Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Almanaque - ECOAR))) | ECOAR)))
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

Almanaque

A túa contorna móvese! Aquí poderás atopar as accións, charlas, actos, mobilizacións e demais iniciativas que fan os colectivos que constrúen ao redor da Ría de Vigo (agrupacións, plataformas, asociacións, ONG,…)

Xuñ
3
Mar
Exposición sobre o MOC en Vigo [25 A nos de Insubmisión; 25 Anos Desobedecendo]
Xuñ 3 @ 12:00 – Xuñ 21 @ 18:00
Exposición sobre o MOC en Vigo [25 A nos de Insubmisión; 25 Anos Desobedecendo]  @ Vigo | Galicia | España

Exposición sobre o movementos de insubmisión en Vigo.

Xuñ
5
Xov
Proxección “Insumisión. 20 años desobedeciendo” [25 A nos de Insubmisión; 25 Anos Desobedecendo]
Xuñ 5 @ 18:30 – 20:30
Proxección "Insumisión. 20 años desobedeciendo" [25 A nos de Insubmisión; 25 Anos Desobedecendo] @ Vigo | Galicia | España

Proxección do documental realizado polo KEM-MOC de Bilbo

Xuñ
7
Sáb
25 Anos de Insubmisión na Galiza. [25 A nos de Insubmisión; 25 Anos Desobedecendo]
Xuñ 7 @ 18:30 – 20:30
25 Anos de Insubmisión na Galiza. [25 A nos de Insubmisión; 25 Anos Desobedecendo] @ Vigo | Galicia | España

Mesa redonda con insubmisxs galegxs.

Xuñ
14
Sáb
A Desobediencia Civil contr ao Estado e a Criminalización da Protesta [25 A nos de Insubmisión; 25 Anos Desobedecendo]
Xuñ 14 @ 18:30 – 20:30
A Desobediencia Civil contr ao Estado e a Criminalización da Protesta [25 A nos de Insubmisión; 25 Anos Desobedecendo] @ Vigo | Galicia | España

José Ángel Brandariz. Profesor de Dereito Penal da Universidade da Coruña e antigo membro do MOC.

Xuñ
21
Sáb
Estratexia de desobediencia actuais: okupación, desobediencia ao patriarcado e obxección fiscal.
Xuñ 21 @ 18:30 – 20:30
Estratexia de desobediencia actuais: okupación, desobediencia ao patriarcado e obxección fiscal. @ Vigo | Galicia | España

Con compañeiros/as do CSO Palavea, Rede Feminista Galega e Espazo Aberto Antimilitar.

Ago
1
Ven
Concerto de música folk Seisiún e Peregrino Gris @ A Casa Colorida
Ago 1 @ 22:00 – 23:45

Este venres día 1, ás 22:00, temos sesión de música folk!

Corre a cargo de dos grupos de Costa Rica, Seisiún e Peregrino Gris, que pronto rematarán a súa residencia de unhas 3 semanas na Casa Colorida, a cal foi campamento base na súa xira de concertos pola zona (bota unha ollada nas súas páxinas e flipa con canto rularon).

Nesta sesión festiva, como sempre a #prezo_libre, esperamos contar coa vosa asistencia e colaboración, para que entre todos fagamos que xiras como éstas e intercambios culturais internacionais sexan posibles e sostibles.

