A túa contorna móvese! Aquí poderás atopar as accións, charlas, actos, mobilizacións e demais iniciativas que fan os colectivos que constrúen ao redor da Ría de Vigo (agrupacións, plataformas, asociacións, ONG,…)

“Cea Tortillera” (despois da acción da rúa, ás 22:00h, local Nós Mesmas) Vamos celebrar xuntas o noso día, que esperemos que algún día non faga falla que exista, pero mentres tanto ademáis de reivindicar nosos dereitos vamos comer unha boa tortilla-da entre outras cousas e ir de festiña (8€ socias, 10€ non socias, bebida e postre incluídos). Necesario anotarse con antelación ata o xoves 24 por correo ou facebook (Aso Nosmesmas).

- Acción de rúa “Rachando armarios: visibilizaremos que nos invisibiliza!” e porque un día da visibilidade lésbica? e porque teño que ensinarlle a ninguén como vivo a miña vida? e porque sair do armario se para min aquí todo está ben??? ser VISIBLE, rachar cos armarios e celebrar días como este é unha forma máis de exisir que non nos INVISIBILICEN, porque podemos vivir a nosa vida coma nos peta, pero e que pasa cando queremos facer cumprir os nosos dereitos? onde están estes??? reproducción asistida, adopción e filiación de fillxs, protección ante actos lesbofóbicos, atención de calidade na sanidade…son dereitos que perdemos cada vez que non nos miran e non nos facemos mirar, porque non é máis cego o que non ve que o que non quere ver, e isto pasalle aos nosos gobernos, médicxs, maestrxs…EXISTIMOS e teñen que ternos en conta!
- O sábado faite un selfie saíndo do noso armario ou onde te atopes! soa ou acompañada, VISIBILIZATE! e logo comparteo por redes co hastag #enVigosonVisible na nosa conta @Nosmesmas ou no muro do noso facebook. Mostremos un Vigo Visible!!!

MARTES 24
19h Lectura aberta monique Wittig
Amenizada polo Bloquinho Aperta
INSCRIBETE POR MAIL: nosmesmas@felgtb.org (asunto “Encontro”)



Boas compas,

As Ghatas Salvaxes [Ghrupo de Axitación Teatral, Ecoar ))) – Vigo] organizan xunto co C.S.A “A Cova Dos Ratos” e o Ateneo Ferrolán Hildegart, retrospectiva arredor da figura de Hildegart Rodriguez Carballeira. A actividade terá lugar no C.S.A “A Cova Dos Ratos” e contará cos seguintes eventos:
