Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Xullo: O monte galego - ECOAR))) | ECOAR)))
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

Xullo: O monte galego

29/07/2013
By

O monte galego

Que é o monte?

O monte é aquel espazo “sen cultivar” que non é o urbano e esta ocupado por vexetación. Dependendo do tipo de vexetación predominante diferénciase entre “bosque/monte alto” (árbores), “monte baixo/ralo” (arbustos e herbas).

O monte en xeral, e o bosque en particular, é un dos ecosistemas máis importantes da terra. Está conformado por unha gran diversidade de especies animais e vexetais; é regulador do clima, a atmosfera e a hidrosfera, ademáis de ser un importante soporte da vida humana.

Sen cultivar” non significa necesariamente salvaxe, existe un monte natural e un monte tranformado polos humanos. Existen moitas formas de aproveitamento humano do monte, accións máis ou menos intensivas e modificadoras da natureza, das se que tiran proveito económico e social; así do monte pode tirarse madeira, froitos, combustibles, caza, fertilizantes,…, asi como ser un espazo de lecer, deporte, estudio,…

O monte en Galicia.

Pola súamontgalego xeografia e historia Galicia é terra de montes. Orixinariamente, o monte natural, maiormente bosque, ocupaba a práctica totalidade do territorio galego. Ao longo da historia, paulatinamente, os montes galegos foron transformados en campos de cultivo e hábitats urbáns e nun monte “humanizado”. Na actualidade considérase que Galicia é monte nun 69%1, do cal menos dunha quinta parte estaría composto por bosques de especies autóctonas.

Certamente ainda quedan en Galicia algúns montes “prácticamente naturais”, pequenos reductos como poden ser as fragas do Eume; pero, hoxe en día, a inmensa maioria do monte galego, non é natural, é un monte transformado pola acción humana.

En tempos, en Galicia case que cada familia tiña unhas parcelas de monte, de onde se obtiña estrume, madeira, froitos e outros recursos para a casa e a explotación agrícola.A desaparición da explotación rural tradicional, que tiña no monte un dos seus piares, e o fracaso dos monocultivos madereiros, fixo caer ao monte en desgracia, desvalorizadoo social e económicamente. Abandonado ou explotado dun xeito insostible, hoxe en día o monte galego ten unha problemática complexa que pode comprometer o futuro do noso pais.

Os problemas do monte en Galicia.

As plantacións de monocultivos forestais.

Dende finais do século XIX, en Galicia estendéronse grandes monocultivos de árbores para a industria madereira e papeleira, nomedamente piñeiro, eucalipto, mimosa australiana e acacia negra. Estas epecies de crecemento rápido e fácil aproveitamento industrial prometeron grandes beneficios empresariais. Non obstante non sempre foi así, a excesiva proliferación deste tipo de plantacións conlevou unha sobreproducción e unha pérdida de valor da mercancia; facendo inviable económicamente as plantacións marxinais e de menor tamaño. O fracaso na aposta por estes monocultivos implica moitas veces o abandono dos propietarios, cousa con graves consecuenciais sociais, medioambientas e incluso de seguridade civil (incendios)

As especies invasoras.

A contínua expansión destas especies madereiras exóticas, así como outras empregadas en xardineria e agricultura (a carriza da Pampa, a “uña de gato”, a cana,…), esta acontecendo a expensas do monte autóctono e as terras de labradío. Á perdida de riqueza ecolóxica que isto implica hai que engadirlle os custos para a silvicultura e agricultura. As especies invasoras, inutilizan terreos productivos, desequilibran os ecosistemas, esgotan a fertilidade e recursos hidricos do chan galego,… todo isto, é custoso de atallar, dificultándo, ou incluso imposibilitando, certas formas de explotación non industrial, como son a tradicional, a sostible ou ecolóxica (apicultura, caza, pesca, micoloxia,…)

A atomización da xestión e o abandono.

Ainda que en Galicia existe o monte comunal e o monte de propiedade pública, mais de 2/3 do monte galego é propiedade privada particular: calcúlase que en Galicia hai máis de 600.000 propietarios particulares de monte,que, como media, teñen 2-2’52 hectareas divididas en 10 parcelas, ocupadas predominatemente por piñeiro e eucalipto. Estas pequenas parcelas, espalladas moitas veces, son de complicada explotación económica para as familias, que moitas veces, debido tamén ao avellentamento do rural e a migración, abandonan o seu monte, chegándose incluso a esquecer a propiedade mesma. O abandono destes bosques de especies de crecimento rápido foráneas conlevan a súa dexeneración en “bosques zombies”, con pouca riqueza medioambiental, excesiva acumulación de biomasa e escasa resistencia aos incendios, sendo polo tanto un risco para o resto do monte.

