Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

Almanaque

A túa contorna móvese! Aquí poderás atopar as accións, charlas, actos, mobilizacións e demais iniciativas que fan os colectivos que constrúen ao redor da Ría de Vigo (agrupacións, plataformas, asociacións, ONG,…)

Xan
15
Xov
Proxeccións “As Ghatas Salvaxes”
Xan 15 @ 20:30 – 23:00
Proxeccións "As Ghatas Salvaxes" @ Vigo | Galicia | España
As Ghatas Salvaxes” [Ghrupo de Axitación Teatral, Ecoar ))) – Vigo] arrincan este ano 2015 cun Ciclo de Cine/docu-charlas de moi diversas temáticas de interese socio-cultural. As proxeccións serán todos os 3º xoves de cada mes, por volta das 20:30h, dentro do Ciclo de Cine Temático que, mes a mes, organiza o C.S.A “A Cova Dos Ratos” (r/ Romil nº 3, baixo).
Por este motivo, convidámosvos a todas a asistir e participar desta primeira proxección que terá lugar o vindeiro xoves 15 de Xaneiro baixo o título La Educación Prohibida (Arxentina, 2012), película documental de financiamento colectivo dirixida por German Doin que cuestiona as lóxicas da escolarización moderna e a forma de entender a educación, facendo visibles experiencias educativas non convencionais (Educación Popular, Waldorf, Montessori, Cossettini, Educación Libertaria, Homeshooling, entre outras) que suscitan a necesidade dun novo paradigma educativo. O proxecto créase co interese de alimentar o debate social de cara á reflexión sobre as bases que sosteñen a escola, promovendo o desenvolvemento dunha educación integral centrada no amor, o respecto, a liberdade e a aprendizaxe.
Agardámosvos a todas pra coñecer e reflexionar colectivamente.
Xan
16
Ven
Asemblea Estatal das Marchas da Dignidade en Cangas.
Xan 16 @ 10:00 – 20:30
Asemblea Estatal das Marchas da Dignidade en Cangas. @ Cangas | Pontevedra | España

Como xa anunciaramos, a Asemblea de coordinación a nivel estatal das MMdD reunirase en Cangas do Morrazo, o día 17 de xaneiro, sábado, para preparar a axenda de mobilizacións que está deseñada para o ano 2015. Esta asamblea, que por primeira vez se celebra en Galiza, vai  ter lugar, en sesións de mañá e tarde, no salón de plenos do Concello de Cangas, tendo restrinxida a súa asistencia @s representantes das organizacións e territorios.

Previsiblemente o día anterior, o venres día 16, se celebre un acto público coa intervención de portavoces das distintas nacións do estado.

Esta prevista a asistencia de máis de sesenta representantes das distintas organizacións e territorios de todo estado español que compoñen este movemento.

MANIFESTACIÓN 16X: XUSTIZA SOCIAL. NIN CARTOS NA ROTONDA, NIN ESTADO POLICIAL!
Xan 16 @ 20:00 – 21:00
 MANIFESTACIÓN 16X: XUSTIZA SOCIAL. NIN CARTOS NA ROTONDA, NIN ESTADO POLICIAL! @ Vigo | Galicia | España
O VENRES 16 de xaneiro a Asemblea Aberta de Coia convoca unha MANIFESTACIÓN baixo o lema: XUSTIZA SOCIAL. NIN CARTOS NA ROTONDA, NIN ESTADO POLICIAL!

Como na anterior manifestación, celebrada o pasado 12 de decembro, sairemos desde a Praza de América ás 20:00 para chegar, logo de percorrer a avenida de Castelao, á rotonda de Coia onde remataremos cunha concentración e coa lectura dun comunicado.

Semella que o alcalde está disposto a empregar toda a forza que ten de man para a calar a resistencia veciñal en contra das obras de instalación do barco. Unhas obras que estiveron paradas até o luns, cando de noite e con forte presenza policial, entraron de novo as máquinas.

