A túa contorna móvese! Aquí poderás atopar as accións, charlas, actos, mobilizacións e demais iniciativas que fan os colectivos que constrúen ao redor da Ría de Vigo (agrupacións, plataformas, asociacións, ONG,…)
Co gallo de informar sobre a movilización do 29 de novembro, que ten por obxectivo encher de dignidade a Praza do Obradoiro en Compostela, e das tarefas que as MARCHAS DA DIGNIDADE están levando a cabo na nosa cidade, a nivel nacional, e tamén a nivel estatal,convocase a toda a veciñanza a participar nun acto público, aberto, que terá lugar o vindeiro venres, 21 de novembro, ás 20:00 horas NO CENTRO CÍVICO DE TEIS, (Maceiras s/n).
As Marchas da Dignidade nacen da confluencia de colectivos sociais, asociacións, plataformas de persoas afectadas, organizacións políticas, grupos veciñais, intelectuais, artistas e persoas a título individual que entendemos que tan só desde a unidade podemos dar resposta á situación de emerxencia social na que nos atopamos. Unha emerxencia social que vén debido ás sangrantes cifras de paro, a reforma laboral e os recortes sociais que son as ferramentas utilizadas polos poderes económicos para seguir mantendo e aumentando as súas cotas de beneficios, mentres abócasenos ao pobo a unha situación cada vez máis preto da pobreza.
PAN
Son máis de 460.000 as persoas que viven por debaixo do límite da pobreza na Galiza, e a pobreza infantil sitúase en niveis superiores ao 22%. Coa supresión de diversos comedores escolares, quedou en evidencia a extrema dificultade que teñen moitas familias en situación de pobreza severa para alimentar os e as súas fillas. Ademais, ONGs afirman que nos últimos 5 anos aumentaron a case 4 veces máis as solicitudes de atención.
TRABALLO
Ter mans para traballar, ter unha carreira terminada, dispor da túa capacidade tanto manual como intelectual e non encontrar un emprego digno é humillante. Cun paro masivo do 22,3% na Galiza (chegando ao 48,4% entre a mocidade) a patronal aproveitase deste drama para baixar os soldos e as condicións laborais das persoas que aínda teñen emprego, polo que atopámonos nunha situación na que ter un emprego xa non é tan sequera garantía de saír da pobreza.
TEITO
Neste último ano os desafiuzamentos subiron na Galiza, especialmente na zona de Pontevedra con 282 familias que foron expulsadas das súas casas, por non teren a capacidade de facer fronte á súa hipoteca. Non hai nada máis inhumano que desaloxar a unha familia do seu fogar, só para alimentar a voracidade insaciable duns banqueiros sen escrúpulos.
Aproveitan a crise para recortar en dereitos (saúde, educación, dependencia, transportes públicos, enerxía, servizos sociais…). Estas políticas de recortes están causando sufrimento, pobreza e incluso mortes e todo para que a banca e os poderes económicos sigan tendo beneficios. Todo a custa das nosas vidas.
Por iso, desde a Marcha da Dignidade chamamos a tomar o Obradoiro en Compostela o 29/11. Necesitamos unha mobilización unitaria e masiva contra o pago da débeda, polo emprego digno, polos dereitos sociais, polas liberdades democráticas, contras os recortes, a represión e a corrupción, pola renda básica, por unha sociedade de mulleres e homes libres; unha mobilización contra un réxime e uns gobernos que nos agriden e non nos representan. Unha mobilización camiño á conquista das nosas vidas.
PAN, TRABALLO E TEITO!
Como xa anunciaramos, a Asemblea de coordinación a nivel estatal das MMdD reunirase en Cangas do Morrazo, o día 17 de xaneiro, sábado, para preparar a axenda de mobilizacións que está deseñada para o ano 2015. Esta asamblea, que por primeira vez se celebra en Galiza, vai ter lugar, en sesións de mañá e tarde, no salón de plenos do Concello de Cangas, tendo restrinxida a súa asistencia @s representantes das organizacións e territorios.
Previsiblemente o día anterior, o venres día 16, se celebre un acto público coa intervención de portavoces das distintas nacións do estado.
Esta prevista a asistencia de máis de sesenta representantes das distintas organizacións e territorios de todo estado español que compoñen este movemento.