Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Almanaque - ECOAR))) | ECOAR)))
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

Almanaque

A túa contorna móvese! Aquí poderás atopar as accións, charlas, actos, mobilizacións e demais iniciativas que fan os colectivos que constrúen ao redor da Ría de Vigo (agrupacións, plataformas, asociacións, ONG,…)

Nov
7
Ven
Recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica.
Nov 7 @ 10:00 – 13:00
Recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica. @ Vigo | Galicia | Spain

Tras unha pequena pausa a ODS-Coia, o G.A.S. e a parroquia “Cristo da Victoria” volvemos ás rúas para continuar coa recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica.

O venres 7 de novembro de 10:00 a 13:00 montaremos unha mesa de recollida de de sinaturas diante do ALCAMPO de COIA (r/Grove 1).

Asina esta iniciativa para esixir aos representantes políticos a implantación dunha Renda Básica a nivel estatal. A Renda Básica establece o dereito de toda persoa a recibir unha cantidade periódica que cubra as súas necesidades básicas. Constitúese como un dereito individual, universal e incondicional. A contía da Renda Básica será a equivalente ao limiar da pobreza, é dicir, de 645,33 €.

Agardamos polas vosas sinaturas!

Nov
11
Mar
Acto público de denuncia das discriminacións ás persoas migrantes no acceso á RISGA
Nov 11 @ 11:00 – 12:00
Acto público de denuncia das discriminacións ás persoas migrantes no acceso á RISGA @ Vigo | Galicia | Spain

O Foro Galego de Inmigración, xunto coa Oficina de Dereitos Sociais de Coia e máis o Grupo de Axitación Social (GAS), convocamos un acto público, con rolda de prensa previa o martes día 11 de novembro a partires das 11:00 diante da Delegación da Xunta de Galiza en Vigo(r/Concepción Areal 8) para denunciar a intolerable discriminación que sofren ás persoas migrantes comunitarias no acceso ás prestacións sociais da Xunta de Galiza.

O acto incluirá unha concentración de colectivos sociais aberta ao conxunto da cidadanía, e a lectura dun comunicado conxunto.

O Foro Galego de Inmigración e os colectivos vigueses que convocamos este acto e promovemos o comunicado que se lerá de forma pública no mesmo, levamos tempo denunciando as restricións e as vulneracións de dereitos ás que están sometidas as persoas migrantes, que van moito mais alá das actuacións que de cando en vez saltan á primeira plana dos medios de comunicación. No labirinto institucional e burocrático tamén atopamos múltiplas fronteiras e altas doses de racismo e xenofobia.

Como exemplo destas fronteiras interiores temos as restricións que se impoñen ás persoas migrantes á hora de acceder ás prestacións sociais -dereito que segue negado aquelas que carecen de documentación e se atopan en situación de máxima vulnerabilidade-, situación que non só non mudou coa aprobación da Lei de Inclusión Social de Galicia senón que estamos a identificar novos atrancos.

En concreto temos detectadas bastantes situacións en Vigo na que persoas migrantes comunitarias residentes na cidade, ás veces dende hai moito tempo e normalmente de nacionalidade portuguesa, non poden acceder a RISGA (Renda de Inserción Social de Galicia) coa xustificación de non seren considerado residentes, pola normativa que establece a Lexislación Europea e Española de Estranxeiría, cando en realidade son persoas que cumpren o requisito de tempo de empadroamento que establece a norma para poder acceder a estas prestacións.

Temos así por unha banda un elemento claramente discriminador na medida que o documento que xustifica o tempo de residencia na cidade é o certificado de empadroamento e nestes casos esíxelles, a maiores, a inscrición no Rexistro Central de Estranxeiros, Rexistro que non é obrigatorio para residir legalmente segundo establece a propia normativa de estranxeiría. E temos, por outra banda, unha fonda inxustiza xa que a inscrición nese Rexistro esixe a xustificación de ingresos suficientes para residir no territorio español. Así polo feito de non ter ingresos non poden acceder a ese Rexistro, e polo feito de non poder acceder a ese Rexistro non teñen dereito á prestación social específica para as persoas en situación de pobreza e exclusión social. Quedan así excluídas xusto as persoas migrantes que máis o precisan.