O que o seu goberno intentar silenciar é que a nosa loita camiña na procura da Xustiza Social desde a non violencia. Desde o comezo do conflito a represión foi en aumento, ao punto de termos a tres compañeiros imputados por mentiras policiais, termos a persoas violentadas nas actuacións policiais, termos sancións  por tocar a bucina…

O que lle doe é que estamos a desvelar publicamente o seu “malgoberno” e tamén o desastre dunhas políticas sociais, para a galería, que deixan a moitas persoas da cidade sen luz, sen vivenda, sen alimentos básicos… en definitiva: sen dereitos sociais.

Nesta loita non sobra ninguén!  Por iso animamos a tódas as persoas, colectivos, asociacións, entidades deportivas… que turren con nós para facer posible outra cidade, na que as persoas e as súas necesidades sexan o primeiro.

XUSTIZA SOCIAL. NIN CARTOS NA ROTONDA, NIN ESTADO POLICIAL!


 

Asemblea Aberta de Coia
nonarotonda@gmail.com  |  @AsembleaDeCoia  |  facebook.com/asembleaabertacoia
XUSTIZA SOCIAL. NIN CARTOS NA ROTONDA, NIN ESTADO POLICIAL!

 

OFICINA DEREITOS SOCIAIS – COIA (ODS-Coia)
odscoia.arkipelagos.net | odscoia@riseup.net |@odscoia | tel: 696 618 732 – 679 758 663
Estamos os luns de 17h00 a 19h00 en Coia, nos locais da parroquia do Cristo da Vitoria (rúa Baiona 9, Vigo)
Xan
18
Dom
Concentración para apoiar a Javi Guerrero Carvajal
Xan 18 @ 19:00 – 19:30
Concentración para apoiar a Javi Guerrero Carvajal @ Pontevedra | Pontevedra | España
No Hospital Provincial de Pontevedra, ás 19.ooh. Estaremos mostrando o noso apoio ao noso compañeiro Javier Guerrero Carvajal, preso en A Lama dende o 12 de decembro.
galicia sur-cact (coordinadora anticarcelaria cárcel igual tortura)
Xan
24
Sáb
Estreo Documentario “CON PES DE CEMENTO”
Xan 24 @ 20:30 – 23:00
Estreo Documentario "CON PES DE CEMENTO" @ Nigrán | Galicia | España
Olá compañeiros e compañeiras: 

Chegou o día. Tras sete anos dende o comezo das entrevistas, o vindeiro sábado 24 de xaneiro estrearemos finalmente “Con Pés de Cemento”, que terá lugar na Casa Colorida, en Nigrán ( rosalía de castro 16, fronte ao parque da U ), ás 20:30.

Haberá birras artesanas, pinchitos, e por suposto, unha sesión aberta para charlar e compartir impresións suxeridas ou suxerentes, a finalizar á proxección.

CON PES DE CEMENTO (Documentario autoproducido)

Da a corrupción urbánistica á xestión forestal, este documentario recolle a voz das persoas que se organizan para defender outro modelo sociedade.
Guión, produción e realización a cargo de Porlanfit Produccións. 

Voz Narradora: Lucía Cid Cabido. Axudante de Animación: Pedro Rodriguez Luaces. Banda Sonora: GÜINTERVAN. Duración: 29’30”

Pregámosvos difusión…
Unha aperta.
Xan
29
Xov
Concentración no xulgado: O Concello reparte esmola, nós esiximos dereitos sociais!
Xan 29 @ 10:30 – 11:30
Concentración no xulgado: O Concello reparte esmola, nós esiximos dereitos sociais! @ Vigo | Galicia | España


O próximo xoves 29 de xaneiro, ás 10:45 celebrarase a vista no proceso iniciado por unha compañeira da ODS-Coia contra a denegación de dúas Axudas de Emerxencia Municipal por parte do Concello de Vigo. En apoio desta compañeira, a ODS-Coia, a parroquia “Cristo da Vitoria” e G.A.S. convocamos unha concentración de apoio nas portas dos propios xulgados (r/Lalín, Vigo) a partires das 10:30 baixo o lema: O Concello reparte esmola, nós esiximos dereitos sociais!

