Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

Almanaque

A túa contorna móvese! Aquí poderás atopar as accións, charlas, actos, mobilizacións e demais iniciativas que fan os colectivos que constrúen ao redor da Ría de Vigo (agrupacións, plataformas, asociacións, ONG,…)

Ago
1
Ven
Concerto de música folk Seisiún e Peregrino Gris @ A Casa Colorida
Ago 1 @ 22:00 – 23:45

Este venres día 1, ás 22:00, temos sesión de música folk!

Corre a cargo de dos grupos de Costa Rica, Seisiún e Peregrino Gris, que pronto rematarán a súa residencia de unhas 3 semanas na Casa Colorida, a cal foi campamento base na súa xira de concertos pola zona (bota unha ollada nas súas páxinas e flipa con canto rularon).

Nesta sesión festiva, como sempre a #prezo_libre, esperamos contar coa vosa asistencia e colaboración, para que entre todos fagamos que xiras como éstas e intercambios culturais internacionais sexan posibles e sostibles.

Xan
24
Sáb
Estreo Documentario “CON PES DE CEMENTO”
Xan 24 @ 20:30 – 23:00
Estreo Documentario "CON PES DE CEMENTO" @ Nigrán | Galicia | España
Olá compañeiros e compañeiras: 

Chegou o día. Tras sete anos dende o comezo das entrevistas, o vindeiro sábado 24 de xaneiro estrearemos finalmente “Con Pés de Cemento”, que terá lugar na Casa Colorida, en Nigrán ( rosalía de castro 16, fronte ao parque da U ), ás 20:30.

Haberá birras artesanas, pinchitos, e por suposto, unha sesión aberta para charlar e compartir impresións suxeridas ou suxerentes, a finalizar á proxección.

CON PES DE CEMENTO (Documentario autoproducido)

Da a corrupción urbánistica á xestión forestal, este documentario recolle a voz das persoas que se organizan para defender outro modelo sociedade.
Guión, produción e realización a cargo de Porlanfit Produccións. 

Voz Narradora: Lucía Cid Cabido. Axudante de Animación: Pedro Rodriguez Luaces. Banda Sonora: GÜINTERVAN. Duración: 29’30”

Pregámosvos difusión…
Unha aperta.
Feb
22
Dom
Obra Teatro e obradoiro crianzas_ domingo 22 á 13:00 na CASA COLORIDA
Feb 22 @ 13:00 – 14:00
Obra Teatro e obradoiro crianzas_ domingo 22 á 13:00 na CASA COLORIDA @ Nigrán | Galicia | España
Ola!
Este domingo 22 de Febreiro á 13:00 temos no espazo da Casa Colorida
unha Obra de Teatro da man do Coletivo Teatro Estepario
coa obra "Teddy Bear, ¿quien robó el osito? " no que alén da obra desenvolven un
mini-obradoiro interativo coas crianzas.

Por se é de interese, podedes mirar máis detalles do evento neste enlace
https://rede.imaxinaria.org/events/event/view/18090/teatro-estepario-teddy-bear-na-casa-colorida

Unha aperta coletiva!
Mar
13
Ven
I Xornada NOSO AMBIENTE para veciñanza no Val Miñor, dinamizada por Proxecto Montenoso​ e coa proxección do Tesouro de Corcoesto. Documental​ @ Auditorio (Salón de Usos Múltiples) de Nigrán
Mar 13 @ 18:00 – 23:00
I Xornada NOSO AMBIENTE para veciñanza no Val Miñor, dinamizada por Proxecto Montenoso​ e coa proxección do Tesouro de Corcoesto. Documental​ @ Auditorio (Salón de Usos Múltiples) de Nigrán | Nigrán | Galicia | España

*I Xornada NOSO AMBIENTE para veciñanza no Val Miñor, dinamizada por Proxecto Montenoso​ e coa proxección do Tesouro de Corcoesto. Documental​

Data: *Venres 13 de 18:00 a 23:00 horas no Auditorio (Salón de Usos Múltiples) de Nigrán.*

Co-organizan: Cooperativa Galiza Imaxinaria​ , C.M.V.M.C.Camos, C.M.V.M.C. Montes de Couso​ , Proxecto Montenoso, Laboratorio do Común Casa Colorida​, Alg-a Lab​ , e Truequelandia​.

Estas xornadas están orientadas a toda a veciñanza do #ValMiñor e arredores da comarca que estén preocupadas polo medioambiente e a súa sustentabilidade.
O fío conductor da xornada son as Comunidades de Montes, por seren as institucións que máis directamente xestionan e coidan os nosos montes, mais sobre todo estas xornadas son para que a cidadanía en xeral, se achegue ao coñecemento, disfrute, autorresponsabilidade, debate e pensamento colectivo sobre este Ben Común.

*18:00h: Breve presentación do Proxecto Montenoso e dinámica coletiva entre Comunidades de Montes*.

A Xornada comeza coa presentación do Proxecto Montenoso onde as persoas asistentes, e principalmente as pertencentes ás comunidades de montes que se acheguen a este evento, poderán participar nunha dinámica colectiva e roda de recoñecemento do propio modelo de organización en man común, a través dunha dinamización que nos facilitará Fran Quiroga​ , unha das persoas que coordinan este proxecto que visibiliza e dinamiza os montes veciñais e as comunidades que os xestionan, traballando pola (re)apropiación destes montes por parte dxs veciñxs que os habitan.

*19:30h: **Pausa/Café *

*20:00h: Proxeción Documental “Tesouro de Corcoesto”.*

Os promotores deste documental comenzaron facelo cando souberon dos plans de facer unha mina de ouro a ceo aberto con tratamento de cianuro en plena Costa da Morte, unha das técnicas mineiras máis agresivas das practicadas no mundo.
*Unha estratexia empresarial opaca, unha política entreguista, unha poboación deprimida económicamente e polarizada en torno a un si ou non á mina, a alarma ecoloxista e un activismo cidadán urxente e efectivo que conseguíu o que non se prevía: parar a mina. Todo isto inspirou a realización de Tesouro de
Corcoesto.*O documental pretende ser unha ferramenta para a reflexión e o debate perante un modelo de desenvolvemento que víu propoñer o actual goberno da Xunta de Galicia. Un modelo que ten o lema “Galicia é unha mina”, e do cal Corcoesto sería o primeiro e máis senlleiro exemplo.
*Tesouro de Corcoesto é unha longametraxe documental de produción independente, respaldado polo micromecenado de 180 persoas e asociacións.

*21:30H: Pausa/Café *

*22:00h: Debate dos/as asistentes á xornada xunto con Cora Peña​, autora de “Tesouro de Corcoesto”.*

Acompañarán nos intermedios desta xornada o*Trio Folk do Val Miñor *formado por Jose casal (Flauta), Samuel Soto (Bouzouki) e Louis Vásquez Vargas (Flauta).

*Nota: *Ao longo desta xornada, o equipo de documentaciònde Galiza Imaxinaria, fará unha *relatoría dos debates, reflexións e propostas sobre monte, medioambiente e sustentabilidade*, que logo publicará en aberto na prensa e nas redes sociais, enviará por mail a quen deixe o contacto e tratará o máis posible de facer chegar o resultado este esforzo de intelixencia colectiva deste venres ás administracións públicas da Comunidade de Galiza.

Vémonos no NOSO AMBIENTE!!!!!!!!!!!!


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!