Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Almanaque - ECOAR))) | ECOAR)))
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

Almanaque

A túa contorna móvese! Aquí poderás atopar as accións, charlas, actos, mobilizacións e demais iniciativas que fan os colectivos que constrúen ao redor da Ría de Vigo (agrupacións, plataformas, asociacións, ONG,…)

Mar
13
Ven
I Xornada NOSO AMBIENTE para veciñanza no Val Miñor, dinamizada por Proxecto Montenoso​ e coa proxección do Tesouro de Corcoesto. Documental​ @ Auditorio (Salón de Usos Múltiples) de Nigrán
Mar 13 @ 18:00 – 23:00
I Xornada NOSO AMBIENTE para veciñanza no Val Miñor, dinamizada por Proxecto Montenoso​ e coa proxección do Tesouro de Corcoesto. Documental​ @ Auditorio (Salón de Usos Múltiples) de Nigrán | Nigrán | Galicia | España

*I Xornada NOSO AMBIENTE para veciñanza no Val Miñor, dinamizada por Proxecto Montenoso​ e coa proxección do Tesouro de Corcoesto. Documental​

Data: *Venres 13 de 18:00 a 23:00 horas no Auditorio (Salón de Usos Múltiples) de Nigrán.*

Co-organizan: Cooperativa Galiza Imaxinaria​ , C.M.V.M.C.Camos, C.M.V.M.C. Montes de Couso​ , Proxecto Montenoso, Laboratorio do Común Casa Colorida​, Alg-a Lab​ , e Truequelandia​.

Estas xornadas están orientadas a toda a veciñanza do #ValMiñor e arredores da comarca que estén preocupadas polo medioambiente e a súa sustentabilidade.
O fío conductor da xornada son as Comunidades de Montes, por seren as institucións que máis directamente xestionan e coidan os nosos montes, mais sobre todo estas xornadas son para que a cidadanía en xeral, se achegue ao coñecemento, disfrute, autorresponsabilidade, debate e pensamento colectivo sobre este Ben Común.

*18:00h: Breve presentación do Proxecto Montenoso e dinámica coletiva entre Comunidades de Montes*.

A Xornada comeza coa presentación do Proxecto Montenoso onde as persoas asistentes, e principalmente as pertencentes ás comunidades de montes que se acheguen a este evento, poderán participar nunha dinámica colectiva e roda de recoñecemento do propio modelo de organización en man común, a través dunha dinamización que nos facilitará Fran Quiroga​ , unha das persoas que coordinan este proxecto que visibiliza e dinamiza os montes veciñais e as comunidades que os xestionan, traballando pola (re)apropiación destes montes por parte dxs veciñxs que os habitan.

*19:30h: **Pausa/Café *

*20:00h: Proxeción Documental “Tesouro de Corcoesto”.*

Os promotores deste documental comenzaron facelo cando souberon dos plans de facer unha mina de ouro a ceo aberto con tratamento de cianuro en plena Costa da Morte, unha das técnicas mineiras máis agresivas das practicadas no mundo.
*Unha estratexia empresarial opaca, unha política entreguista, unha poboación deprimida económicamente e polarizada en torno a un si ou non á mina, a alarma ecoloxista e un activismo cidadán urxente e efectivo que conseguíu o que non se prevía: parar a mina. Todo isto inspirou a realización de Tesouro de
Corcoesto.*O documental pretende ser unha ferramenta para a reflexión e o debate perante un modelo de desenvolvemento que víu propoñer o actual goberno da Xunta de Galicia. Un modelo que ten o lema “Galicia é unha mina”, e do cal Corcoesto sería o primeiro e máis senlleiro exemplo.
*Tesouro de Corcoesto é unha longametraxe documental de produción independente, respaldado polo micromecenado de 180 persoas e asociacións.

*21:30H: Pausa/Café *

*22:00h: Debate dos/as asistentes á xornada xunto con Cora Peña​, autora de “Tesouro de Corcoesto”.*

Acompañarán nos intermedios desta xornada o*Trio Folk do Val Miñor *formado por Jose casal (Flauta), Samuel Soto (Bouzouki) e Louis Vásquez Vargas (Flauta).

*Nota: *Ao longo desta xornada, o equipo de documentaciònde Galiza Imaxinaria, fará unha *relatoría dos debates, reflexións e propostas sobre monte, medioambiente e sustentabilidade*, que logo publicará en aberto na prensa e nas redes sociais, enviará por mail a quen deixe o contacto e tratará o máis posible de facer chegar o resultado este esforzo de intelixencia colectiva deste venres ás administracións públicas da Comunidade de Galiza.

Vémonos no NOSO AMBIENTE!!!!!!!!!!!!

O SEXO DOS HORRORES
Mar 13 @ 20:00 – 22:00
O SEXO DOS HORRORES @ Vigo | Galicia | España

Saúde!!

