A túa contorna móvese! Aquí poderás atopar as accións, charlas, actos, mobilizacións e demais iniciativas que fan os colectivos que constrúen ao redor da Ría de Vigo (agrupacións, plataformas, asociacións, ONG,…)
Entrada solidaria de 5€ destinada a sufraga-los gastos da viaxe a Madrid ás Marchas da Dignidade 22M da columna galega. ¡NON PODES FALTAR!
Evento en facebook: Concerto en apoio ás Marchas da Dignidade
O NIVEL DE DESEMPREGO É A PRECARIDADE LABORAL, QUE SE NOS IMPÓN HOXE, É INSOSTIBLE. EN GALIZA, E EN TODO O ESTADO,POR ISO, O DÍA 30, VISPERA DO DA FESTA DO TRABALLO, TEMOS QUE FACER QUE SE VISUALICE DIANTE DAS OFICINAS DE EMPREGO O QUE RECLAMAMOS, QUE NON É OUTRA COUSA QUE EMPREGO DIGNO E DE CALIDADE PARA TODAS E TODOS”
O 28 e 29 de xuño levaremos a cabo unha formación que nos achegará a diferentes técnicas para levar a cabo accións en defensa do medio ambiente:
Na xornada do sábado coñeceremos posibles métodos de ascenso e descenso a árbores, cómo establecernos nelas de forma cómoda e segura durante o tempo necesario para a nosa vixianza contra incendios, avistamentos ou calquera acción que o requira. Coñeceremos medidas de seguridade, familiarizándonos co material e métodos para asegurar o éxito das nosas accións.
Na mañá do domingo practicaremos sobre infraestructuras e edificacións, prestando especial atención aos sistemas de anclaxe, técnicas de rappel e colocación de elementos. Actívate na defensa do medio ambiente!
HORARIO:
- SÁBADO: 11h. a 14h. e 16h. a 20h.
- DOMINGO: 10h. a 14h.
TARIFAS:
- COMPLETA-formación, aloxamento e manutención (1p.c.+1xantar; alimentación ecolóxica, local):
– Socias/os de Amigos da Terra: 100 €
– Non socias/os: 120 €
- PARCIAL-formación, con aloxamento:
– Socias/os de Amigos da Terra: 65 €
– Non socias/os: 75 €
INSCRICIÓN:
Envía a ficha cuberta a info@ascorcerizas.com; porémonos en contacto contigo!
Manifestaremonos en Vigo, e nas sete cidades galegas quentando motores para esa gran mobilización que vai ser o 29 de novembro en Compostela. O “OCUPEMOS O OBRADOIRO”. Contra o pago da débeda, polo emprego digno, polos dereitos sociais, polas liberdades democráicas, contra os recortes, a represión e a corupción, pola renda básica, por unha sociedade de muleres e homes libres, contra un rexime que nos agride e non nos representa, este xoves estaremos nas rúas e faremos un chamamento a toda a clase trabaladora, ás clases populares, e ao estudantado para que se sumen e participen connosco o 29N na “Toma do Obradoiro” en Compostela na que será unha mobilización unitaria e masiva camiño da conquista das nosas vidas.
Cara o 29N camiñamos xuntas máis de cuarenta organizacións e colectivos sindicais, políticos e dos movementos sociais de Galicia CONTRA A CORRUPCIÓN E CONTRA OS CORRUPTOS porque a PAN TRABALLO E TEITO, O POBO TEN DEREITO.
Amigos da Terra Galicia organiza unha conversa coloquio con Gustavo Duch titulada “”Agriculturas campesiñas para cambiar sociedades”” que terá lugar o vindeiro venres 21 de novembro na cidade de Vigo, na Casa Galega da Cultura ( Praza da Princesa nº 2) ás 19 horas.
Gustavo Duch é escritor, veterinario, investigador e director da revista Soberanía Alimentaria, e o seu mas recente libro publicado é “”Non vamos a tragar””. Gran defensor da cultura rural tradicional, a agricultura familiar e os dereitos das persoas que cultivan a terra.
Tamén ven colaborando con movementos como a Plataforma Rural e a Vía Campesiña, e campañas relacionadas coa loita pola soberanía alimentaria, como “No te comes el Mundo” ou “Somos lo que sembramos”.