Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Almanaque - ECOAR))) | ECOAR)))
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

Almanaque

A túa contorna móvese! Aquí poderás atopar as accións, charlas, actos, mobilizacións e demais iniciativas que fan os colectivos que constrúen ao redor da Ría de Vigo (agrupacións, plataformas, asociacións, ONG,…)

Nov
13
Xov
Xornadas Teatro dx Opromidx / Teatro Foro
Nov 13 @ 20:15 – Nov 16 @ 20:00
Xornadas Teatro dx Opromidx / Teatro Foro @ Vigo | Galicia | Spain
“As Ghatas Salvaxes” continuamos coa axitación teatral, por iso, convidámosvos a participar nas Xornadas de Teatro dx Oprimidx / Teatro Foro que terán lugar do 13 ó 16 de Novembro. Información ampliada nos documentos adxuntos.
 
Exposición-debate Aberta e Obradoiro a cargo de Nuria Pahino, activista galega, feminista e ecoloxista social. Comeza a súa formación na técnica do Teatro dxs Oprimidxs no 2009, participando en diversos obradoiros con Sandra Silvestre, Julian Boal e Olivar Bendelak. Complementa a súa experiencia coa danza, danza-terapia e clown. Nos últimos anos ten facilitado obradoros na Galiza e en Portugal para organizacións de mulleres, centros sociais e outros grupos. A compañeira, levaranos por un camiño de reflexión interna e externa cara as nosas realidades e a nosa capacidade para transformalas.
Un saúdo,
“As Ghatas Salvaxes” [Ghrupo de Axitación Teatral – Ecoar, Vigo]
Nov
21
Ven
AS MARCHAS DA DIGNIDADE EN VIGO CONVOCAN ACTO PUBLICO, ABERTO, NO CENTRO CIVICO DE TÉIS.
Nov 21 @ 20:00 – 22:00
AS MARCHAS DA DIGNIDADE EN VIGO CONVOCAN ACTO PUBLICO, ABERTO, NO CENTRO CIVICO DE TÉIS. @ Vigo | Galicia | Spain

Co gallo de informar sobre a movilización  do 29 de novembro, que ten por obxectivo encher de dignidade a Praza do Obradoiro en Compostela, e das tarefas  que as MARCHAS DA DIGNIDADE están levando a cabo na nosa cidade,  a nivel nacional, e tamén a nivel estatal,convocase a toda a veciñanza a participar nun acto público, aberto,  que terá lugar o vindeiro venres, 21 de novembro, ás 20:00 horas NO CENTRO CÍVICO DE TEIS,  (Maceiras s/n).

Nov
29
Sáb
MARCHAS DA DIGNIDADE 29N EU VOU!
Nov 29 @ 12:00 – 13:00
MARCHAS DA DIGNIDADE 29N EU VOU! @ Santiago de Compostela | Galicia | Spain
CAMIÑANDO CARA O 29N 

As Marchas da Dignidade nacen da confluencia de colectivos sociais, asociacións, plataformas de persoas afectadas, organizacións políticas, grupos veciñais, intelectuais, artistas e persoas a título individual que entendemos que tan só desde a unidade podemos dar resposta á situación de emerxencia social na que nos atopamos. Unha emerxencia social que vén debido ás sangrantes cifras de paro, a reforma laboral e os recortes sociais que son as ferramentas utilizadas polos poderes económicos para seguir mantendo e aumentando as súas cotas de beneficios, mentres abócasenos ao pobo a unha situación cada vez máis preto da pobreza. 

PAN 
Son máis de 460.000 as persoas que viven por debaixo do límite da pobreza na Galiza, e a pobreza infantil sitúase en niveis superiores ao 22%. Coa supresión de diversos comedores escolares, quedou en evidencia a extrema dificultade que teñen moitas familias en situación de pobreza severa para alimentar os e as súas fillas. Ademais, ONGs afirman que nos últimos 5 anos aumentaron a case 4 veces máis as solicitudes de atención. 

TRABALLO 
Ter mans para traballar, ter unha carreira terminada, dispor da túa capacidade tanto manual como intelectual e non encontrar un emprego digno é humillante. Cun paro masivo do 22,3% na Galiza (chegando ao 48,4% entre a mocidade) a patronal aproveitase deste drama para baixar os soldos e as condicións laborais das persoas que aínda teñen emprego, polo que atopámonos nunha situación na que ter un emprego xa non é tan sequera garantía de saír da pobreza. 

TEITO 
Neste último ano os desafiuzamentos subiron na Galiza, especialmente na zona de Pontevedra con 282 familias que foron expulsadas das súas casas, por non teren a capacidade de facer fronte á súa hipoteca. Non hai nada máis inhumano que desaloxar a unha familia do seu fogar, só para alimentar a voracidade insaciable duns banqueiros sen escrúpulos. 

Aproveitan a crise para recortar en dereitos (saúde, educación, dependencia, transportes públicos, enerxía, servizos sociais…). Estas políticas de recortes están causando sufrimento, pobreza e incluso mortes e todo para que a banca e os poderes económicos sigan tendo beneficios. Todo a custa das nosas vidas. 