Concentrámonos o martes día 11 de novembro en Vigo, en definitiva para cuestionar unha lexislación que resulta contraria aos principios recollidos na propia Lei de Dereitos Sociais, e na Constitución do Estado, que recolle a obriga da administración e dos poderes públicos de garantir o benestar de todas as persoas, sen ningunha distinción. Por iso, denunciamos estes feitos e a trama de mecanismos institucionais que funcionan como fronteiras interiores ao promover a exclusión dunha parte da comunidade no aceso á dereitos fundamentais. Os dereitos sociais son un ben común e por iso mesmo reclamamos:

Ningunha persoa sen dereitos! Nin fronteiras exteriores, nin fronteiras burocráticas

Dec
5
Ven
“Axudas Sociais: información ao servizo dos nosos dereitos” @ Local Medicos do Mundo
Dec 5 @ 10:00 – 14:00
 "Axudas Sociais: información ao servizo dos nosos dereitos" @ Local Medicos do Mundo | Vigo | Galicia | Spain

Médicos do Mundo de Vigo co apoio da xente da ODS-Coia convidámosvos a participar no obradoiro titulado: “Axudas Sociais: información ao servizo dos nosos dereitos”.

Dito obradoiro celebrarase o Venres 5 de decembro a partires das 10h00 nos locais que Médicos do Mundo ten en Vigo (rúa Illas Baleares 15 baixo).

Esta actividade dirixida a todas aquelas persoas que sofren problemas para chegar a fin de mes, ante esta situación animamos a informarse sobre as axudas sociais, tanto autonómicas como municipais: RISGA, Axudas de Emerxencia…

Precisamos coñecer os nosos dereitos para os defender!

Xan
10
Sáb
ROLDA de PRENSA antes as MENTIRAS POLICIAIS no conflito da rotonda
Xan 10 @ 17:30 – 19:00
A Asemblea Aberta de Coia e a Parroquia do Cristo da Victoria convocamos de urxencia unha Rolda de prensa nos locais da parroquia do Cristo da Vitoria (r/Baiona 9 baixo – Coia) ás 17h30 para valorar as detencións de tres persoas vinculadas ao noso colectivo, dar conta do sucedido e denunciar o crecemento das dinámicas de represión inxustificada que estamos a padecer..

– O día 15 de decembro foi detido un rapaz do noso barrio por un presunto delito de atentado á autoridade, dándose a circunstancia de que nin sequera se atopaba no lugar dos feitos.

– O día 7 de Xaneiro outro compañeiro, Xurxo, foi acusado falsamente por feitos similares

– No día de hoxe consumouse unha terceira detención polos feitos do día 15. Novamente, ao noso compañeiro Diego impútanselle delitos de atentado e lesións. Estas acusacións carecen de todo fundamento.
 
Contra o que D. Abel Caballero está a dicir, esta Asemblea vén dende a súa constitución empregando únicamente medios pacíficos de presión e protesta. Esa é a nosa opción e nela nos mantemos.
Xan
16
Ven
MANIFESTACIÓN 16X: XUSTIZA SOCIAL. NIN CARTOS NA ROTONDA, NIN ESTADO POLICIAL!
Xan 16 @ 20:00 – 21:00
 MANIFESTACIÓN 16X: XUSTIZA SOCIAL. NIN CARTOS NA ROTONDA, NIN ESTADO POLICIAL! @ Vigo | Galicia | España
O VENRES 16 de xaneiro a Asemblea Aberta de Coia convoca unha MANIFESTACIÓN baixo o lema: XUSTIZA SOCIAL. NIN CARTOS NA ROTONDA, NIN ESTADO POLICIAL!

Como na anterior manifestación, celebrada o pasado 12 de decembro, sairemos desde a Praza de América ás 20:00 para chegar, logo de percorrer a avenida de Castelao, á rotonda de Coia onde remataremos cunha concentración e coa lectura dun comunicado.

Semella que o alcalde está disposto a empregar toda a forza que ten de man para a calar a resistencia veciñal en contra das obras de instalación do barco. Unhas obras que estiveron paradas até o luns, cando de noite e con forte presenza policial, entraron de novo as máquinas.

O que o seu goberno intentar silenciar é que a nosa loita camiña na procura da Xustiza Social desde a non violencia. Desde o comezo do conflito a represión foi en aumento, ao punto de termos a tres compañeiros imputados por mentiras policiais, termos a persoas violentadas nas actuacións policiais, termos sancións  por tocar a bucina…

O que lle doe é que estamos a desvelar publicamente o seu “malgoberno” e tamén o desastre dunhas políticas sociais, para a galería, que deixan a moitas persoas da cidade sen luz, sen vivenda, sen alimentos básicos… en definitiva: sen dereitos sociais.

Nesta loita non sobra ninguén!  Por iso animamos a tódas as persoas, colectivos, asociacións, entidades deportivas… que turren con nós para facer posible outra cidade, na que as persoas e as súas necesidades sexan o primeiro.

XUSTIZA SOCIAL. NIN CARTOS NA ROTONDA, NIN ESTADO POLICIAL!


 

Asemblea Aberta de Coia
nonarotonda@gmail.com  |  @AsembleaDeCoia  |  facebook.com/asembleaabertacoia
XUSTIZA SOCIAL. NIN CARTOS NA ROTONDA, NIN ESTADO POLICIAL!

 

OFICINA DEREITOS SOCIAIS – COIA (ODS-Coia)
odscoia.arkipelagos.net | odscoia@riseup.net |@odscoia | tel: 696 618 732 – 679 758 663
Estamos os luns de 17h00 a 19h00 en Coia, nos locais da parroquia do Cristo da Vitoria (rúa Baiona 9, Vigo)
Xan
24
Sáb
Estreo Documentario “CON PES DE CEMENTO”
Xan 24 @ 20:30 – 23:00
Estreo Documentario "CON PES DE CEMENTO" @ Nigrán | Galicia | España
Olá compañeiros e compañeiras: 

Chegou o día. Tras sete anos dende o comezo das entrevistas, o vindeiro sábado 24 de xaneiro estrearemos finalmente “Con Pés de Cemento”, que terá lugar na Casa Colorida, en Nigrán ( rosalía de castro 16, fronte ao parque da U ), ás 20:30.

Haberá birras artesanas, pinchitos, e por suposto, unha sesión aberta para charlar e compartir impresións suxeridas ou suxerentes, a finalizar á proxección.

CON PES DE CEMENTO (Documentario autoproducido)

Da a corrupción urbánistica á xestión forestal, este documentario recolle a voz das persoas que se organizan para defender outro modelo sociedade.
Guión, produción e realización a cargo de Porlanfit Produccións. 

Voz Narradora: Lucía Cid Cabido. Axudante de Animación: Pedro Rodriguez Luaces. Banda Sonora: GÜINTERVAN. Duración: 29’30”

Pregámosvos difusión…
Unha aperta.
Xan
29
Xov
Concentración no xulgado: O Concello reparte esmola, nós esiximos dereitos sociais!
Xan 29 @ 10:30 – 11:30
Concentración no xulgado: O Concello reparte esmola, nós esiximos dereitos sociais! @ Vigo | Galicia | España


O próximo xoves 29 de xaneiro, ás 10:45 celebrarase a vista no proceso iniciado por unha compañeira da ODS-Coia contra a denegación de dúas Axudas de Emerxencia Municipal por parte do Concello de Vigo. En apoio desta compañeira, a ODS-Coia, a parroquia “Cristo da Vitoria” e G.A.S. convocamos unha concentración de apoio nas portas dos propios xulgados (r/Lalín, Vigo) a partires das 10:30 baixo o lema: O Concello reparte esmola, nós esiximos dereitos sociais!

Nesta demanda contencioso-administrativa estanse a recorrer dúas resolucións da Concelleira de Benestar Social, Isaura Abelairas, nas que se fan patentes, por unha banda, a absoluta falla de motivación das resolucións denegatorias desta clase de prestacións e o grave incumprimento da tramitación legalmente esixida no procedemento administrativo; e por outra banda, a arbitrariedade na concesión das axudas, e a falla de resposta eficaz, en contía e tempo, por parte do Departamento de Benestar Social do Concello de Vigo.

Os motivos de oposición alegados no recurso son:

– Infracción das normas reguladoras do procedemento administrativo: falla de cumprimento dos trámites legalmente esixidos. Incumprimento da estimación por silencio administrativo.

– Falla de suficiente motivación da denegación das axudas.