O próximo venres 13 ás 20:00, na Quinta da Carmiña, temos o gusto de acoller:
O SEXO DOS HORRORES
É un espectáculo performativo, de crítica do xenero que procura transcender os estereotipo do heteronormativismo xogando, provocando…facendo da destrución do xenero unha luita en positivo, lonxe de victimismos e das ataduras dun sistema binarista.
Ademais, son unha “compañía ” inusual, lumpens organizadxs, unha organización horizontal e dinámica, que pretende facer do teatro e a performance, mais que un xeito de libre expresión, un xeito de luita con nos mesmxs e a nosa cotidianidade.

Esperemos que vos “horrorice” e vos trastorne tanto como a nos! !
ALI VOS ESPERAMOS! !

Mar
14
Sáb
Concerto ACIDPRYECT (VIGO) + LIMBO (CHAVES, PT) + BLACKBIRD (VISEU, PT)
Mar 14 @ 20:00 – 22:00
Concerto ACIDPRYECT (VIGO) + LIMBO (CHAVES, PT) + BLACKBIRD (VISEU, PT) @ Vigo | Galicia | España

Proposta musical para o mes de marzo!!!

Para o sábado 14 a partires das 20:00h, presentamos:

ACIDPRYECT (VIGO) + LIMBO (CHAVES, PT) + BLACKBIRD (VISEU, PT)

Coma sempre a mellor compañia e os mellores bocatas 100% veganos!!

Xa sabes onde ir a cear e pasar un bo rato!!

Mar
18
Mér
Mar 18 @ 9:30 – 11:30
 @ Vigo | Pontevedra | España

Difundide en apoio ao noso compañeiro da ODS-Coia!

Tras as mentiras dos axentes da policía local, que están a empregar a presunción de veracidade que se lles supón en contra da veciñanza, este mércores o noso compañeiro Diego acode aos xulgados para explicar o acontecido o 15/12 na rotonda de Coia.

Non estará só xa que a Asemblea Aberta de Coia convoca unha CONCENTRACIÓN diante do edificio novo dos xulgados baixo o lema:Solidariedade coa loita polos dereitos sociais, solidariedade con Diego! Será este mércores 18 de marzo a partires das 9:30.

Condenaron a Xurxo con mentiras, e agora queren facer o mesmo con Diego. A violencia, o medo e as súas mentiras non conseguirán acalar unha protesta chea de razóns: non se poden tirar os cartos nunha rotonda, cando unha maioría sofre gravísimos problemas para cubrir as necesidades básicas.

Axentes da policía local acusan a este traballador social dun delito de atentado por unha agresión inexistente. Non sabemos que move a estes axentes a manter unha versión que nada ten que ver co acontecido nesa data, pero non estamos dispostas a soportar esta vulneración de dereitos que castiga e reprime ás que defenden os dereitos da comunidade fronte aos intereses dunha minoría.

O goberno de Caballero non ten razóns para defender esta obra “faraónica” e pensa que pola forza poderá impor a desfeita que supón chantar un barco na rotonda dun dos barrios máis castigados polo empobrecemento.

Xuntas volveremos a berrar: Xustiza social. Nin cartos na rotonda nin estado policial!

Mar
19
Xov
Proxeccións “As Ghatas Salvaxes”- Women Art Revolution: a formerly Secret History
Mar 19 @ 20:30 – 22:00
Proxeccións "As Ghatas Salvaxes"- Women Art Revolution: a formerly Secret History @ Vigo | Galicia | España
O xoves 19 de Marzo ás 20:30h no C.S.A “A Cova Dos Ratos” arrinca a 3ª das Proxeccións “As Ghatas Salvaxes” desta volta con Women Art Revolution: a formerly Secret History, filme documental que percorre a evolución do movemento artístico feminista nado nos EE.UU no transcurso da década dos 60′. A súa directora, Lynn Hershman Leeson, partícipe activa deste movemento, a través de entrevistas íntimas, obras de arte provocadoras e fragmentos de video raramente vistos ate o momento, conéctanos directamente co que moitas historiadoras consideran o movemento artístico máis significativo de finais do século XX. Women Art Revolution presentouse en Xaneiro de 2011 Festival de Cine de Sundance, baixo a sección New Frontier, e forma parte dun proxecto de transmedia que inclúe unha instalación e a creación dunha páxina web [http://www.womenartrevolution.com/]
Xa saben.. están todas convidadas a coñecer e debater colectivamente sobre a arte en clave feminista!
Mar
20
Ven
A Quinta da Carnmiña : Charla ContraMINAcción
Mar 20 @ 20:00 – 22:00
 A Quinta da Carnmiña : Charla ContraMINAcción @ Vigo | Galicia | España

Saúde!!
Despois de unha finde de ensoño, para este venres facemos unha proposta moi interesante e algo máis tranquila. Para esta palestra contaremos coa presenza de Xoán Doldán profesor da Universidade de Santiago de Compostela e membro de Véspera de Nada e Nela Abella, de Verde Gaia e da Plataforma de Corcoesto, ambos integrados en ContraMINAcción.
Vémonos na Quinta a partir das 20:00h.