Nesta demanda contencioso-administrativa estanse a recorrer dúas resolucións da Concelleira de Benestar Social, Isaura Abelairas, nas que se fan patentes, por unha banda, a absoluta falla de motivación das resolucións denegatorias desta clase de prestacións e o grave incumprimento da tramitación legalmente esixida no procedemento administrativo; e por outra banda, a arbitrariedade na concesión das axudas, e a falla de resposta eficaz, en contía e tempo, por parte do Departamento de Benestar Social do Concello de Vigo.

Os motivos de oposición alegados no recurso son:

– Infracción das normas reguladoras do procedemento administrativo: falla de cumprimento dos trámites legalmente esixidos. Incumprimento da estimación por silencio administrativo.

– Falla de suficiente motivación da denegación das axudas.

– Incumprimento das bases reguladoras das Axudas de Emerxencia en canto a produción e contido, por infrinxir a finalidade, requisitos de acceso e contía máximas das axudas.

O caso desta compañeira, que o xoves colocaremos diante do xuíz do Xulgado do Contencioso nº 1 de Vigo, non é máis que un exemplo dos centos de persoas que cada día ven como non se respectan os seus dereitos como administrados, como cidadáns, e como o Concello de Vigo perpetúa unha política social na que a opacidade, a irregularidade e a miseria son a regra xeral.

Este xuízo é o primeiro dunha loita, que o 18 de febreiro continuará, xa que outra compañeira acode tamén aos xulgados na procura da protección. Unha protección que o departamento de Benestar Social négase a ofrecer, malia a publicidade dun alcalde que fala das mellores políticas sociais do mundo, mentres as persoas sufrimos nos servizos sociais os: “non hai cartos”, “tes que te arranxar coa RISGA”, “xa recibiches moitas axudas”…. dun departamento colapsado e xestionado de costas ás necesidades básicas da xente.

 

Coia, xaneiro 2015

ODS-Coia, Parroquia Cristo da Vitoria e Grupo Axitación Social (G.A.S.)

Xan
30
Ven
CONVOCATORIA Acción #BesosContraLaViolencia 30 xaneiro ASINADE O MANIFESTO
Xan 30 @ 20:00 – 21:00
 CONVOCATORIA Acción #BesosContraLaViolencia 30 xaneiro ASINADE O MANIFESTO @ Vigo | Galicia | España

Boas compas,

Este venres 30 ás 20h organizamos unha bicada a nivel estatal con motivo do  día pola paz e a non violencia e para denunciar todas as agresións LGTBfóbicas acontecidas no pasado ano contra parellas do mesmo sexo e persoas transexuais.
Esperamos a vosa participación o 30 DE XANEIRO ÁS 20H EN PRINCIPE FRONTE O MARCO
Aqui podedes ver toda a info, ademáis de ler o manifesto que podedes asinar a nivel individual ou como entidade para sumaros o mesmo:
Ademáis anexamos o cartaz para a súa difusión
APERTAS!!
Feb
5
Xov
Presentación do libro La traducción de la anarquia.
Feb 5 @ 20:00 – 23:00
Presentación do libro La traducción de la anarquia. @ Vigo | Galicia | España
Saúde!

O próximo xoves 5, na Quinta da carmiña, terá lugar a presentación do libro “La traducción de la anarquia.  El anarquismo en Occupy Wall Street”. O acto será a cargo do seu escritor, Mark Bray.

Deixamos a contraportada do libro para que miredes un pouquiño de que vai, tamén adxuntamos o cartaz.

Gracias pola difusión!

Vémonos na Quinta!!

