A túa contorna móvese! Aquí poderás atopar as accións, charlas, actos, mobilizacións e demais iniciativas que fan os colectivos que constrúen ao redor da Ría de Vigo (agrupacións, plataformas, asociacións, ONG,…)
Proxección do documental “Potas, tixolas e outras solucións” (inglés , con subtitulos en castelán; 64 min.).
O documental dirixido polo portugués asentando en Islandia Miguel Marques, fai, a partir de entrevistas feitas no 2012 a algunhas da participantes na “primaveira islandesa”, unha retrospectiva panorámica sobre as formas de participación politica acontecidas en Islandia trala crise financieira do 2008.
O filme permitiranos reflexionar sobre as posibles formas de afrontar a participación política dun xeito rupturista coas institucións establecidas dun xeito horizontal e pacífico.
Trala proxección abrirase un debate sobre estas cuestións.
O vindeiro xoves 19/06/14 ás 20:00 no Café “De catro a catro” celebrarase a palestra “Fascismo Actual en Europa”, na que contaremos coa participación dos seguintes poñentes:
CNT: Fernando Rodríguez Carpizo
CUT: Francisco Sampedro
Esquerda Anticapitalista Galega: Manuel Alonso
Espazo Ecosocialista Galego: Manuel Hermo
Partido da Terra: Xose C. Morell