Mar
21
Sáb
A Quinta da Carnmiña : Xantar solidario e asembea aberta de horta
Mar 21 @ 14:30 – 15:45
A Quinta da Carnmiña : Xantar solidario e asembea aberta de horta @ Padrón | Galicia | España

 Na Quinta non podemos deixarvos sen xantar un sábado jeje así que CONVOCÁMOSVOS A UN XANTAR SOLIDARIO PARA O SÁBADO 21 ÁS 14:30H, o recadado irá para cubrir os gastos médicos dun compañeiro da Quinta. Coma sempre o XANTAR É DE BALDE, cada unha que aporte o que poida, a vontade.
Despois do xantar haberá asemblea aberta de horta

Vémonos na Quinta!!

Mar
26
Xov
Palestra: SUSAN GEORGE @ Auditorio do Centro Municipal de Teis.
Mar 26 @ 19:30 – 21:30

Activista, escritora, científica sociopolítica e presidenta da Xunta do Transnational Institute (TNI)

Entre os seus títulos académicos encóntranse os de doutora en Ciencias Políticas (École des Hautes Études en Sciences Sociales, Université de Paris), licenciada en Francés (B.A.Smith College, EE.UU.) e Filosofía (Sorbonne, París), etc. O seu traballo actual vai encamiñado cara a loita contra o modelo actual da globalización, organización do comercio mundial, as institucións financeiras internacionais e as relacións norte-sur.

A partir de 1990-95 desempeñou servizos no comité de Greenpeace Internacional así como a de Greenpeace Francia. É un membro do grupo de Lisboa, patrona do xubileo 2000 e actuou como consultora de varias axencias especializadas de Nacións Unidas (FAO, UNESCO, Unicef etc.). Susan George é una portavoz pública habitual, determinante para os sindicatos e as organizacións non gubernamentais en moitos países e se entrevista a miudo coa prensa, a radio e a televisión.

ENTRADA LIBRE, ATÉ COMPLETAR AFORAMENTO.

http://www.tni.org/es/users/susan-george

Páxina das Xornadas: http://recuperarsoberania.besaba.com/

Grazas por colaborar!!: http://goteo.org/project/desarmar-o-ttip

Organiza: /ecoarglobal.org/

Mar
31
Mar
Videoconferencia Florent Marcellesi + Tom Kucharz
Mar 31 @ 19:00 – 22:00

A videoconferencia estará aberta ao público en 3 locais de 3 cidades galegas, ademáis das conexións cos conferenciantes:

– Vigo: Café De Catro A Catro, Rúa Gerona, 3.
– Santiago de Compostela: Biblioteca Pública Ánxel Casal, Av. de Xoán XXIII, s/n.
– A Coruña: Salón de Graos da Facultade de Socioloxía.

Florent Marcellesi

É un político e activista ecoloxista francés asentado en España. Foi coportavoz da Coordinadora Verde de 2009 a 2011 e membro da Comisión Promotora e a Comisión Xestora de Equo de 2011 a 2012.

É enxeñeiro de camiños, canais e portos pola Universidade de Lyón; é urbanista polo Instituto de Ciencias Políticas de París; e ten una especialización en cooperación internacional pola Universidade do País Vasco.

https://florentmarcellesi.wordpress.com/

Tom Kucharz

Periodista e investigador social. Vive en Madrid. Estudios de Magíster Artium en Filosofía,Socioloxía e Ciencias Políticas na Universidade Técnica de Dresden, Alemania.

Militante de Ecoloxistas en Acción: membro da Secretaría Confederal e coordinador da área de Agroecoloxía e Soberanía Alimentaria. Participa activamente no movemento antiglobalización e anti-guerra, concretamente na campaña Quén debe a quén?, campaña pola abolición da Deuda Externa e a restitución da Deuda Ecolóxica, a Plataforma Rural e a campaña “Contra a Europa do Capital e a Guerra, e as suas Crisis. Pola solidaridade entre os pobos”

https://www.youtube.com/watch?v=UV2fvUfQ-vI

ENTRADA LIBRE, ATÉ COMPLETAR AFORAMENTO.