Por iso, desde a Marcha da Dignidade  chamamos a tomar o Obradoiro en Compostela o 29/11. Necesitamos unha mobilización unitaria e masiva contra o pago da débeda, polo emprego digno, polos dereitos sociais, polas liberdades democráticas, contras os recortes, a represión e a corrupción, pola renda básica, por unha sociedade de mulleres e homes libres; unha mobilización contra un réxime e uns gobernos que nos agriden e non nos representan. Unha mobilización camiño á conquista das nosas vidas. 

PAN, TRABALLO E TEITO!

 

Xan
15
Xov
Proxeccións “As Ghatas Salvaxes”
Xan 15 @ 20:30 – 23:00
Proxeccións "As Ghatas Salvaxes" @ Vigo | Galicia | España
As Ghatas Salvaxes” [Ghrupo de Axitación Teatral, Ecoar ))) – Vigo] arrincan este ano 2015 cun Ciclo de Cine/docu-charlas de moi diversas temáticas de interese socio-cultural. As proxeccións serán todos os 3º xoves de cada mes, por volta das 20:30h, dentro do Ciclo de Cine Temático que, mes a mes, organiza o C.S.A “A Cova Dos Ratos” (r/ Romil nº 3, baixo).
Por este motivo, convidámosvos a todas a asistir e participar desta primeira proxección que terá lugar o vindeiro xoves 15 de Xaneiro baixo o título La Educación Prohibida (Arxentina, 2012), película documental de financiamento colectivo dirixida por German Doin que cuestiona as lóxicas da escolarización moderna e a forma de entender a educación, facendo visibles experiencias educativas non convencionais (Educación Popular, Waldorf, Montessori, Cossettini, Educación Libertaria, Homeshooling, entre outras) que suscitan a necesidade dun novo paradigma educativo. O proxecto créase co interese de alimentar o debate social de cara á reflexión sobre as bases que sosteñen a escola, promovendo o desenvolvemento dunha educación integral centrada no amor, o respecto, a liberdade e a aprendizaxe.
Agardámosvos a todas pra coñecer e reflexionar colectivamente.
Xan
16
Ven
Asemblea Estatal das Marchas da Dignidade en Cangas.
Xan 16 @ 10:00 – 20:30
Asemblea Estatal das Marchas da Dignidade en Cangas. @ Cangas | Pontevedra | España

Como xa anunciaramos, a Asemblea de coordinación a nivel estatal das MMdD reunirase en Cangas do Morrazo, o día 17 de xaneiro, sábado, para preparar a axenda de mobilizacións que está deseñada para o ano 2015. Esta asamblea, que por primeira vez se celebra en Galiza, vai  ter lugar, en sesións de mañá e tarde, no salón de plenos do Concello de Cangas, tendo restrinxida a súa asistencia @s representantes das organizacións e territorios.

Previsiblemente o día anterior, o venres día 16, se celebre un acto público coa intervención de portavoces das distintas nacións do estado.

Esta prevista a asistencia de máis de sesenta representantes das distintas organizacións e territorios de todo estado español que compoñen este movemento.

Feb
19
Xov
Proxeccións “As Ghatas Salvaxes”: Mi Hija Hildegart
Feb 19 @ 20:30 – 23:00
Proxeccións "As Ghatas Salvaxes": Mi Hija Hildegart

As Ghatas Salvaxes [Ghrupo de Axitación Teatral, Ecoar ))) – Vigo] organizan xunto co C.S.A “A Cova Dos Ratos” e o Ateneo Ferrolán Hildegart, retrospectiva arredor da figura de Hildegart Rodriguez Carballeira. A actividade terá lugar no C.S.A “A Cova Dos Ratos” e contará cos seguintes eventos:

Exposición Permanente e Punto de venta de libros, do 12 de Febreiro ó 12 de Marzo
Proxeccións “As Ghatas Salvaxes” [Cine Forum], xoves 19 de Febreiro ás 20:30h Mi Hija Hildegart (1977, Fernando Fernán Gómez)
Conferencia Acto de clausura, a cargo de Jose Mnuel Pelaez [por confirmar] 

 

Mar
19
Xov
Proxeccións “As Ghatas Salvaxes”- Women Art Revolution: a formerly Secret History
Mar 19 @ 20:30 – 22:00
Proxeccións "As Ghatas Salvaxes"- Women Art Revolution: a formerly Secret History @ Vigo | Galicia | España
O xoves 19 de Marzo ás 20:30h no C.S.A “A Cova Dos Ratos” arrinca a 3ª das Proxeccións “As Ghatas Salvaxes” desta volta con Women Art Revolution: a formerly Secret History, filme documental que percorre a evolución do movemento artístico feminista nado nos EE.UU no transcurso da década dos 60′. A súa directora, Lynn Hershman Leeson, partícipe activa deste movemento, a través de entrevistas íntimas, obras de arte provocadoras e fragmentos de video raramente vistos ate o momento, conéctanos directamente co que moitas historiadoras consideran o movemento artístico máis significativo de finais do século XX. Women Art Revolution presentouse en Xaneiro de 2011 Festival de Cine de Sundance, baixo a sección New Frontier, e forma parte dun proxecto de transmedia que inclúe unha instalación e a creación dunha páxina web [http://www.womenartrevolution.com/]
Xa saben.. están todas convidadas a coñecer e debater colectivamente sobre a arte en clave feminista!

Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!