– Incumprimento das bases reguladoras das Axudas de Emerxencia en canto a produción e contido, por infrinxir a finalidade, requisitos de acceso e contía máximas das axudas.

O caso desta compañeira, que o xoves colocaremos diante do xuíz do Xulgado do Contencioso nº 1 de Vigo, non é máis que un exemplo dos centos de persoas que cada día ven como non se respectan os seus dereitos como administrados, como cidadáns, e como o Concello de Vigo perpetúa unha política social na que a opacidade, a irregularidade e a miseria son a regra xeral.

Este xuízo é o primeiro dunha loita, que o 18 de febreiro continuará, xa que outra compañeira acode tamén aos xulgados na procura da protección. Unha protección que o departamento de Benestar Social négase a ofrecer, malia a publicidade dun alcalde que fala das mellores políticas sociais do mundo, mentres as persoas sufrimos nos servizos sociais os: “non hai cartos”, “tes que te arranxar coa RISGA”, “xa recibiches moitas axudas”…. dun departamento colapsado e xestionado de costas ás necesidades básicas da xente.

 

Coia, xaneiro 2015

ODS-Coia, Parroquia Cristo da Vitoria e Grupo Axitación Social (G.A.S.)

Feb
19
Xov
Concentración: Fronte á esmola das axudas do Concello, esiximos dereitos sociais!
Feb 19 @ 9:30 – 11:00

 

O vindeiro mércores 18 de febreiro, ás 10h00 celebrarase un novo xuízo contra o Departamento de Benestar Social do Concello de Vigo, iniciado por unha compañeira da ODS-Coia, en reclamación contra a resolución pola que se lle denega unha Axuda de Emerxencia Municipal (AEM) para débedas de subministración (luz e gas). En apoio desta compañeira, a ODS-Coia, a parroquia “Cristo da Vitoria” e G.A.S. convocamos unha concentración de apoio nas portas dos propios xulgados (r/Lalín, Vigo) a partires das 9:30 da mañá baixo o lema: Fronte á esmola das axudas do Concello, esiximos dereitos sociais!Trátase do segundo xuízo contra este departamento pola cuestión das AEM, o pasado 29 de xaneiro celebrouse a vista na que unha compañeira demandaba ao concello pola denegación de dúas AEM. Até o momento non foi comunicada unha sentenza que agardamos con esperanza.

A solicitude denegada foi presentada o 02/07/2014 e o 14/11/2014 ditouse resolución denegando a mesma por dous motivos:

1º. A solicitante cobra unha RISGA de 239,03 euros. Segundo o criterio do Departamento de Benestar Social, uns ingresos suficientes para afrontar os gastos ordinarios (entre eles a luz e o gas). Así se recolle literalmente: “vostede percibe una RISGA dende xullo deste ano e a partir de agora ten que asumir os gastos xerais e suministro da vivenda, xa que son gastos ordinarios”.

2º. Tamén se denega a axuda por terse superado a contía máxima que se concede por vivenda e ano para as débedas de subministración.

Dende a ODS-Coia apoiamos este recurso xa que:

1º. Non pode admitirse que a unha persoa con dous menores ao seu cargo, de 5 anos e dúas semanas de idade, que conta como únicos ingresos cunha RISGA de 239 euros (máis pensión de alimentos), se lle indique dende o Departamento de benestar Social que non ten dereito a percibir máis axuda económica, por considerarse suficiente dita contía mensual para afrontar as súas necesidades básicas, e as da súa familia.

Ademais, as bases reguladoras non establecen a percepción da RISGA como circunstancia que impida ou restrinxa o cobro dunha AEM.

2º. Non é certo que a compañeira superase a contía máxima anual para axudas de subministración, xa que a base 7ª das bases fixa ese máximo (para luz e gas) en 800 €, e a recorrente percibiu durante todo o ano 2014 para eses dous conceptos un total de 519,41 euros, tal e como consta nos expedientes administrativos aos que tivemos acceso.

3º. Finalmente, ao terse superado o tempo máximo de resolución deste tipo de axudas (3 meses) a solicitude tivo que ser estimada por silencio administrativo, xa que o prazo para resolver finalizou o 02/10/2014 e a resolución non se dita até o 14/11/2014, e se notifica o 04/12/2014.

