Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Almanaque - ECOAR))) | ECOAR)))
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

Almanaque

A túa contorna móvese! Aquí poderás atopar as accións, charlas, actos, mobilizacións e demais iniciativas que fan os colectivos que constrúen ao redor da Ría de Vigo (agrupacións, plataformas, asociacións, ONG,…)

Mai
10
Sáb
Acto de rúa “Dereito á liberdade de expresión”
Mai 10 @ 9:00 – 10:00

Nas numerosas manifestacións que se celebraron nas nosas rúas nos tres últimos anos, moitas delas dirixidas a protestar contra as políticas de austeridade aplicadas polas autoridades no contexto da crise económica, houbo un incremento de denuncias polo uso indebido da forza por parte dos membros das Forzas de seguridade do Estado, as detencións e as multas subseguintes. Amnistía Internacional lanza unha campaña para esixir ás autoridades españolas que garantan o dereito de expresión e reunión pacíficas dos cidadáns, tal e como recollen a maioría dos tratados internacionais de dereitos humanos nos que España toma parte. Os Corpos e Forzas de seguridade deben absterse de usar a forza cando se trate de manifestantes pacíficos e deben protexer este dereito, cuxo exercicio non necesita dunha autorización por parte das autoridades.
O próximo sábado, 10 de maio, na rúa do Príncipe (esquina con Velázquez Moreno) dás 11.00 ás 14.00, realizaremos un acto de rúa no que recolleremos sinaturas para reivindicar ante o Goberno o noso dereito á liberdade de expresión e reunión pacíficas, hoxe seriamente ameazado no noso país.

Contamos  co teu apoio para que nos axudes a difundir esta acción e nos acompañes para dicir connosco: ¡NON PENSAMOS CALAR!

Xuñ
21
Sáb
Acto de Rúa: Stop Tortura!
Xuñ 21 @ 9:00 – 12:00
Acto de Rúa: Stop Tortura! @ Vigo | Galicia | España
SÁBADO 21 XUÑO:ACTO NA RÚA DE AI VIGO: STOP TORTURA

30 Anos de promesas incumpridas

Durante máis de 50 anos, Amnistía Internacional estivo loitando por erradicar un dos actos máis abominables que un ser humano pode perpetrar contra outro: a tortura. A propia palabra tráenos á mente prácticas aberrantes e inhumanas que envelenan o Estado de dereito e substitúeno polo terror. O dereito a non sufrir tortura é un dereito humano inalienable, pero é unha práctica que se continúa exercendo para extraer información, silenciar á disidencia ou como forma cruel de castigo. Constitúe unha das maiores violacións de dereitos humanos e prodúcese nun grande número de países do mundo, a pesar de que case ningún o recoñece abertamente.

Hai 30 anos, o noso movemento liderou a campaña para conseguir que a ONU adoptase a innovadora Convención contra a Tortura que anos máis tarde foi ratificada por 155 países. A pesar dos avances durante estas tres décadas, hoxe faise necesario recorrer de novo a unha acción global de dous anos de duración para que os gobernos cumpran o que entón acordaron, para pedirlles que implanten mecanismos de protección para previr e castigar esta práctica: exames médicos adecuados, acceso rápido aos avogados, controis independentes dos centros de detención, investigacións independentes e efectivas das denuncias de tortura,  enxuizamento dos presuntos autores e reparación adecuada ás vítimas. Amnistía Internacional Vigo presentará a campaña Stop Tortura  o día 21 de xuño nun acto de rúa que terá lugar na Porta do Sol das 11 ás 14 horas, que contará coa colaboración da compañía de teatro Codia e Miolo e no que se recollerán sinaturas destinadas aos gobernos de México e Marrocos en relación con dous casos de tortura

