A túa contorna móvese! Aquí poderás atopar as accións, charlas, actos, mobilizacións e demais iniciativas que fan os colectivos que constrúen ao redor da Ría de Vigo (agrupacións, plataformas, asociacións, ONG,…)
Este venres día 1, ás 22:00, temos sesión de música folk!
Corre a cargo de dos grupos de Costa Rica, Seisiún e Peregrino Gris, que pronto rematarán a súa residencia de unhas 3 semanas na Casa Colorida, a cal foi campamento base na súa xira de concertos pola zona (bota unha ollada nas súas páxinas e flipa con canto rularon).
Nesta sesión festiva, como sempre a #prezo_libre, esperamos contar coa vosa asistencia e colaboración, para que entre todos fagamos que xiras como éstas e intercambios culturais internacionais sexan posibles e sostibles.
Chegou o día. Tras sete anos dende o comezo das entrevistas, o vindeiro sábado 24 de xaneiro estrearemos finalmente “Con Pés de Cemento”, que terá lugar na Casa Colorida, en Nigrán ( rosalía de castro 16, fronte ao parque da U ), ás 20:30.
Haberá birras artesanas, pinchitos, e por suposto, unha sesión aberta para charlar e compartir impresións suxeridas ou suxerentes, a finalizar á proxección.
CON PES DE CEMENTO (Documentario autoproducido)
Voz Narradora: Lucía Cid Cabido. Axudante de Animación: Pedro Rodriguez Luaces. Banda Sonora: GÜINTERVAN. Duración: 29’30”
Ola! Este domingo 22 de Febreiro á 13:00 temos no espazo da Casa Colorida unha Obra de Teatro da man do Coletivo Teatro Estepario coa obra "Teddy Bear, ¿quien robó el osito? " no que alén da obra desenvolven un mini-obradoiro interativo coas crianzas. Por se é de interese, podedes mirar máis detalles do evento neste enlace https://rede.imaxinaria.org/events/event/view/18090/ Unha aperta coletiva!teatro-estepario-teddy-bear- na-casa-colorida
*I Xornada NOSO AMBIENTE para veciñanza no Val Miñor, dinamizada por Proxecto Montenoso e coa proxección do Tesouro de Corcoesto. Documental
Data: *Venres 13 de 18:00 a 23:00 horas no Auditorio (Salón de Usos Múltiples) de Nigrán.*
Co-organizan: Cooperativa Galiza Imaxinaria , C.M.V.M.C.Camos, C.M.V.M.C. Montes de Couso , Proxecto Montenoso, Laboratorio do Común Casa Colorida, Alg-a Lab , e Truequelandia.
Estas xornadas están orientadas a toda a veciñanza do #ValMiñor e arredores da comarca que estén preocupadas polo medioambiente e a súa sustentabilidade.
O fío conductor da xornada son as Comunidades de Montes, por seren as institucións que máis directamente xestionan e coidan os nosos montes, mais sobre todo estas xornadas son para que a cidadanía en xeral, se achegue ao coñecemento, disfrute, autorresponsabilidade, debate e pensamento colectivo sobre este Ben Común.
*18:00h: Breve presentación do Proxecto Montenoso e dinámica coletiva entre Comunidades de Montes*.
A Xornada comeza coa presentación do Proxecto Montenoso onde as persoas asistentes, e principalmente as pertencentes ás comunidades de montes que se acheguen a este evento, poderán participar nunha dinámica colectiva e roda de recoñecemento do propio modelo de organización en man común, a través dunha dinamización que nos facilitará Fran Quiroga , unha das persoas que coordinan este proxecto que visibiliza e dinamiza os montes veciñais e as comunidades que os xestionan, traballando pola (re)apropiación destes montes por parte dxs veciñxs que os habitan.
*19:30h: **Pausa/Café *
*20:00h: Proxeción Documental “Tesouro de Corcoesto”.*
Os promotores deste documental comenzaron facelo cando souberon dos plans de facer unha mina de ouro a ceo aberto con tratamento de cianuro en plena Costa da Morte, unha das técnicas mineiras máis agresivas das practicadas no mundo.
*Unha estratexia empresarial opaca, unha política entreguista, unha poboación deprimida económicamente e polarizada en torno a un si ou non á mina, a alarma ecoloxista e un activismo cidadán urxente e efectivo que conseguíu o que non se prevía: parar a mina. Todo isto inspirou a realización de Tesouro de
Corcoesto.*O documental pretende ser unha ferramenta para a reflexión e o debate perante un modelo de desenvolvemento que víu propoñer o actual goberno da Xunta de Galicia. Un modelo que ten o lema “Galicia é unha mina”, e do cal Corcoesto sería o primeiro e máis senlleiro exemplo.
*Tesouro de Corcoesto é unha longametraxe documental de produción independente, respaldado polo micromecenado de 180 persoas e asociacións.
*21:30H: Pausa/Café *
*22:00h: Debate dos/as asistentes á xornada xunto con Cora Peña, autora de “Tesouro de Corcoesto”.*
Acompañarán nos intermedios desta xornada o*Trio Folk do Val Miñor *formado por Jose casal (Flauta), Samuel Soto (Bouzouki) e Louis Vásquez Vargas (Flauta).
*Nota: *Ao longo desta xornada, o equipo de documentaciònde Galiza Imaxinaria, fará unha *relatoría dos debates, reflexións e propostas sobre monte, medioambiente e sustentabilidade*, que logo publicará en aberto na prensa e nas redes sociais, enviará por mail a quen deixe o contacto e tratará o máis posible de facer chegar o resultado este esforzo de intelixencia colectiva deste venres ás administracións públicas da Comunidade de Galiza.
Vémonos no NOSO AMBIENTE!!!!!!!!!!!!