Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas
Almanaque - ECOAR))) | ECOAR)))
Páxina pechada. Lanzamento: 22/03/2013. Peche: 20/04/2017.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

Almanaque

A túa contorna móvese! Aquí poderás atopar as accións, charlas, actos, mobilizacións e demais iniciativas que fan os colectivos que constrúen ao redor da Ría de Vigo (agrupacións, plataformas, asociacións, ONG,…)

Xuñ
14
Sáb
Asemblea da PAH
Xuñ 14 @ 15:30 – 17:30
Asemblea da PAH @ Vigo | Galicia | España

As Asembleas da PAH serven ao colectivo de afectados, dá ferramenta de empoderamento e permiten dar a coñecer á cidadanía as consecuencias lei hipotecaria e a dor que esta provoca por boca da vítimas

A @PAHvigoTuiBaixoMiño ,Pah Pontevedra e PAH Redondela Conseguimos cada vez máis daciones en pago. Pero en moitas ocasións a cambio de que a familia abandone o piso. Cada vez chégannos máis persoas con problemas de aluguer e necesidade de realoxo ou aluger social. Non hai que esquecer que o movemento reivindica o dereito a unha vivenda. O tempo que miles de vivendas deshabitadas e baleiras están en mans dos Bancos ,moitas delas proveñen dos embargos e desahucios .

Ou na vez mais convocamos esta ASEMBLEA DÁ PAH ou Sabado dia 14 as 5,30 na Parroquia C da Victoria en Coia (Vigo)

Para
1) visibilizar os desahucios e ás victimas
2) Para denunciar o uso antisocial de vivendas baleiras rescatadas co noso diñeiro.
3) e Servir de empoderamiento dos afectados

Acode ,non faltes porque #XuntosPodemos

Nov
13
Xov
Xornadas Teatro dx Opromidx / Teatro Foro
Nov 13 @ 20:15 – Nov 16 @ 20:00
Xornadas Teatro dx Opromidx / Teatro Foro @ Vigo | Galicia | Spain
“As Ghatas Salvaxes” continuamos coa axitación teatral, por iso, convidámosvos a participar nas Xornadas de Teatro dx Oprimidx / Teatro Foro que terán lugar do 13 ó 16 de Novembro. Información ampliada nos documentos adxuntos.
 
Exposición-debate Aberta e Obradoiro a cargo de Nuria Pahino, activista galega, feminista e ecoloxista social. Comeza a súa formación na técnica do Teatro dxs Oprimidxs no 2009, participando en diversos obradoiros con Sandra Silvestre, Julian Boal e Olivar Bendelak. Complementa a súa experiencia coa danza, danza-terapia e clown. Nos últimos anos ten facilitado obradoros na Galiza e en Portugal para organizacións de mulleres, centros sociais e outros grupos. A compañeira, levaranos por un camiño de reflexión interna e externa cara as nosas realidades e a nosa capacidade para transformalas.
Un saúdo,
“As Ghatas Salvaxes” [Ghrupo de Axitación Teatral – Ecoar, Vigo]
Dec
13
Sáb
Asemblea PAH
Dec 13 @ 17:30 – 19:30
Asemblea PAH @ Vigo | Galicia | España

Os datos do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) sobre ejecuciones hipotecarias e desahucios do primeiro trimestre de 2014 supoñen unha nova evidencia da situación de urxencia habitacional que estamos sufrindo e da inutilidade das medidas aprobadas polo PP para resolver esta situación.

As case 550.000 ejecuciones hipotecaria iniciadas desde 2007 ata hoxe son o reflexo dunha lei hipotecaria inxusta e caduca que sobreprotege ás entidades financeiras as cal, coa connivencia dos sucesivos gobernos que permite que estas sigan mantendo os seus privilexios a costa de empobrecer á cidadanía.

Nos tres primeiros meses de 2014 iniciáronse 24.226 ejecuciones hipotecarias, isto supón case 3.000 ejecuciones hipotecarias máis que no mesmo período do 2013.

18.492 desahucios no primeiro trimestre de 2014,

Frente a esto levantamos diferente mov Sociales onde a PAH foi quen de recoller a nivel do todo o estado a indignacion ,convertir o medo en un grito de SiSePode !!