Dec
13
Sáb
Cea Popular a prol de A Cova Dos Ratos
Dec 13 @ 20:30 – 22:30
Cea Popular a prol de A Cova Dos Ratos @ Vigo | Galicia | Spain

O C.S.A “A Cova Dos Ratos” ten o pracer de vos convidar o sábado 13 de Decembro a partir das 20:30h a unha Cea Popular a prol do Centro Social. E que mellor xeito de facer Autoxestión, por e para todas e porque o centro continúe a súa andaina 16 anos máis, que con alegría, boa compaña e, como non, música do país. A guinda do pastel virá, por volta das 22h e dende o barrio histórico de San Paio de Fóra, da man de “Os Veretes”.
Xa sabedes.. que corra a voz! Agardámosvos a todas o sábado 13, e avanti coa festa!
A Cova Dos Ratos

Xan
24
Sáb
Estreo Documentario “CON PES DE CEMENTO”
Xan 24 @ 20:30 – 23:00
Estreo Documentario "CON PES DE CEMENTO" @ Nigrán | Galicia | España
Olá compañeiros e compañeiras: 

Chegou o día. Tras sete anos dende o comezo das entrevistas, o vindeiro sábado 24 de xaneiro estrearemos finalmente “Con Pés de Cemento”, que terá lugar na Casa Colorida, en Nigrán ( rosalía de castro 16, fronte ao parque da U ), ás 20:30.

Haberá birras artesanas, pinchitos, e por suposto, unha sesión aberta para charlar e compartir impresións suxeridas ou suxerentes, a finalizar á proxección.

CON PES DE CEMENTO (Documentario autoproducido)

Da a corrupción urbánistica á xestión forestal, este documentario recolle a voz das persoas que se organizan para defender outro modelo sociedade.
Guión, produción e realización a cargo de Porlanfit Produccións. 

Voz Narradora: Lucía Cid Cabido. Axudante de Animación: Pedro Rodriguez Luaces. Banda Sonora: GÜINTERVAN. Duración: 29’30”

Pregámosvos difusión…
Unha aperta.
Feb
19
Xov
Proxeccións “As Ghatas Salvaxes”: Mi Hija Hildegart
Feb 19 @ 20:30 – 23:00
Proxeccións "As Ghatas Salvaxes": Mi Hija Hildegart

As Ghatas Salvaxes [Ghrupo de Axitación Teatral, Ecoar ))) – Vigo] organizan xunto co C.S.A “A Cova Dos Ratos” e o Ateneo Ferrolán Hildegart, retrospectiva arredor da figura de Hildegart Rodriguez Carballeira. A actividade terá lugar no C.S.A “A Cova Dos Ratos” e contará cos seguintes eventos:

Exposición Permanente e Punto de venta de libros, do 12 de Febreiro ó 12 de Marzo
Proxeccións “As Ghatas Salvaxes” [Cine Forum], xoves 19 de Febreiro ás 20:30h Mi Hija Hildegart (1977, Fernando Fernán Gómez)
Conferencia Acto de clausura, a cargo de Jose Mnuel Pelaez [por confirmar] 

 

Feb
22
Dom
Obra Teatro e obradoiro crianzas_ domingo 22 á 13:00 na CASA COLORIDA
Feb 22 @ 13:00 – 14:00
Obra Teatro e obradoiro crianzas_ domingo 22 á 13:00 na CASA COLORIDA @ Nigrán | Galicia | España
Ola!
Este domingo 22 de Febreiro á 13:00 temos no espazo da Casa Colorida
unha Obra de Teatro da man do Coletivo Teatro Estepario
coa obra "Teddy Bear, ¿quien robó el osito? " no que alén da obra desenvolven un
mini-obradoiro interativo coas crianzas.

Por se é de interese, podedes mirar máis detalles do evento neste enlace
https://rede.imaxinaria.org/events/event/view/18090/teatro-estepario-teddy-bear-na-casa-colorida

Unha aperta coletiva!
Mar
13
Ven
I Xornada NOSO AMBIENTE para veciñanza no Val Miñor, dinamizada por Proxecto Montenoso​ e coa proxección do Tesouro de Corcoesto. Documental​ @ Auditorio (Salón de Usos Múltiples) de Nigrán
Mar 13 @ 18:00 – 23:00
I Xornada NOSO AMBIENTE para veciñanza no Val Miñor, dinamizada por Proxecto Montenoso​ e coa proxección do Tesouro de Corcoesto. Documental​ @ Auditorio (Salón de Usos Múltiples) de Nigrán | Nigrán | Galicia | España

