CULTURA LIBRE
“As obras do coñecemento deben ser libres e non hai excusa para que non sexa así.”
Richard M. Stallman
“Quen recibe unha idea de mín, recibe instrucción sen diminuir a miña; igual que quen prende a súa candea coa miña, adquire luz sen deixarme a min a escuras.”
Thomas Jefferson
- Que defende a cultura libre?
Corrente de pensamento que promove a liberdade na distribución e modificación do traballo creativo baseándose no principio de contido libre para distribuir ou modificar traballos e obras creativas, usando Internet así como outros medios. É un movimento que se xera en radical resposta ás restriccións que impoñen os dereitos de autor pois enténdese que estes abafan a creatividade e que bebe directamente dos principios que rexen o concepto do software libre.
- Qué atinxe o contido libre?
Concepto clave que atinxe a calquera obra funcional, de arte ou calquer outro contido creativo ceibe de restriccións legais, no tocante ao dereito de uso, a redistribución ou á creación de versións modificadas ou derivadas por parte de terceiros. Dado que, por omisión, a lei outorga aos/ás propietarixs de dereitos un control total sobor as súas creacións (todos os dereitos reservados), é necesario declarar de forma explícita que unha obra é libre, xeralmente por medio da referencia ou inclusión de claúsulas de licencia que acompañen á obra.
- Qué son os dereitos de autor?
Os dereitos de autor é un conxunto de normar xurídicas e principios que afirman os dereitos morais e patrimoniais que a lei concede ass/ás autorxs polo feito da creación dunha obra literaria, artística, musical científica ou didáctica, ben sexa inedita ou publicada. Está recoñecido como un dos dereitos fundamentais na Declaración Universal de Dereitos Humanos.
Unha obra pasa ao dominio público cando os dereitos patrimoniais expiraron. Isto acontece habitualmente transcurrido un plazo dende a morte do autor. O plazo mínimo a nivel mundial, é de 50 anos e está establecido no Convenio de Berna, aínda que en moitos países ese prazo ampliouse significativamente (no Dereito europeo, por exemplo, son 70 anos despois da morte do autor). Unha das críticas que recibe tanto a figura de dereitos de autor coma, en xeral, a propiedade intelectual, é que abafan a creatividade e tan só benefician á industria de contidos.
- Qué implica unha situación de dominio público?
Básicamente implica que as obras poden ser explotadas por calquera persoa, mais sempre respetando os dereitos morais dos seus autores (a “paternidade” da obras, máis que nada) pois o que en realidade finaliza son os dereitos de carácter patrimonial. Cómpre entender que a situación de dominio público (no tocante ás obras anteriormente explicitadas) deuse durante toda a historia da humanidade ata a recente creación dos dereitos de autor tres séculos atrás.
- Que quere dicir Creative Commons?
Creative Commons (traducible como “Comunalidades creativas”) é unha organización sen ánimo de lucro nada no estado norteamericano de California, cuxa finalidade é a difusión e o emprego do traballo creativo por parte de calquera persoa. Esta organización por tanto opera cunha serie de figuras xurídicas que permiten ao/á autor/a “liberar” certos dereitos que tería reservados por outras condicións máis lenes que permitirían a utilización dese material. É necesario engadir que as licencias Creative Commons non reemprazan os dereitos de autoría, senón que se apoian nestes para modificar os termos e as condicións da licenza da súa obra de xeito que mellor satisfaga as súas necesidades. Precisamente é neste punto onde inciden algunhas críticas, xa que lle achacan a esta licenza que ó non marcar unha clara liña divisoria, as Creative Commons perden a oportunidade e reempraza o que tería que ser un chamado ao mundo onde os dereitos esenciais non poderían reservarse, por unha chamada baleira a “algúns” dereitos reservados (situación xa prevista nos dereitos de autor ao non estar estx últimx obrigadx a exercer todos)
- Qué é o Software libre?
Denominación do software que respeta a liberdade de todolos usuarios que adquiriron o producto e, por tanto, unha vez obtido pode ser usado, copiado, estudado, modificado e redistribuído libremente de varias formas. O software libre soe estar dispoñible gratuitamente, ou a prezo de costa da distribución a través doutros medios; porén non é obrigatorio que sexa así, polo tanto non hai que asociar “software libre” a “software gratuito” (freeware) xa que, conservando o seu carácter de libre, pode ser distribuido comercialmente. De xeito semellante, tampouco debe confudirse software libre con software de dominio público. Este último é aquel software que non requiere de licenza, pois os seus dereitos de explotación son para toda a humanidade, porque pertence a todos por igual. Calquera pode facer uso del, sempre con fines legais e consignando a súa autoría orixinal. Este software sería o que x autor/a doa á humanidade ou cuxos dereitos de autoría finaron, tras un prazo contado dende o pasamento deste, habitualmente, como dixemos antes, 70 anos. Se un autor condiciona o seu uso baixo unha licenza, por moi feble que sexa, xa non é de dominio público. De modo que son 4 as liberdades que un software ha de garantir para poder ser considerado como libre:- A liberdade de poder utilizar o programa independentemente do propósito.
- A liberdade de estudar cómo funciona o programa e modificalo, adaptándoo ás necesidades
- A liberdade de distribuir copias do programa, co cal podes axudar ao teu veciño.
- A liberdade de mellorar o programa e facer públicas esas melloras ós demais, de xeito que toda a comunidade sexa benificiaria
De non cumprirse estas 4 condicións non podería falar de software libre. Estes catro principios son os mesmo que rixen a eventual clasificación dunha obra como libre pois, como xa dixemos, participan da mesma filosofía.
- E ti que podes facer?
Participa da creación e difusión da cultura libre, achegate a eventos culturais que defendan a libre difusión da cultura, apoia a editoriais, grupos e artistas en xeral que difundan as suas creaccións baixo licencias Creative Commons. Adhírete a asociacións que defendan a cultura libre ou funda unha, participa de alternativas como festivais, feiras do libro alternativas, radios libres,…