Contacto coa prensa: Esther 679 758 663

Feb
22
Dom
Obra Teatro e obradoiro crianzas_ domingo 22 á 13:00 na CASA COLORIDA
Feb 22 @ 13:00 – 14:00
Obra Teatro e obradoiro crianzas_ domingo 22 á 13:00 na CASA COLORIDA @ Nigrán | Galicia | España
Ola!
Este domingo 22 de Febreiro á 13:00 temos no espazo da Casa Colorida
unha Obra de Teatro da man do Coletivo Teatro Estepario
coa obra "Teddy Bear, ¿quien robó el osito? " no que alén da obra desenvolven un
mini-obradoiro interativo coas crianzas.

Por se é de interese, podedes mirar máis detalles do evento neste enlace
https://rede.imaxinaria.org/events/event/view/18090/teatro-estepario-teddy-bear-na-casa-colorida

Unha aperta coletiva!
Mar
12
Xov
Contra a criminalización da protesta
Mar 12 @ 9:30 – 10:30
Contra a criminalización da protesta @ Vigo | Pontevedra | España

A ODS-Coia apoia a convocatoria de concentración da Asemblea Aberta de Coia que levará o lema: contra a criminalización da protesta. Basta de montaxes policiais! Será este xoves 12 de marzo ás 9:30, diante dos xulgados de Vigo.

O goberno de Caballero e a súa policía local seguen na procura de castigos “exemplarizantes” para acalar as protestas de Coia en contra do barco na rotonda.

Logo das mentiras que remataron na condena de Xurxo, agora van a por Diego (compañeiro da ODS-Coia) acusado dun delito de atentado. Dous axentes da policía local, supostamente lesionados nas protestas do 15/12/2014 na rotonda, están citados para prestar declaración, como denunciantes e prexudicados, o xoves 12 ás 10:00 e 10:30, respectivamente, no Xulgado de Instrución nº 4.

Estes axentes aínda están a tempo para deter esta maquinaria. Se teñen vontade de facelo é doado: contar na declaración do xoves a verdade que non contaron nos atestados, isto é, que non houbo ningún tipo de agresión cara eles, nin por parte de Diego, nin por parte de ningún outro membro da Asemblea Aberta de Coia.

As alí presentes sabemos que esa é a verdade, e por isto, convocamos unha concentración de apoio a Diego, e de rexeitamento á manipulación policial.

Acudide aos xulgados para dicir basta aos montaxes policiais, á represión.

Solidariedade coa loita veciñal, solidariedade con Diego!

Mar
13
Ven
I Xornada NOSO AMBIENTE para veciñanza no Val Miñor, dinamizada por Proxecto Montenoso​ e coa proxección do Tesouro de Corcoesto. Documental​ @ Auditorio (Salón de Usos Múltiples) de Nigrán
Mar 13 @ 18:00 – 23:00
I Xornada NOSO AMBIENTE para veciñanza no Val Miñor, dinamizada por Proxecto Montenoso​ e coa proxección do Tesouro de Corcoesto. Documental​ @ Auditorio (Salón de Usos Múltiples) de Nigrán | Nigrán | Galicia | España

*I Xornada NOSO AMBIENTE para veciñanza no Val Miñor, dinamizada por Proxecto Montenoso​ e coa proxección do Tesouro de Corcoesto. Documental​

Data: *Venres 13 de 18:00 a 23:00 horas no Auditorio (Salón de Usos Múltiples) de Nigrán.*

Co-organizan: Cooperativa Galiza Imaxinaria​ , C.M.V.M.C.Camos, C.M.V.M.C. Montes de Couso​ , Proxecto Montenoso, Laboratorio do Común Casa Colorida​, Alg-a Lab​ , e Truequelandia​.

Estas xornadas están orientadas a toda a veciñanza do #ValMiñor e arredores da comarca que estén preocupadas polo medioambiente e a súa sustentabilidade.
O fío conductor da xornada son as Comunidades de Montes, por seren as institucións que máis directamente xestionan e coidan os nosos montes, mais sobre todo estas xornadas son para que a cidadanía en xeral, se achegue ao coñecemento, disfrute, autorresponsabilidade, debate e pensamento colectivo sobre este Ben Común.

*18:00h: Breve presentación do Proxecto Montenoso e dinámica coletiva entre Comunidades de Montes*.

