Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Xénero e traballo doméstico: tende España cara a igualdade? - ECOAR))) | ECOAR)))
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

Xénero e traballo doméstico: tende España cara a igualdade?

09/04/2016
By

Xénero e traballo doméstico: tende España cara a igualdade?

 

  • ¿Como inflúe en España a situación laboral das parellas sobre a división do traballo doméstico? ¿Cambiou esta desigualdade na última década?
  • Para transforma-la actual desigualdade de xénero non só precisamos outras políticas familiares e laborais, senón tamén un cambio radical nos roles de xénero.

España ten niveis de desigualdade de xénero no traballo doméstico moi superiores á media europea. Viamos aquí ques esta elevada desigualdade de xénero en España ten moito que ver coa baixa participación laboral feminina e coa insuficiente cobertura de políticas de conciliación laboral e familiar. Suxeriamos aquí que a inflexibilidade do horario laboral español, en moitos casos, leva ás mulleres a non participar no mercado laboral, reforzando a desigualdade de xénero doméstica. Agora ben, estes indicadores din menos sobre que ocorre cando homes e mulleres atópanse en situacións laborais parecidas. Isto nos leva a formularnos unha pregunta chave para entende-lo nivel de equidade de xénero en España: ¿Participan igual homes e mulleres no traballo doméstico cando teñen cargas de emprego similares?

Podemos esperar, en esencia, dous escenarios: o “simétrico” e o “asimétrico”. O escenario simétrico supón que tanto mulleres como homes son especialmente activos no traballo doméstico cando están en paro, respondendo á súa maior dispoñibilidade de tempo. Así mesmo, as parellas con dobre salario repartirían o traballo doméstico equitativamente, establecéndose un equilibrio entre emprego e traballo doméstico. O escenario asimétrico difire radicalmente do primeiro. Este supón que as mulleres, á marxe do seu perfil laboral, son máis activas que os homes no traballo do fogar, asumindo completamente a noción patriarcal de muller coidadora e responsable do doméstico.

Vexamos que di a evidencia empírica. Unha primeira pregunta chave refírese ó cambio histórico na división do traballo. A crise financeira global de 2008 tivo un impacto moi negativo sobre o emprego. En 2005 a taxa de desemprego en España era do 9%, mentres que en 2010 situábase xa no 20%. Ademais, o paro masculino medrou a maior velocidade que o feminino. Este feito podería levarnos a agardar que os homes están converxendo coas mulleres no traballo doméstico, debido a unha crecente similitude no tempo dispoñible.

Pregunta 1: ¿Como ten evolucionado en España a desigualdade de xénero no traballo doméstico entre o período pre-2008 e o pos-2008?

O Gráfico 1 amosa o tempo que homes e mulleres adican ó traballo doméstico diario (incluíndo “tarefas domésticas” e “coidado dos fillos”) en dous anos: 2003 e 2010. Observamos unha alta desigualdade de xénero en ambos anos, se ben esta desigualdade diminuíu lixeiramente. En 2003, as mulleres adicaban 6 horas ó traballo doméstico e os homes menos de 2. En 2010 as mulleres diminuían o seu tempo a 5:30 horas (un 7%) e os homes o aumentaban a 2:20 horas (un 32%). Estes datos amosan un efectivo aumento relativo da participación dos homes no traballo doméstico. En embargo, revelan unha sumarísima persistencia da desigualdade de xénero.

Gráfico 1

grafic1xen

 

Mostra: Parellas heterosexuais con fillos de 0-18 anos. Enquisa española de uso do tempo (2003; 2010). Elaboración propia.

Unha segunda maneira de resposta-la nosa pregunta pasa por estudar no perfil laboral das parellas españolas. Para saber ben que nivel de equidade hai no traballo doméstico débeos analizar se homes e mulleres adican o tempo ó traballo do fogar de forma coherente coa súa situación laboral e do cónxuxe.

Pregunta 2: ¿Participan homes e mulleres no traballo doméstico de forma similar en función do perfil laboral da parella?

O Gráfico 2 [1] amosa unha grande desigualdade de xénero no traballo doméstico, en sintonía co escenario asimétrico (ou patriarcal). Nas parellas de perfil “Home empregado/Muller desempregada” como cabería agardar, hai unha forte división de xénero: as mulleres adican moitísimo máis tempo ó traballo doméstico (6:30) que os homes (1:30). Agora ben, cando é o home quen está en paro e a muller non (“Muller empregada/Home desempregado”) ambos adican literalmente o mesmo tempo ó traballo doméstico (4:00). En parellas de dobre ingreso (“Ambos empregados”) e nas que ambos están en paro (“Ambos desempregados”) a contribución do home non supera un terzo do volume de traballo doméstico do fogar (33%). En síntese, a forte desigualdade de xénero que hai en España só resposta parcialmente ó perfil laboral da parella.

Gráfico 2

grafic2xen

Nota: Efecto neto en horas de traballo doméstico, mantendo constante os outros factores relevantes. Mostra: Parellas heterosexuais con fillos de 0-18 anos. Enquisa española de uso do tempo (2010). Elaboración propia.

Debemos resaltar dous resultados xerais: (1) España tendeu lixeiramente cara a unha maior igualdade de xénero do traballo doméstico entre 2003 e 2010, pero a nota dominante é dunha clara e persistente desigualdade; (2) Se ben as parellas españolas de dobre salario son as máis igualitarias no global, as mulleres -de tódolos perfís laborais- empregan moito máis tempo ó traballo doméstico do que esperariamos nunha sociedade equitativa.

Para concluír, a desigualdade entre homes e mulleres no traballo doméstico en España ten causas complexas. Por unha banda, implementar políticas familiares activas e universais, que fomenten a participación laboral feminina, produciría maior igualdade doméstica. Non obstante, outra grande parte desta desigualdade no fogar resposta a roles de xénero patriarcais. A súa orixe provén de valores e actitudes que incorporamos na nosa socialización. Ditos valores e prácticas lévannos a naturalizar, sen cuestionalo, o rol de mulleres coidadoras e responsables do doméstico. Para cambia-la desigualdade de xénero que viven millóns de fogares españois, non so urxe cambiar radicalmente as políticas familiares e laborais. Tamén debemos transforma-los nosos hábitos e discursos patriarcais. Esta tarefa é responsabilidade de todos e todas a través de diferentes institucións (familia, escola, medios, organizacións e empresas) que constitúen a sociedade.

[1]: O Gráfico 2 presenta valores predictivos de modelos separados de regresión lineal controlando polas seguintes variábeis: “Educación do pai”, “Educación da nai”, “Idade do pai”, “Idade da nai”, “Fillo menor”, “Cohabitación”.

 

Fonte: http://www.eldiario.es/piedrasdepapel/Genero-domestico-Tiende-Espana-igualdad_6_345125504.html


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!