La traducción de la anarquía. El anarquismo en Occupy Wall Street parte de casi doscientas entrevistas que el autor realiza a participantes de Occupy Wall Street, para exponer el estudio de este movimiento popular analizando su motivación, contradicciones, tácticas, proyección… en el contexto del ámbito antagonista norteamericano.
La traducción de la anarquía es la puesta en marcha de prácticas genuinamente libertarias en la organización y funcionamiento de Occupy Wall Street. Así, el movimiento se basa en la democracia directa, el apoyo mutuo, la acción directa, la autogestión, el rechazo al parlamentarismo… y cuenta con un notable protagonismo de anarquistas entre sus militantes. Se repasan las ideas anárquicas y su desarrollo, y los debates que se dieron en Occupy Wall Street en torno a la atención de los medios de comunicación, la horizontalidad en la toma de decisiones, el uso de la violencia, el racismo latente…
La traducción de la anarquía. El anarquismo en Occupy Wall Street cuenta con el valor añadido de tener un autor, Mark Bray, que no aborda el estudio desde cierta distancia academicista sino que fue uno de los protagonistas activos de estas movilizaciones.

Mark Bray participó en los grupos de prensa y acción directa de Occupy Wall Street, en Nueva York. Actualmente, forma parte de la Federación Anarquista Rosa Negra y el sindicato IWW. También, está finalizando el Doctorado en Historia en la Universidad Rutgers, estudiando el anarquismo, la propaganda por el hecho y la represión estatal en España a finales del siglo XIX

Feb
19
Xov
Concentración: Fronte á esmola das axudas do Concello, esiximos dereitos sociais!
Feb 19 @ 9:30 – 11:00

 

O vindeiro mércores 18 de febreiro, ás 10h00 celebrarase un novo xuízo contra o Departamento de Benestar Social do Concello de Vigo, iniciado por unha compañeira da ODS-Coia, en reclamación contra a resolución pola que se lle denega unha Axuda de Emerxencia Municipal (AEM) para débedas de subministración (luz e gas). En apoio desta compañeira, a ODS-Coia, a parroquia “Cristo da Vitoria” e G.A.S. convocamos unha concentración de apoio nas portas dos propios xulgados (r/Lalín, Vigo) a partires das 9:30 da mañá baixo o lema: Fronte á esmola das axudas do Concello, esiximos dereitos sociais!Trátase do segundo xuízo contra este departamento pola cuestión das AEM, o pasado 29 de xaneiro celebrouse a vista na que unha compañeira demandaba ao concello pola denegación de dúas AEM. Até o momento non foi comunicada unha sentenza que agardamos con esperanza.

A solicitude denegada foi presentada o 02/07/2014 e o 14/11/2014 ditouse resolución denegando a mesma por dous motivos:

1º. A solicitante cobra unha RISGA de 239,03 euros. Segundo o criterio do Departamento de Benestar Social, uns ingresos suficientes para afrontar os gastos ordinarios (entre eles a luz e o gas). Así se recolle literalmente: “vostede percibe una RISGA dende xullo deste ano e a partir de agora ten que asumir os gastos xerais e suministro da vivenda, xa que son gastos ordinarios”.

2º. Tamén se denega a axuda por terse superado a contía máxima que se concede por vivenda e ano para as débedas de subministración.

Dende a ODS-Coia apoiamos este recurso xa que:

1º. Non pode admitirse que a unha persoa con dous menores ao seu cargo, de 5 anos e dúas semanas de idade, que conta como únicos ingresos cunha RISGA de 239 euros (máis pensión de alimentos), se lle indique dende o Departamento de benestar Social que non ten dereito a percibir máis axuda económica, por considerarse suficiente dita contía mensual para afrontar as súas necesidades básicas, e as da súa familia.

Ademais, as bases reguladoras non establecen a percepción da RISGA como circunstancia que impida ou restrinxa o cobro dunha AEM.

2º. Non é certo que a compañeira superase a contía máxima anual para axudas de subministración, xa que a base 7ª das bases fixa ese máximo (para luz e gas) en 800 €, e a recorrente percibiu durante todo o ano 2014 para eses dous conceptos un total de 519,41 euros, tal e como consta nos expedientes administrativos aos que tivemos acceso.

