A túa contorna móvese! Aquí poderás atopar as accións, charlas, actos, mobilizacións e demais iniciativas que fan os colectivos que constrúen ao redor da Ría de Vigo (agrupacións, plataformas, asociacións, ONG,…)
Manifestaremonos en Vigo, e nas sete cidades galegas quentando motores para esa gran mobilización que vai ser o 29 de novembro en Compostela. O “OCUPEMOS O OBRADOIRO”. Contra o pago da débeda, polo emprego digno, polos dereitos sociais, polas liberdades democráicas, contra os recortes, a represión e a corupción, pola renda básica, por unha sociedade de muleres e homes libres, contra un rexime que nos agride e non nos representa, este xoves estaremos nas rúas e faremos un chamamento a toda a clase trabaladora, ás clases populares, e ao estudantado para que se sumen e participen connosco o 29N na “Toma do Obradoiro” en Compostela na que será unha mobilización unitaria e masiva camiño da conquista das nosas vidas.
Cara o 29N camiñamos xuntas máis de cuarenta organizacións e colectivos sindicais, políticos e dos movementos sociais de Galicia CONTRA A CORRUPCIÓN E CONTRA OS CORRUPTOS porque a PAN TRABALLO E TEITO, O POBO TEN DEREITO.
Seguindo a programación prevista para este mes de novembro, placenos presentar a escritora Elena López que vainos presentar a súa última obra “Sólo él me llama Marina de Beirut”.
A presentación será ás 19:00h na Quinta da Carmiña, rúa do Carme nº 1 (entrada polo lateral)
Esperamos veros e que disfrutedes da exposición!!
Saudos compañeiras!!
Dende o CSOA a Quinta da Carmiña, queremos convidarvos a todas ó festival de Hip-Hop que terá lugar o vindeiro sábado 22 a partires das 18:00h.
Esperamos que esta proposta alternativa sexa do voso agrado e que pasedes a votarlle un graffiti no muro libre o simplemente a votarlle un baile jeje!!
Vémonos o sábado 22 ás 18:00h
Unha aperta
O próximo xoves 5, na Quinta da carmiña, terá lugar a presentación do libro “La traducción de la anarquia. El anarquismo en Occupy Wall Street”. O acto será a cargo do seu escritor, Mark Bray.
Deixamos a contraportada do libro para que miredes un pouquiño de que vai, tamén adxuntamos o cartaz.
Vémonos na Quinta!!
Mark Bray participó en los grupos de prensa y acción directa de Occupy Wall Street, en Nueva York. Actualmente, forma parte de la Federación Anarquista Rosa Negra y el sindicato IWW. También, está finalizando el Doctorado en Historia en la Universidad Rutgers, estudiando el anarquismo, la propaganda por el hecho y la represión estatal en España a finales del siglo XIX
Saúde!!
O próximo venres 13 ás 20:00, na Quinta da Carmiña, temos o gusto de acoller:
O SEXO DOS HORRORES
É un espectáculo performativo, de crítica do xenero que procura transcender os estereotipo do heteronormativismo xogando, provocando…facendo da destrución do xenero unha luita en positivo, lonxe de victimismos e das ataduras dun sistema binarista.
Ademais, son unha “compañía ” inusual, lumpens organizadxs, unha organización horizontal e dinámica, que pretende facer do teatro e a performance, mais que un xeito de libre expresión, un xeito de luita con nos mesmxs e a nosa cotidianidade.
Esperemos que vos “horrorice” e vos trastorne tanto como a nos! !
ALI VOS ESPERAMOS! !
Saúde!!
Despois de unha finde de ensoño, para este venres facemos unha proposta moi interesante e algo máis tranquila. Para esta palestra contaremos coa presenza de Xoán Doldán profesor da Universidade de Santiago de Compostela e membro de Véspera de Nada e Nela Abella, de Verde Gaia e da Plataforma de Corcoesto, ambos integrados en ContraMINAcción.
Vémonos na Quinta a partir das 20:00h.
Na Quinta non podemos deixarvos sen xantar un sábado jeje así que CONVOCÁMOSVOS A UN XANTAR SOLIDARIO PARA O SÁBADO 21 ÁS 14:30H, o recadado irá para cubrir os gastos médicos dun compañeiro da Quinta. Coma sempre o XANTAR É DE BALDE, cada unha que aporte o que poida, a vontade.
Despois do xantar haberá asemblea aberta de horta
Vémonos na Quinta!!