Que tomen boa nota. comezou un ciclo electoral que culminará nas eleccións xerais de 2015 e calquera partido que aspire a gobernar vai ter que demostrar si está coa xente e polo dereito á vivenda ou cos bancos e o seu negocio. sobre todo demostrar quen está con a xente e quen non o está e mesmo esta en contra

Este Sabado temos ASEMBLEA as 5,30 na Parroquia do Cristo en COIA Comtamos con vos para difundir o acto Vos o pedimos por favor Axudarnos Axudar a xente Si a xente mírase apoiada mais audaces seran en sua disposicion de loita

AXUDA

COMPROMISO MILITANTE

NON FALTEDES

Xan
15
Xov
Proxeccións “As Ghatas Salvaxes”
Xan 15 @ 20:30 – 23:00
Proxeccións "As Ghatas Salvaxes" @ Vigo | Galicia | España
As Ghatas Salvaxes” [Ghrupo de Axitación Teatral, Ecoar ))) – Vigo] arrincan este ano 2015 cun Ciclo de Cine/docu-charlas de moi diversas temáticas de interese socio-cultural. As proxeccións serán todos os 3º xoves de cada mes, por volta das 20:30h, dentro do Ciclo de Cine Temático que, mes a mes, organiza o C.S.A “A Cova Dos Ratos” (r/ Romil nº 3, baixo).
Por este motivo, convidámosvos a todas a asistir e participar desta primeira proxección que terá lugar o vindeiro xoves 15 de Xaneiro baixo o título La Educación Prohibida (Arxentina, 2012), película documental de financiamento colectivo dirixida por German Doin que cuestiona as lóxicas da escolarización moderna e a forma de entender a educación, facendo visibles experiencias educativas non convencionais (Educación Popular, Waldorf, Montessori, Cossettini, Educación Libertaria, Homeshooling, entre outras) que suscitan a necesidade dun novo paradigma educativo. O proxecto créase co interese de alimentar o debate social de cara á reflexión sobre as bases que sosteñen a escola, promovendo o desenvolvemento dunha educación integral centrada no amor, o respecto, a liberdade e a aprendizaxe.
Agardámosvos a todas pra coñecer e reflexionar colectivamente.
Feb
19
Xov
Proxeccións “As Ghatas Salvaxes”: Mi Hija Hildegart
Feb 19 @ 20:30 – 23:00
Proxeccións "As Ghatas Salvaxes": Mi Hija Hildegart

As Ghatas Salvaxes [Ghrupo de Axitación Teatral, Ecoar ))) – Vigo] organizan xunto co C.S.A “A Cova Dos Ratos” e o Ateneo Ferrolán Hildegart, retrospectiva arredor da figura de Hildegart Rodriguez Carballeira. A actividade terá lugar no C.S.A “A Cova Dos Ratos” e contará cos seguintes eventos:

Exposición Permanente e Punto de venta de libros, do 12 de Febreiro ó 12 de Marzo
Proxeccións “As Ghatas Salvaxes” [Cine Forum], xoves 19 de Febreiro ás 20:30h Mi Hija Hildegart (1977, Fernando Fernán Gómez)
Conferencia Acto de clausura, a cargo de Jose Mnuel Pelaez [por confirmar] 

 

Mar
19
Xov
Proxeccións “As Ghatas Salvaxes”- Women Art Revolution: a formerly Secret History
Mar 19 @ 20:30 – 22:00
Proxeccións "As Ghatas Salvaxes"- Women Art Revolution: a formerly Secret History @ Vigo | Galicia | España
O xoves 19 de Marzo ás 20:30h no C.S.A “A Cova Dos Ratos” arrinca a 3ª das Proxeccións “As Ghatas Salvaxes” desta volta con Women Art Revolution: a formerly Secret History, filme documental que percorre a evolución do movemento artístico feminista nado nos EE.UU no transcurso da década dos 60′. A súa directora, Lynn Hershman Leeson, partícipe activa deste movemento, a través de entrevistas íntimas, obras de arte provocadoras e fragmentos de video raramente vistos ate o momento, conéctanos directamente co que moitas historiadoras consideran o movemento artístico máis significativo de finais do século XX. Women Art Revolution presentouse en Xaneiro de 2011 Festival de Cine de Sundance, baixo a sección New Frontier, e forma parte dun proxecto de transmedia que inclúe unha instalación e a creación dunha páxina web [http://www.womenartrevolution.com/]
Xa saben.. están todas convidadas a coñecer e debater colectivamente sobre a arte en clave feminista!

Hit Counter provided by Skylight
Do NOT follow this link or you will be banned from the site!