A túa contorna móvese! Aquí poderás atopar as accións, charlas, actos, mobilizacións e demais iniciativas que fan os colectivos que constrúen ao redor da Ría de Vigo (agrupacións, plataformas, asociacións, ONG,…)
Entrada solidaria de 5€ destinada a sufraga-los gastos da viaxe a Madrid ás Marchas da Dignidade 22M da columna galega. ¡NON PODES FALTAR!
Evento en facebook: Concerto en apoio ás Marchas da Dignidade
O NIVEL DE DESEMPREGO É A PRECARIDADE LABORAL, QUE SE NOS IMPÓN HOXE, É INSOSTIBLE. EN GALIZA, E EN TODO O ESTADO,POR ISO, O DÍA 30, VISPERA DO DA FESTA DO TRABALLO, TEMOS QUE FACER QUE SE VISUALICE DIANTE DAS OFICINAS DE EMPREGO O QUE RECLAMAMOS, QUE NON É OUTRA COUSA QUE EMPREGO DIGNO E DE CALIDADE PARA TODAS E TODOS”
Manifestaremonos en Vigo, e nas sete cidades galegas quentando motores para esa gran mobilización que vai ser o 29 de novembro en Compostela. O “OCUPEMOS O OBRADOIRO”. Contra o pago da débeda, polo emprego digno, polos dereitos sociais, polas liberdades democráicas, contra os recortes, a represión e a corupción, pola renda básica, por unha sociedade de muleres e homes libres, contra un rexime que nos agride e non nos representa, este xoves estaremos nas rúas e faremos un chamamento a toda a clase trabaladora, ás clases populares, e ao estudantado para que se sumen e participen connosco o 29N na “Toma do Obradoiro” en Compostela na que será unha mobilización unitaria e masiva camiño da conquista das nosas vidas.
Cara o 29N camiñamos xuntas máis de cuarenta organizacións e colectivos sindicais, políticos e dos movementos sociais de Galicia CONTRA A CORRUPCIÓN E CONTRA OS CORRUPTOS porque a PAN TRABALLO E TEITO, O POBO TEN DEREITO.
25 de novembro
Día Internacional contra a violencia machista
Un ano máis, outro 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia Machista, a Marcha Mundial das Mulleres estamos na rúa para denunciar e visibilizar a violencia que se segue a exercer sobre nosoutras polo único feito de sermos mulleres
Segundo unha enquisa feita no ámbito da Unión Europea
Calcúlase que 13 millóns de mulleres na UE experimentaron violencia física. Esa cifra equivale a un 7% de mulleres con idades entre 18 a 74 anos.
Calcúlase que 3,7 millóns de mulleres na UE experimentaron violencia sexual. Esta cifra equivale a un 2% de mulleres con idades de entre 18 e 74 anos. Na UE un 18% das mulleres foron obxecto de acoso a partir dos 15 anos. Estas porcentaxes representan que 9 millóns de mulleres na UE sufriron e sufrirán violencia machista.
A metade de todas as mulleres da UE (53%) procuran evitar certos lugares ou situacións, por temor a ser vítimas de agresións físicas ou sexuais. Pola contra, enquisas recentes sobre vitimización e medo aos delitos indican que o número de homes que limitan os seus movementos é infinitamente máis reducido.
As mortes por violencia machista, por moi inexplicables que parezan, non son actos illados, fortuítos, senón que obedecen a unha cultura patriarcal no que as mulleres non teñen dereito a decidir sobre a súa vida. Son a reacción violenta de quen se cree posuidor dun ben, dunha propiedade, ou dunha escrava.
A solución non é doada e necesita do compromiso de todas e de todos, porque precisa de cambios profundos dado que o machismo está inzado na nosa sociedade e non estamos facendo o preciso para desbotalo. IMPLÍCATE, RACHA COA INDIFERENZA!!!
Se os homes maltratadores enfrontáranse cun contundente rexeitamento social, especialmente por parte do resto dos homes, a violencia machista reduciríase moi considerablemente. A violencia existente no seo da sociedade, non é máis que a suma das violencias individuais de cada un dos seus membros; a que xera cada unha das persoas que a compoñen e a que é capaz de tolerar e asimilar. Cada xesto, actitude ou comentario pexorativo e discriminatorio contra as mulleres, aumenta a permisividade e abre o camiño cara á violencia contra as mulleres.
Se queremos avanzar como sociedade, non podemos permitir retrocesos en materia de prevención, denuncia e tratamento da violencia contra as mulleres. Por iso, instamos igualmente aos Poderes Públicos, medios de comunicación, sistema educativo e a toda a cidadanía a continuar coa loita e denuncia desta forma a violencia que ataca a metade da humanidade, as mulleres.
Machismo, Sociedade Patriarcal e Cultura da Violación… onde? Aquí, ao noso carón día a día. Esaxeramos?. Non, non esaxeramos!!! A violación silénciase, cálase. E hai veces, que os silencios, matan.
Pedimos a implicación de todos os sectores sociais, pedimos a implicación de todas as mulleres e homes. IMPLÍCATE, RACHA COA INDIFERENZA!!!
É por todo isto que a Marcha Mundial das Mulleres vos insta
IMPLICATE CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA.
RACHA COA INDIFERENZA!!!