ou Degradantes denunciou os malos tratos recibidos por persoas en réxime de incomunicación e reiterou que despois de décadas segue sen resolverse o problema dos abusos da Garda Civil aos acusados de terrorismo.

 

Cales son os datos no Estado?

No estado español, que ocupa un dos últimos lugares no índice de criminalidade (un 4,94 delitos por cada 100.000 habitantes), é o que máis poboación reclusa ten (73.558 persoas presas, 156 cada 100.000 habitantes), é dicir, vivimos nun réxime que exerce unha importante represión sobre as persoas. Isto demóstrao tamén que o estado español ten 224.000 policías é dicir 4,86 policías por cada 1.000 habitantes (máis do dobre incluso que USA que ten un 2,29)¹.

Os cárceres albergan aquelas persoas que son “expulsadas” da sociedade (mocidade, migrantes, persoas con trastornos da personalidade, pobres,…), mentres xs presxs de clase alta teñen un sistema carcerario VIP. Algúns datos a ter en conta son:

  • 6 de cada 10 presxs son emigrantes (quen, ademais, non poden acceder a liberdade baixo fianza).
  • En 1990 había 33.058 presxs e en 2012 había 73.929.
  • Máis do 80% están condenados por delitos contra a propiedade ou tráfico de drogas, dato relacionado co nivel de pobreza.
  • Segundo Transparencia Internacional España é o segundo país onde máis aumentou a percepción da corrupción política, pero non houbo ningún ingreso en prisión. Ademais dende 1982 e 2011 houbo 148 indultos a políticxs.
  • Neste ano 2013 o goberno recibiu a censura da comunidade europea pola violencia policial descontrolada e o Comisario de Dereitos Humanos criticou os brutais recortes en materia de dereitos humanos, pero non hai ningunha persoa responsable detida.

 

Outras” formas do sistema penitenciario: CIE e Centros de Menores

  • Un caso á parte do sistema carcerario son os CIE (Centros de Internamento de Estranxeiros) que, a pesar de ser definidos coma “establecementos públicos de carácter non penitenciario”, son en realidade cárceres encubertos para o control dos migrantes e onde se vulneran os dereitos fundamentais das persoas, en moitos casos en peores condicións que nos cárceres ao uso.
  • Outro dos espazos que son unha extensión do sistema penitenciario son os Centros de menores. Nestes centros, segundo denunciou Amnistía Internacional no ano 2009, prodúcense ataques á intimidade, rexímenes disciplinarios, castigos corporais, illamento forzado, abusos sexuais, contencións físicas abusivas, contencións farmacolóxicas e outras violacións de dereitos humanos.

 

Qué podes facer ti?

Xustiza non quere dicir castigo! Exclusión social e criminalidade están relacionadas polo que a resposta non debe estar en aumentar a represión, senón en combater as causas da pobreza. O sistema penal debería de comtemplar alternativas á privación de liberdade, sobre todo para ese 80% de poboación reclusa que, baixo a presión dunhas duras condicións materiais, vese empurrada cara á comisión de delitos. Actívate! Participa en campañas, denuncia todos os abusos que coñezas, organízate en colectivos que defendan os dereitos das persoas dentro dos diferentes centros de privación de liberdade.

¹http://www.sup.es/sites/default/files/pdf/modelo_policial_siglo_xxi.pdf


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!