A túa contorna móvese! Aquí poderás atopar as accións, charlas, actos, mobilizacións e demais iniciativas que fan os colectivos que constrúen ao redor da Ría de Vigo (agrupacións, plataformas, asociacións, ONG,…)
Que esconde a pelota?
A Copa do mundo levada ao Brasil pola FIFA non é so unha cuestión de futebol, senón mais ben un
evento completamente ostentoso e innecesario que representa un negocio tan redondo, para
corporacións e institucións, coma os balóns cos que tentan distraer a nosa atención, se analizamos
os millóns que move antes, durante e despois do mesmo. A pesar de estarmos a falar dun dos países
máis “futboleiros”, os investimentos na Copa topáronse cunha oposición de case o 80% da
poboación brasileira, feito lóxico se temos en conta que o país sofre unha das maiores taxas de
imposto do mundo, ademais do pagamento dunha débeda pública próxima ao 50% do PIB mentres
o pobo pasa fame. A Copa tivo un custo ata o momento de 11 billóns de euros, dos cales mais do
83% saíron dos impostos do propio pobo, que paga un evento ao que nin sequera poderá asistir se
temos en conta que o salario mínimo dx brasileirx ronda os 238€.
A copa do mundo non é das crianzas que xogan entre os cascallos, nin dxs obreirxs mortxs nas
obras de construción dos estadios, tampouco das mulleres e nenas explotadas sexualmente no Brasil
que verán a súa situación agravada pola realización da Copa, nin dxs traballadorxs que elaboran a
roupa deportiva en condicións de semi-escravitude, nin das culturas indíxenas desposuídas da súa
terra. A copa do mundo pertence aos intereses económicos de multinacionais e estados ou xs
deportistas millonarios que corren tras dun balón, pero por moito que o repitamos a copa do mundo
non é dos pobos, nin de quen non ten nin os servizos máis básicos e moito menos nosa.
Co pretexto da “pacificación” dos barrios intensificouse a militarización e o control social, e o
goberno, empregando tódolos medios ao seu alcance está levando a cabo unha operación de limpeza
social para desfacerse dos “indesexables”. Millares de familias foron desaloxadas violentamente e
os seus barrios foron arrasados polos proxectos de construción ligados á Copa do Mundo de 2014 e
aos Xogos Olímpicos de 2016. Traficantes e paramilitares ocúpanse do traballo sucio de expulsión
dxs que se resisten aos programas de urbanización, por medio de chantaxes e asasinatos. As
comunidades próximas aos estadios serán tomadas por un desproporcionado dispositivo policial,
incluíndo a presenza do exército, para garantir a seguridade dxs turistas e manter a inxustiza
disfrazada de orde.
Coma nos teñen acostumados, o estado e demais institucións nunca atenderán as demandas
populares e tentan ocultar e criminalizar a protesta. Pero non se equivoquen xa que non tódalas
voces piden circo, pola contra, fronte aos canóns da policía e ignorados polos mass merda hai voces
rebeldes que se resisten aos proxectos de limpeza social e non se deixarán vencer tan facilmente,
loitando por vivir con dignidade esta inxusta situación. Se o pobo precisa sanidade, educación,
vivenda, empregos e demais servizos básicos terá que conquistalos a través da unión e a loita.
Coa proxección destes documentarios, pretendese abrir un espazo para o debate en torno ao negocio
multinacional e a situación de precariedade dos pobos que acaban sendo organizadores de macroeventos
pseudo-deportivos, sen nin sequera seren preguntados.
Estes son os enlaces para ver os videos en internet:
BRASIL E A PACIFICACIÓN: http://www.youtube.com/watch?v=tiJIc9tWVOI
A COPA DAS COPAS: http://www.rtve.es/alacarta/videos/en-portada/portada-copa-copas/2612176/
O PREZO DA COPA DO MUNDO: http://www.estrelladigital.es/articulo/futbol/ano-han-asesinado-
121-ninos-mundial/20140531185752198432.html
O OUTRO LADO DO MUDIAL DO BRASIL: http://www.youtube.com/watch?
v=fTW1ePYoV7Q#t=11
SUDÁFRICA, FARENHEIT 2010: http://www.documaniatv.com/politica/documentos-tv-sudafricafarenheit-
2010-video_400374f68.html
Seguindo a programación prevista para este mes de novembro, placenos presentar a escritora Elena López que vainos presentar a súa última obra “Sólo él me llama Marina de Beirut”.
A presentación será ás 19:00h na Quinta da Carmiña, rúa do Carme nº 1 (entrada polo lateral)
Esperamos veros e que disfrutedes da exposición!!
Saudos compañeiras!!
Dende o CSOA a Quinta da Carmiña, queremos convidarvos a todas ó festival de Hip-Hop que terá lugar o vindeiro sábado 22 a partires das 18:00h.
Esperamos que esta proposta alternativa sexa do voso agrado e que pasedes a votarlle un graffiti no muro libre o simplemente a votarlle un baile jeje!!
Vémonos o sábado 22 ás 18:00h
Unha aperta
O próximo xoves 5, na Quinta da carmiña, terá lugar a presentación do libro “La traducción de la anarquia. El anarquismo en Occupy Wall Street”. O acto será a cargo do seu escritor, Mark Bray.
Deixamos a contraportada do libro para que miredes un pouquiño de que vai, tamén adxuntamos o cartaz.
Vémonos na Quinta!!
Mark Bray participó en los grupos de prensa y acción directa de Occupy Wall Street, en Nueva York. Actualmente, forma parte de la Federación Anarquista Rosa Negra y el sindicato IWW. También, está finalizando el Doctorado en Historia en la Universidad Rutgers, estudiando el anarquismo, la propaganda por el hecho y la represión estatal en España a finales del siglo XIX
Saúde!!
O próximo venres 13 ás 20:00, na Quinta da Carmiña, temos o gusto de acoller:
O SEXO DOS HORRORES
É un espectáculo performativo, de crítica do xenero que procura transcender os estereotipo do heteronormativismo xogando, provocando…facendo da destrución do xenero unha luita en positivo, lonxe de victimismos e das ataduras dun sistema binarista.
Ademais, son unha “compañía ” inusual, lumpens organizadxs, unha organización horizontal e dinámica, que pretende facer do teatro e a performance, mais que un xeito de libre expresión, un xeito de luita con nos mesmxs e a nosa cotidianidade.
Esperemos que vos “horrorice” e vos trastorne tanto como a nos! !
ALI VOS ESPERAMOS! !
Saúde!!
Despois de unha finde de ensoño, para este venres facemos unha proposta moi interesante e algo máis tranquila. Para esta palestra contaremos coa presenza de Xoán Doldán profesor da Universidade de Santiago de Compostela e membro de Véspera de Nada e Nela Abella, de Verde Gaia e da Plataforma de Corcoesto, ambos integrados en ContraMINAcción.
Vémonos na Quinta a partir das 20:00h.
Na Quinta non podemos deixarvos sen xantar un sábado jeje así que CONVOCÁMOSVOS A UN XANTAR SOLIDARIO PARA O SÁBADO 21 ÁS 14:30H, o recadado irá para cubrir os gastos médicos dun compañeiro da Quinta. Coma sempre o XANTAR É DE BALDE, cada unha que aporte o que poida, a vontade.
Despois do xantar haberá asemblea aberta de horta
Vémonos na Quinta!!