A túa contorna móvese! Aquí poderás atopar as accións, charlas, actos, mobilizacións e demais iniciativas que fan os colectivos que constrúen ao redor da Ría de Vigo (agrupacións, plataformas, asociacións, ONG,…)
Xul
12
Sáb
No CSOA A Quinta da Carmiña, 1º e 2º prato a un custe de 3€ (menú vegano).
Nov
8
Sáb
Como cada segundo sábado de mes, o vindeiro 8 de novembro teremos xantar popular en apoio á campaña Recuperar os Barrios, para a defensa do Barrio do Cura.
A partir das 14:00h, menú vegano por 3€!
Máis info en: https://recuperarosbarrios.ecoarglobal.org
Nov
13
Xov
“As Ghatas Salvaxes” continuamos coa axitación teatral, por iso, convidámosvos a participar nas Xornadas de Teatro dx Oprimidx / Teatro Foro que terán lugar do 13 ó 16 de Novembro. Información ampliada nos documentos adxuntos.
Exposición-debate Aberta e Obradoiro a cargo de Nuria Pahino, activista galega, feminista e ecoloxista social. Comeza a súa formación na técnica do Teatro dxs Oprimidxs no 2009, participando en diversos obradoiros con Sandra Silvestre, Julian Boal e Olivar Bendelak. Complementa a súa experiencia coa danza, danza-terapia e clown. Nos últimos anos ten facilitado obradoros na Galiza e en Portugal para organizacións de mulleres, centros sociais e outros grupos. A compañeira, levaranos por un camiño de reflexión interna e externa cara as nosas realidades e a nosa capacidade para transformalas.
Un saúdo,
“As Ghatas Salvaxes” [Ghrupo de Axitación Teatral – Ecoar, Vigo]
Xan
10
Sáb
O grupo de Acción de ECOAR))) anímavos a achegarvos o sábado 10 a un xantar ás 14h na Quinta Carmiña!!
1º+2º+Postre por só 3euros!!!
Apertas!!!!
Xan
15
Xov
As Ghatas Salvaxes” [Ghrupo de Axitación Teatral, Ecoar ))) – Vigo] arrincan este ano 2015 cun Ciclo de Cine/docu-charlas de moi diversas temáticas de interese socio-cultural. As proxeccións serán todos os 3º xoves de cada mes, por volta das 20:30h, dentro do Ciclo de Cine Temático que, mes a mes, organiza o C.S.A “A Cova Dos Ratos” (r/ Romil nº 3, baixo).
Por este motivo, convidámosvos a todas a asistir e participar desta primeira proxección que terá lugar o vindeiro xoves 15 de Xaneiro baixo o título La Educación Prohibida (Arxentina, 2012), película documental de financiamento colectivo dirixida por German Doin que cuestiona as lóxicas da escolarización moderna e a forma de entender a educación, facendo visibles experiencias educativas non convencionais (Educación Popular, Waldorf, Montessori, Cossettini, Educación Libertaria, Homeshooling, entre outras) que suscitan a necesidade dun novo paradigma educativo. O proxecto créase co interese de alimentar o debate social de cara á reflexión sobre as bases que sosteñen a escola, promovendo o desenvolvemento dunha educación integral centrada no amor, o respecto, a liberdade e a aprendizaxe.
Agardámosvos a todas pra coñecer e reflexionar colectivamente.
Feb
19
Xov
As Ghatas Salvaxes [Ghrupo de Axitación Teatral, Ecoar ))) – Vigo] organizan xunto co C.S.A “A Cova Dos Ratos” e o Ateneo Ferrolán Hildegart, retrospectiva arredor da figura de Hildegart Rodriguez Carballeira. A actividade terá lugar no C.S.A “A Cova Dos Ratos” e contará cos seguintes eventos:
Exposición Permanente e Punto de venta de libros, do 12 de Febreiro ó 12 de Marzo
Proxeccións “As Ghatas Salvaxes” [Cine Forum], xoves 19 de Febreiro ás 20:30h Mi Hija Hildegart (1977, Fernando Fernán Gómez)
Conferencia Acto de clausura, a cargo de Jose Mnuel Pelaez [por confirmar]
Mar
19
Xov
O xoves 19 de Marzo ás 20:30h no C.S.A “A Cova Dos Ratos” arrinca a 3ª das Proxeccións “As Ghatas Salvaxes” desta volta con
Women Art Revolution: a formerly Secret History, filme documental que percorre a evolución do movemento artístico feminista nado nos EE.UU no transcurso da década dos 60′. A súa directora, Lynn Hershman Leeson, partícipe activa deste movemento, a través de entrevistas íntimas, obras de arte provocadoras e fragmentos de video raramente vistos ate o momento, conéctanos directamente co que moitas historiadoras consideran o movemento artístico máis significativo de finais do século XX.
Women Art Revolution presentouse en Xaneiro de 2011 Festival de Cine de Sundance, baixo a sección New Frontier, e forma parte dun proxecto de transmedia que inclúe unha instalación e a creación dunha páxina web [
http://www.womenartrevolution.com/]
Xa saben.. están todas convidadas a coñecer e debater colectivamente sobre a arte en clave feminista!
Subscribe to filtered calendar