A Xornada comeza coa presentación do Proxecto Montenoso onde as persoas asistentes, e principalmente as pertencentes ás comunidades de montes que se acheguen a este evento, poderán participar nunha dinámica colectiva e roda de recoñecemento do propio modelo de organización en man común, a través dunha dinamización que nos facilitará Fran Quiroga​ , unha das persoas que coordinan este proxecto que visibiliza e dinamiza os montes veciñais e as comunidades que os xestionan, traballando pola (re)apropiación destes montes por parte dxs veciñxs que os habitan.

*19:30h: **Pausa/Café *

*20:00h: Proxeción Documental “Tesouro de Corcoesto”.*

Os promotores deste documental comenzaron facelo cando souberon dos plans de facer unha mina de ouro a ceo aberto con tratamento de cianuro en plena Costa da Morte, unha das técnicas mineiras máis agresivas das practicadas no mundo.
*Unha estratexia empresarial opaca, unha política entreguista, unha poboación deprimida económicamente e polarizada en torno a un si ou non á mina, a alarma ecoloxista e un activismo cidadán urxente e efectivo que conseguíu o que non se prevía: parar a mina. Todo isto inspirou a realización de Tesouro de
Corcoesto.*O documental pretende ser unha ferramenta para a reflexión e o debate perante un modelo de desenvolvemento que víu propoñer o actual goberno da Xunta de Galicia. Un modelo que ten o lema “Galicia é unha mina”, e do cal Corcoesto sería o primeiro e máis senlleiro exemplo.
*Tesouro de Corcoesto é unha longametraxe documental de produción independente, respaldado polo micromecenado de 180 persoas e asociacións.

*21:30H: Pausa/Café *

*22:00h: Debate dos/as asistentes á xornada xunto con Cora Peña​, autora de “Tesouro de Corcoesto”.*

Acompañarán nos intermedios desta xornada o*Trio Folk do Val Miñor *formado por Jose casal (Flauta), Samuel Soto (Bouzouki) e Louis Vásquez Vargas (Flauta).

*Nota: *Ao longo desta xornada, o equipo de documentaciònde Galiza Imaxinaria, fará unha *relatoría dos debates, reflexións e propostas sobre monte, medioambiente e sustentabilidade*, que logo publicará en aberto na prensa e nas redes sociais, enviará por mail a quen deixe o contacto e tratará o máis posible de facer chegar o resultado este esforzo de intelixencia colectiva deste venres ás administracións públicas da Comunidade de Galiza.

Vémonos no NOSO AMBIENTE!!!!!!!!!!!!

Mar
18
Mér
Mar 18 @ 9:30 – 11:30
 @ Vigo | Pontevedra | España

Difundide en apoio ao noso compañeiro da ODS-Coia!

Tras as mentiras dos axentes da policía local, que están a empregar a presunción de veracidade que se lles supón en contra da veciñanza, este mércores o noso compañeiro Diego acode aos xulgados para explicar o acontecido o 15/12 na rotonda de Coia.

Non estará só xa que a Asemblea Aberta de Coia convoca unha CONCENTRACIÓN diante do edificio novo dos xulgados baixo o lema:Solidariedade coa loita polos dereitos sociais, solidariedade con Diego! Será este mércores 18 de marzo a partires das 9:30.

Condenaron a Xurxo con mentiras, e agora queren facer o mesmo con Diego. A violencia, o medo e as súas mentiras non conseguirán acalar unha protesta chea de razóns: non se poden tirar os cartos nunha rotonda, cando unha maioría sofre gravísimos problemas para cubrir as necesidades básicas.

Axentes da policía local acusan a este traballador social dun delito de atentado por unha agresión inexistente. Non sabemos que move a estes axentes a manter unha versión que nada ten que ver co acontecido nesa data, pero non estamos dispostas a soportar esta vulneración de dereitos que castiga e reprime ás que defenden os dereitos da comunidade fronte aos intereses dunha minoría.

O goberno de Caballero non ten razóns para defender esta obra “faraónica” e pensa que pola forza poderá impor a desfeita que supón chantar un barco na rotonda dun dos barrios máis castigados polo empobrecemento.

Xuntas volveremos a berrar: Xustiza social. Nin cartos na rotonda nin estado policial!


Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!