*I Xornada NOSO AMBIENTE para veciñanza no Val Miñor, dinamizada por Proxecto Montenoso​ e coa proxección do Tesouro de Corcoesto. Documental​

Data: *Venres 13 de 18:00 a 23:00 horas no Auditorio (Salón de Usos Múltiples) de Nigrán.*

Co-organizan: Cooperativa Galiza Imaxinaria​ , C.M.V.M.C.Camos, C.M.V.M.C. Montes de Couso​ , Proxecto Montenoso, Laboratorio do Común Casa Colorida​, Alg-a Lab​ , e Truequelandia​.

Estas xornadas están orientadas a toda a veciñanza do #ValMiñor e arredores da comarca que estén preocupadas polo medioambiente e a súa sustentabilidade.
O fío conductor da xornada son as Comunidades de Montes, por seren as institucións que máis directamente xestionan e coidan os nosos montes, mais sobre todo estas xornadas son para que a cidadanía en xeral, se achegue ao coñecemento, disfrute, autorresponsabilidade, debate e pensamento colectivo sobre este Ben Común.

*18:00h: Breve presentación do Proxecto Montenoso e dinámica coletiva entre Comunidades de Montes*.

A Xornada comeza coa presentación do Proxecto Montenoso onde as persoas asistentes, e principalmente as pertencentes ás comunidades de montes que se acheguen a este evento, poderán participar nunha dinámica colectiva e roda de recoñecemento do propio modelo de organización en man común, a través dunha dinamización que nos facilitará Fran Quiroga​ , unha das persoas que coordinan este proxecto que visibiliza e dinamiza os montes veciñais e as comunidades que os xestionan, traballando pola (re)apropiación destes montes por parte dxs veciñxs que os habitan.

*19:30h: **Pausa/Café *

*20:00h: Proxeción Documental “Tesouro de Corcoesto”.*

Os promotores deste documental comenzaron facelo cando souberon dos plans de facer unha mina de ouro a ceo aberto con tratamento de cianuro en plena Costa da Morte, unha das técnicas mineiras máis agresivas das practicadas no mundo.
*Unha estratexia empresarial opaca, unha política entreguista, unha poboación deprimida económicamente e polarizada en torno a un si ou non á mina, a alarma ecoloxista e un activismo cidadán urxente e efectivo que conseguíu o que non se prevía: parar a mina. Todo isto inspirou a realización de Tesouro de
Corcoesto.*O documental pretende ser unha ferramenta para a reflexión e o debate perante un modelo de desenvolvemento que víu propoñer o actual goberno da Xunta de Galicia. Un modelo que ten o lema “Galicia é unha mina”, e do cal Corcoesto sería o primeiro e máis senlleiro exemplo.
*Tesouro de Corcoesto é unha longametraxe documental de produción independente, respaldado polo micromecenado de 180 persoas e asociacións.

*21:30H: Pausa/Café *

*22:00h: Debate dos/as asistentes á xornada xunto con Cora Peña​, autora de “Tesouro de Corcoesto”.*

Acompañarán nos intermedios desta xornada o*Trio Folk do Val Miñor *formado por Jose casal (Flauta), Samuel Soto (Bouzouki) e Louis Vásquez Vargas (Flauta).

*Nota: *Ao longo desta xornada, o equipo de documentaciònde Galiza Imaxinaria, fará unha *relatoría dos debates, reflexións e propostas sobre monte, medioambiente e sustentabilidade*, que logo publicará en aberto na prensa e nas redes sociais, enviará por mail a quen deixe o contacto e tratará o máis posible de facer chegar o resultado este esforzo de intelixencia colectiva deste venres ás administracións públicas da Comunidade de Galiza.

Vémonos no NOSO AMBIENTE!!!!!!!!!!!!


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!