A túa contorna móvese! Aquí poderás atopar as accións, charlas, actos, mobilizacións e demais iniciativas que fan os colectivos que constrúen ao redor da Ría de Vigo (agrupacións, plataformas, asociacións, ONG,…)
A ASEMBLEA REPUBLICANA DE VIGO CONVOCA HOXE AOS VIGUESES E VIGUESAS A UNHA CONCENTRACIÓN NO MARCO ÁS 20 HORAS PARA DICIR NON Á MONARQUÍA SEXA QUEN SEXA O SEU TITULAR.
.¡¡¡¡ABAIXO O BORBÓN¡¡¡¡
¡¡¡¡ VIVA A REPÚBLICA ¡¡¡¡
¡¡¡¡ BORBÓNS NUNCA MAIS ¡¡¡¡¡
O vindeiro 19 de xuño nomearán a Felipe de Borbón xefe do estado a título de Rei. O seu único mérito será o de ser fillo do seu pai, tal como o do seu pai fora o de ter sido nomeado polo ditador.
Compre preguntarse, de onde provén a lexitimidade que queren darlle a Felipe Borbón? . Xa o dixemos. Provén dun golpe de estado e dunha guerra xenocida. De onde a súa presunta preparación? De que e quen o examinou?. Falar da súa preparación é un insulto á intelixencia do pobo, unha ofensa aos milleiros de estudantes que se examinan da selectividade, que preparan doutoramentos ou que opositan á administración do estado. Un insulto aos traballadores e traballadoras que se examinan a cotío nos seus lugares de traballo e nas empresas para poder subsistir, unha ofensa aos labregos ou aos mineiros que se enfrontan ao tribunal da terra, aos mariñeiros, aos xubilados, aos pensionistas, aos traballadores do metal, as mariscadoras ou redeiras que se preparan a cachón día tras día para poder seguir aprobando o exame da vida e da supervivencia nun mundo de explotación e abusos sen fin.
Abofé que Felipe Borbón aprobará o exame do tribunal dos especuladores e dos banqueiros delincuentes, da troica e do FMI, da OTAN e da Unión Europea, de Walt Street e das empresas do IBEX, das monarquías absolutas do Golfo Pérsico e do Pentágono. Será, con seguridade, saudado por eles e os seus cómplices aquí….. Pero , como os seus antepasados e o seu pai, será suspendido polo tribunal do pobo . Non esquezamos que cada vez que o pobo puido
elixir sempre elixiu REPÚBLICA. Primeiro en 1873 , cando Sabela II tivo que fuxir a fume de carozo dun lugar onde ninguén a quería. E logo en 1931, cando Alfonso XIII, colaborador e cómplice coa ditadura de Primo de Rivera marchou cara ao exilio logo dunhas eleccións municipais. Tamén nós imos ter unhas eleccións municipais dentro de menos dun ano…………non o esquezamos.
O día 19 de xuño, data prevista para a proclamación como rei deste novo Borbón, vai chegar un novo Prestige ás rúas de Vigo e as rúas de Galicia toda. Un novo Prestige que enchera de chapapote as entrañas do pobo para emporcar os seus ancellos de participación democrática e o seu dereito a poder decidir sobre a “res publica”.
Pero tal como fixemos hai dez anos, seremos nós , os galegos e galegas, os que nos movilizaremos en masa para arrincar este novo e noxento chapapote que nos ameaza derrotando así a pantasma apodrecida desta nova restauración monárquica que pretende impor o bloque dominante para que nada cambie e para que todo sega igual
E temos que impedilo, temos que dicir non a este engano, temos que saír as rúas para republicanizar as loitas e os conflictos sociais e para encher o corpo das nosas cidades de motivos antimonárquicos, para dicirlles, nun berro alto e claro, que a democracia é o exercicio da soberanía popular e que a soberanía popular non se negocia as nosas costas.
Por todo isto A Asemblea Republicana de Vigo convoca a todos os vigueses e viguesas e tamén á veciñanza da bisbarra para que se manifesten polas rúas da cidade para berrar
¡¡¡FORA OS BORBONS¡¡¡
¡¡¡NON A MONARQUÍA¡¡¡
¡¡¡POLA REPÚBLICA¡¡¡