Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Almanaque - ECOAR))) | ECOAR)))
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

Almanaque

A túa contorna móvese! Aquí poderás atopar as accións, charlas, actos, mobilizacións e demais iniciativas que fan os colectivos que constrúen ao redor da Ría de Vigo (agrupacións, plataformas, asociacións, ONG,…)

Mar
19
Mér
Concerto 22M @ La Fábrica de Chocolate Club
Mar 19 @ 22:00 – 23:45

Entrada solidaria de 5€ destinada a sufraga-los gastos da viaxe a Madrid ás Marchas da Dignidade 22M da columna galega. ¡NON PODES FALTAR!

Evento en facebook: Concerto en apoio ás Marchas da Dignidade

1507679_10200523482727994_1430906025_n

Abr
14
Lun
Manifestación pola república @ Dende a farola de Urzaiz
Abr 14 @ 18:00
Abr
30
Mér
XORNADA DE LOITA nas oficinas do INEM
Abr 30 @ 10:00 – 22:00
XORNADA DE LOITA nas oficinas do INEM  @ Vigo | Galicia | España
A Asemblea Nacional Galega das marchas da dignidade acordou na xuntanza de Teo, entre outras cuestions, convocar, na víspera do primeiro de maiounha xornada de loita contra a precaridade laboral e a insoportable situación que estamos a vivir en Galiza, e en todo o estado, con tasas de desemprego intolerables.
Traslademoslle aos gobernos, unha vez máis, que PAN TRABALLO E TEITO son dereitos irrenunciables para o ser humano.
 

O NIVEL DE DESEMPREGO É A PRECARIDADE LABORAL, QUE SE NOS IMPÓN HOXE, É INSOSTIBLE. EN GALIZA, E EN TODO O ESTADO,POR ISO, O DÍA 30, VISPERA DO DA FESTA DO TRABALLO, TEMOS QUE FACER QUE SE VISUALICE DIANTE DAS OFICINAS DE EMPREGO O QUE RECLAMAMOS, QUE NON É OUTRA COUSA QUE EMPREGO DIGNO E DE CALIDADE PARA TODAS E TODOS”

Xuñ
2
Lun
CONCENTRACIÓN ÁS 20:00 POLA REPÚBLICA
Xuñ 2 @ 18:00 – 19:30

A  ASEMBLEA REPUBLICANA DE VIGO CONVOCA HOXE AOS VIGUESES E VIGUESAS A UNHA CONCENTRACIÓN  NO MARCO ÁS  20 HORAS  PARA DICIR NON Á MONARQUÍA SEXA QUEN SEXA O SEU TITULAR.

.¡¡¡¡ABAIXO O BORBÓN¡¡¡¡
¡¡¡¡ VIVA A REPÚBLICA ¡¡¡¡

Xuñ
7
Sáb
Concentración: Fóra os Borbóns
Xuñ 7 @ 17:00 – 19:00
Xuñ
10
Mar
21X: Rodea o Parlamento [HORARIOS] [Marchas da Dignidade]
Xuñ 10 @ 14:30 – Xuñ 21 @ 15:30
21X: Rodea o Parlamento [HORARIOS] [Marchas da Dignidade] @ Vigo | Galicia | España

Horarios e contactos para desprazarse ata o “Rodea o Parlamento” o 21 de Xuño.

Xuñ
17
Mar
Manifestación Pola República: Borbóns Nunca Máis
Xuñ 17 @ 18:00 – 20:00
Manifestación Pola República: Borbóns Nunca Máis @ Vigo | Galicia | España

¡¡¡¡ BORBÓNS NUNCA MAIS ¡¡¡¡¡

O vindeiro 19 de xuño nomearán a Felipe de Borbón xefe do estado a título de Rei. O seu único mérito será o de ser fillo do seu pai, tal como o do seu pai fora o de ter sido nomeado polo ditador.

Compre preguntarse, de onde provén a lexitimidade que queren darlle a Felipe Borbón? . Xa o dixemos. Provén dun golpe de estado e dunha guerra xenocida. De onde a súa presunta preparación? De que e quen o examinou?. Falar da súa preparación é un insulto á intelixencia do pobo, unha ofensa aos milleiros de estudantes que se examinan da selectividade, que preparan doutoramentos ou que opositan á administración do estado. Un insulto aos traballadores e traballadoras que se examinan a cotío nos seus lugares de traballo e nas empresas para poder subsistir, unha ofensa aos labregos ou aos mineiros que se enfrontan ao tribunal da terra, aos mariñeiros, aos xubilados, aos pensionistas, aos traballadores do metal, as mariscadoras ou redeiras que se preparan a cachón día tras día para poder seguir aprobando o exame da vida e da supervivencia nun mundo de explotación e abusos sen fin.