3º. Finalmente, ao terse superado o tempo máximo de resolución deste tipo de axudas (3 meses) a solicitude tivo que ser estimada por silencio administrativo, xa que o prazo para resolver finalizou o 02/10/2014 e a resolución non se dita até o 14/11/2014, e se notifica o 04/12/2014.

Contacto coa prensa: Esther 679 758 663

Proxeccións “As Ghatas Salvaxes”: Mi Hija Hildegart
Feb 19 @ 20:30 – 23:00
Proxeccións "As Ghatas Salvaxes": Mi Hija Hildegart

As Ghatas Salvaxes [Ghrupo de Axitación Teatral, Ecoar ))) – Vigo] organizan xunto co C.S.A “A Cova Dos Ratos” e o Ateneo Ferrolán Hildegart, retrospectiva arredor da figura de Hildegart Rodriguez Carballeira. A actividade terá lugar no C.S.A “A Cova Dos Ratos” e contará cos seguintes eventos:

Exposición Permanente e Punto de venta de libros, do 12 de Febreiro ó 12 de Marzo
Proxeccións “As Ghatas Salvaxes” [Cine Forum], xoves 19 de Febreiro ás 20:30h Mi Hija Hildegart (1977, Fernando Fernán Gómez)
Conferencia Acto de clausura, a cargo de Jose Mnuel Pelaez [por confirmar] 

 

Feb
22
Dom
Obra Teatro e obradoiro crianzas_ domingo 22 á 13:00 na CASA COLORIDA
Feb 22 @ 13:00 – 14:00
Obra Teatro e obradoiro crianzas_ domingo 22 á 13:00 na CASA COLORIDA @ Nigrán | Galicia | España
Ola!
Este domingo 22 de Febreiro á 13:00 temos no espazo da Casa Colorida
unha Obra de Teatro da man do Coletivo Teatro Estepario
coa obra "Teddy Bear, ¿quien robó el osito? " no que alén da obra desenvolven un
mini-obradoiro interativo coas crianzas.

Por se é de interese, podedes mirar máis detalles do evento neste enlace
https://rede.imaxinaria.org/events/event/view/18090/teatro-estepario-teddy-bear-na-casa-colorida

Unha aperta coletiva!
Mar
12
Xov
Contra a criminalización da protesta
Mar 12 @ 9:30 – 10:30
Contra a criminalización da protesta @ Vigo | Pontevedra | España

A ODS-Coia apoia a convocatoria de concentración da Asemblea Aberta de Coia que levará o lema: contra a criminalización da protesta. Basta de montaxes policiais! Será este xoves 12 de marzo ás 9:30, diante dos xulgados de Vigo.

O goberno de Caballero e a súa policía local seguen na procura de castigos “exemplarizantes” para acalar as protestas de Coia en contra do barco na rotonda.

Logo das mentiras que remataron na condena de Xurxo, agora van a por Diego (compañeiro da ODS-Coia) acusado dun delito de atentado. Dous axentes da policía local, supostamente lesionados nas protestas do 15/12/2014 na rotonda, están citados para prestar declaración, como denunciantes e prexudicados, o xoves 12 ás 10:00 e 10:30, respectivamente, no Xulgado de Instrución nº 4.

Estes axentes aínda están a tempo para deter esta maquinaria. Se teñen vontade de facelo é doado: contar na declaración do xoves a verdade que non contaron nos atestados, isto é, que non houbo ningún tipo de agresión cara eles, nin por parte de Diego, nin por parte de ningún outro membro da Asemblea Aberta de Coia.

As alí presentes sabemos que esa é a verdade, e por isto, convocamos unha concentración de apoio a Diego, e de rexeitamento á manipulación policial.

Acudide aos xulgados para dicir basta aos montaxes policiais, á represión.

Solidariedade coa loita veciñal, solidariedade con Diego!


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!