Páxina das Xornadas: http://recuperarsoberania.besaba.com/

Grazas por colaborar!!: http://goteo.org/project/desarmar-o-ttip

Organiza: /ecoarglobal.org/

Abr
4
Sáb
PALESTRA ALBANO DANTE FACHÍN:“O TTIP: o plan do 1% para acabar -dunha vez por todas- coa democracia” @ Instituto Santa Irene
Abr 4 @ 20:00 – 22:00

ALBANO DANTE FACHÍN

XORNADAS

“RECUPERAR SOBERANÍA, DESARMAR O TTIP”

 

O vindeiro sábado 4 de abril continúan as xornadas contra o TTIP organizadas por ECOAR))) en Galicia.

O 4 de abril ás 20:00h no  Salón de Actos do Instituto Santa Irene (Praza de América, 7) en Vigo terá lugar a paletra de Albano Dante Fachín: O TTIP: o plan do 1% para acabar -dunha vez por todas- coa democracia”.

Albano Dante Fachín.

Activista e editor de Café amb Llet.

Cafè amb llet (en galego café con leite) é unha revista mensual gratuíta creada no ano 2004 inicialmente para dar información local na zona da provincia de Xirona, incluíndo as comarcas de “La Selva” e o “Alt Maresme.”

No 2011 a revista inicia unha investigación sobre o funcionamento da sanidade pública catalana que ten unha enorme repercusión máis alá da súa área natural e o seu traballo  coñecese en toda Cataluña a través de unha serie de vídeos publicados en Youtube.

A partir de entón a liña editorial da revista comeza a abarcar temas que van máis alá do local e –en 2014– a edición pasa a ser de ámbito catalá, repartíndose gratuitamente os seus 145.000 exemplares, que a converten na publicación con máis exemplares en Cataluña.

Abr
17
Ven
TÉ CON KANT – INVERSA TEATRO – VENRES 17 ABRIL 20:30 NO SALÓN DO CRISTO DA VITORIA. RECTIFICACIÓN CARTAZ
Abr 17 @ 20:30 – 22:00
TÉ CON KANT - INVERSA TEATRO - VENRES 17 ABRIL 20:30 NO SALÓN DO CRISTO DA VITORIA. RECTIFICACIÓN CARTAZ
Dende a Cordenadora Local da Marcha Mundial das Mulleres de Vigo invitámosvos á representación da obra
TÉ CON KANT, da compañía INVERSA TEATRO http://www.inversateatro.com/inicio/ este venres 17 ás 20:30 no Salón de Actos do Cristo da Vitoria en Vigo.
Esta actividade enmárcase dentro da nosa IV Acción Internacional 2015: O NOSO CORPO, O NOSO TERRITORIO, que en Europa  terá como manifestación máis destacada o percorrido realizado pola Caravana Feminista, que saiu o 8 de marzo do Kurdistán e chegará a Galiza a fins de setembro – comezos de outubro para rematar a súa andadura o 17 de outubro en Portugal.
Abr
18
Sáb
DÍA GLOBAL DE ACCIÓN_SÁBADO 18A_VIGO_AS PERSOAS E O PLANETA ANTES QUE O CAPITAL!!! @ A Farola de Urzaiz
Abr 18 @ 20:00 – 22:00

 

Máis de 550 cidades de 4 continentes

Dicimos NON aos Tratados de Libre Comercio e Inversións!!!
NON AO TTIP!!!
collage-2015-04-15 (1)
YouTube Preview Image
Chamamento do Día de Acción Global para deter os Tratados de Libre Comercio e Investimentos

“As Persoas e o Planeta antes que o Capital!”

Nós, organizacións da sociedade civil, sindicalistas, campesiñas e campesiños, xuventude, homes e mulleres activistas de movementos de todas partes do mundo, chamamos a un Día de acción global a realizarse o 18 de abril do 2015 co fin de parar os acordos de libre comercio e investimentos e promover unha economía que funcione para as persoas, e o medio ambiente.

Ao longo das últimas décadas, as empresas transnacionais e os gobernos impulsaron tratados de libre comercio e de investimentos ás costas da cidadanía, vulnerando os nosos dereitos e os do medio ambiente.

Ao longo das últimas décadas, loitamos pola soberanía alimentaria, polos nosos bens comúns, pola defensa dos nosos empregos, os nosos territorios, as liberdades en internet, mentres esixiamos democracia. No camiño, crecemos como movemento, logramos que escoiten as nosas voces e logramos moitas vitorias.

Entre todas podemos parar os acordos que se están negociado e traballar para revertir os impactos nocivos dos tratados pasados. Xuntas impulsamos as nosas alternativas que se fundamentan na primacía dos dereitos humanos por encima dos privilexios e beneficios das grandes empresas.

 Máis ​sobre o evento                                                                         

https://www.facebook.com/events/1622199304683243/
https://www.globaltradeday.org/ ​

  Máis infromación sobre o TTIP                                                                          
Vídeos:
YouTube Preview Image
YouTube Preview Image
YouTube Preview Image

 

 


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!