.           “A tortura non só está viva e goza de boa saúde: florece en moitas partes do mundo. O aumento do número de gobernos que tratan de xustificar a tortura so pretexto da seguridade nacional erosiona os constantes avances logrados neste terreo no últimos trinta anos. En todo o mundo hai gobernos hipócritas ante a tortura: prohíbena na lei, pero facilítana na práctica“, afirmou Salil Shetty, secretario de Amnistía Internacional,  na presentación da campaña, que inclúe unha enquisa para avaliar as actitudes cara á tortura no mundo. Segundo os resultados que recolle GlobeScan, a empresa encargada do estudo, case a metade das persoas enquisadas teñen medo e senten persoalmente vulnerables á tortura. A inmensa maioría  cre que deberían existir unhas normas claras contra ela, pero máis dun terzo segue pensando que podería xustificarse en certas circunstancias. En conxunto, pódese ver un amplo apoio global da opinión pública a que se actúe para previr a tortura.

Cando un goberno permite a tortura, ninguén está a salvo pero afecta moi significativamente a mulleres, nenos e persoas pertencentes ao colectivo  LGBTI, os grandes esquecidos cando se fala de persoas torturadas. A loita global contra a tortura forma parte da historia de AI, é o noso legado e, ata que a última cámara de tortura se clausure definitivamente, será o noso futuro, aínda que agora se centrará en cinco países – México, Nixeria, Usbequistán, Marrocos e Filipinas-  onde está xeneralizada e onde a organización cre que pode lograr un impacto significativo. A espiña dorsal da campaña estará formada por informes de fondo con recomendacións concretas.

En canto a España, que ratificou a Convención en 1987,  Amnistía Internacional seguiu recibindo denuncias sobre tortura e malos tratos por parte dos corpos e forzas de seguridade do Estado. O denominador común é a falta de investigación e rendición de contas. As autoridades seguen sen recoñecer que se trata dun problema persistente, néganse a considerar a tortura como crime de dereito internacional   e nas sucesivas reformas do código penal a tortura segue sen tipificarse correctamente. A nosa organización esixe que sexa contemplada como delito autónomo e como crime de dereito internacional para que sexa imprescriptible en todos os casos, non estea suxeito a amnistía e non sexa obxecto de indulto.

Xan
10
Sáb
Fin á ilegalidade e a inxustiza de Guantánamo
Xan 10 @ 11:30 – 14:00
Fin á ilegalidade e a inxustiza de Guantánamo @ Vigo | Galicia | España

Amnistía Internacional convoca un acto de protesta o próximo sábado 10 de xaneiro,  de 11.30 a 14 na rúa do Príncipe, para recordar que se cumpren 13 anos da entrada en funcionamento da prisión deGuantánamo, que o presidente Barack Obama prometeu pechar en xaneiro de 2010 como moi tarde. Non obstante, aínda hai máis dun centenar de homes alí, a pesar de terse ditado ordes xudiciais para a súa liberdade.

Amnistía Internacional leva máis de 10 anos pedindo ás autoridades estadounidenses que poñan fin á ilegalidade e a inxustiza de Guantánamo. O presidente Obama xustifica o incumprimento da súa promesa parapetándose no obstrucionismo do Congreso, as presións internas e o clima de temor de Estados Unidos, pero isto non é unha escusa válida. Estados Unidos non admite a outros países razóns deste tipo, e o resto do mundo non llas debe admitir a eles.
O goberno estadounidense debe pechar Guantánamo de inmediato e poñer fin á política de falta de respecto polos dereitos humanos que chegou a simbolizar este centro de detención. Debe renegar da súa doutrina da guerra global e incorporar as normas internacionais de dereitos. Pero Amnistía Internacional recorda ás autoridades estadounidenses que non debe proceder á devolución de detidos a lugares onde exista o perigo real de que os sometan a violacións de dereitos humanos, e que Estados Unidos non debe poñer condicións ás transferencias de detidos que, de ser impostas polo goberno receptor, vulnerarían o dereito e as normas internacionais de dereitos humanos.


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!