Abofé que Felipe Borbón aprobará o exame do tribunal dos especuladores e dos banqueiros delincuentes, da troica e do FMI, da OTAN e da Unión Europea, de Walt Street e das empresas do IBEX, das monarquías absolutas do Golfo Pérsico e do Pentágono. Será, con seguridade, saudado por eles e os seus cómplices aquí….. Pero , como os seus antepasados e o seu pai, será suspendido polo tribunal do pobo . Non esquezamos que cada vez que o pobo puido

elixir sempre elixiu REPÚBLICA. Primeiro en 1873 , cando Sabela II tivo que fuxir a fume de carozo dun lugar onde ninguén a quería. E logo en 1931, cando Alfonso XIII, colaborador e cómplice coa ditadura de Primo de Rivera marchou cara ao exilio logo dunhas eleccións municipais. Tamén nós imos ter unhas eleccións municipais dentro de menos dun ano…………non o esquezamos.

O día 19 de xuño, data prevista para a proclamación como rei deste novo Borbón, vai chegar un novo Prestige ás rúas de Vigo e as rúas de Galicia toda. Un novo Prestige que enchera de chapapote as entrañas do pobo para emporcar os seus ancellos de participación democrática e o seu dereito a poder decidir sobre a “res publica”.

Pero tal como fixemos hai dez anos, seremos nós , os galegos e galegas, os que nos movilizaremos en masa para arrincar este novo e noxento chapapote que nos ameaza derrotando así a pantasma apodrecida desta nova restauración monárquica que pretende impor o bloque dominante para que nada cambie e para que todo sega igual

E temos que impedilo, temos que dicir non a este engano, temos que saír as rúas para republicanizar as loitas e os conflictos sociais e para encher o corpo das nosas cidades de motivos antimonárquicos, para dicirlles, nun berro alto e claro, que a democracia é o exercicio da soberanía popular e que a soberanía popular non se negocia as nosas costas.

Por todo isto A Asemblea Republicana de Vigo convoca a todos os vigueses e viguesas e tamén á veciñanza da bisbarra para que se manifesten polas rúas da cidade para berrar

 ¡¡¡FORA OS BORBONS¡¡¡

¡¡¡NON A MONARQUÍA¡¡¡

¡¡¡POLA REPÚBLICA¡¡¡

Xuñ
21
Sáb
RODEA O PARLAMENTO
Xuñ 21 @ 10:00 – 13:00

Xul
21
Lun
Galiza con Palestina
Xul 21 @ 20:00 – 22:00
Nov
6
Xov
“MARCHAS DA DIGNIDADE” : O 6 de NoVeMbRo tOd0s e tOdAs á RúA
Nov 6 @ 20:00 – 21:00
"MARCHAS DA DIGNIDADE" : O 6 de NoVeMbRo tOd0s e tOdAs á RúA @ Vigo | Galicia | Spain

Manifestaremonos en Vigo, e nas sete cidades galegas quentando motores para esa gran mobilización que vai ser o 29 de novembro en Compostela. O “OCUPEMOS O OBRADOIRO”. Contra o pago da débeda, polo emprego digno, polos dereitos sociais, polas liberdades democráicas, contra os recortes, a represión e a corupción, pola renda básica, por unha sociedade de muleres e homes libres, contra un rexime que nos agride e non nos representa, este xoves estaremos nas rúas e faremos un chamamento a toda a clase trabaladora, ás clases populares, e ao estudantado para que se sumen e participen connosco o 29N na “Toma do Obradoiro” en Compostela na que será unha mobilización unitaria e masiva camiño da conquista das nosas vidas.

 

Cara o 29N camiñamos xuntas máis de cuarenta organizacións e colectivos sindicais, políticos e dos movementos sociais de Galicia CONTRA A CORRUPCIÓN E CONTRA OS CORRUPTOS porque a PAN TRABALLO E TEITO, O POBO TEN DEREITO.


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!