Os incendios.

pindo4

Arde o Monte do Pindo (Carnota)

Os tres problemas descritos anteriormente son as principais causas do máis dramático problema do monte galego: os incendios, que todos os anos arrasan milleiros de hectareas de monte, custan millóns de euros en servizos de prevención e extinción, destrozan infraestructuras públicas e bens parcticulares, e, desgraciadamente, vidas de persoas, como aconteceu coa vaga de incendios do 2006, no que morreron 4 persoas.

As agresións modernas (urbanización, obras de enxeñería,…)

O escaso valor monetario dos terreos de monte conleva un lamentable fenómeno, o uso do monte galego como reserva de terreo para proxectos urbanísticos especulativos con escaso planeamento e sentido común. Así, en metade do monte, en sitios onde nen hai poboación nen infraestructuras previas, fanse polígonos industriais, urbanizacións, facultades, centros comerciais…, moitos deles de dubidosa rendabilidade económica e social. Este fenómeno, ademáis de implicar a destrucción de solo fértil polo formigón e o asfalto, significa tamén a fragmentación de espacios naturais, a dispersión do habitat humano e limitacións para explotación económica e social do monte. Hoxe en día, na nosa contorna, temos un lamentable exemplo desta forma de entender o monte como un simple solar, trátase do proxecto de “Porto Cabral”, que pretende construir un centro comercial de 300.000 m2 a 10 km do centro de Vigo, no monte comunal de Cabral que estaba sendo obxeto de rexeneración por parte dos veciños.

Que pode facer ti?

Respeto e coidados.

Cando vaias ao monte, a traballar ou de lecer, se respetuoso cos animais e prantas e co ecosistema mesmo. Non uses o monte como un vertedeiro, e se moi coidadoso co lume.

Responsabilizarte do teu pedazo de monte.

1 de cada 3 galegos temos algunha parcela de monte, se non podes ti mesmo ocuparte de explotala ou/e mantela en bo estado procura a alguén que si o faga, cedendoa o arrendandoa a quen si esté interesado en levalo. Ademáis de particulares e cooperativas en Galicia existe unha institución con este propósito o “Banco de Terras”.

Consumo responsable.

Se precisas consumir productos forestais industriais (papel, madeira, …) preocupate de que pertezan á explotacións sostibles, respetuosas co medio ambiente e as poboación locais; sexan do monte galego ou foráneo. Alén da etiquetaxe comercial existente (FSC, PEFC,… para os productos globais; ou o selo da CRAEGA, en Galicia), é bo interesarse polas condicións de producción e calidade destes productos: de onde veñen? quen retén o maior beneficio? créanse refugallos? teñen aditivos? son reciclabes? son duradeiros?…, son preguntas que poden permitirte facer unha escolla máis intelixente, beneficiosa, tanto para ti, como consumidor directo, como para a comunidade á que pertences.

Esixir servizo público de calidade na prevención e extinción de incendios, e na xestión do monte.

Actualmente en Galicia non existe un servizo integral de prevención e extinción de incendios, hai 5 institucións distintas que carecen dun planeamento conxunto, están enfocadas máis a extinción que a prevenión, a dotación é estacional (máis en verán para a extinción que no resto do ano para a prevención), e existen moitas irregularidades na contratación, formación e equipamento do persoal, cousa que merma a súa capacidade de actuación e prevención de riscos laborais. Ademáis, o actual goberno ameaza con realizar recortes e privatización deste servizo. Tampouco estase a desenvolver unha política efectiva na xestión do monte, que sigue abandoado á tendencias seculares de abandono e minisvaloración. Por todo isto é preciso que a cidadanía galega reclame e participe na institución duns sevizos públicos enérxicos, acordes coa importancia social e ambiental do monte en Galicia.

1“O monte galego en cifras”, Xunta de Galicia, Conselleria de Medio Ambiente, 2001.

2Ferreira Golpe, Miriam e Pérez García, Óscar Antón. “Os incendios forestais en Galicia”. FPG, 2010.


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!